Técnico Superior de Archivos, Ayuntamiento de Vigo (Pontevedra)
- Fecha de publicación: 19-07-2010
- Titulación requerida: Doctor, Licenciado, Ingeniero Superior
- Plazo de presentación de solicitudes: pendiente de publicación
- PDF de la convocatoria BOP nº 136 19-07-2010
- Foro de la convocatoria
TÉCNICO SUPERIOR DE ARQUIVOS BOP nº 136 19-07-2010
I.—Número de prazas
1
II.—Características
III.—Sistema de selección
Establécese o de oposición libre.
IV.—Condicion dos aspirantes
Ademais das que figuran na Base 4ª das xerais,
as/os aspirantes deberán estar en posesión do título
de licenciado/a en Documentación, licenciado/a en
Xeografía e Historia ou licenciado/a en Historia.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma
prevista na Base 4ª das xerais.
V.—Exercicios da oposición
Constará de dous exercicios; un teórico e un
práctico, ademais dunha proba de coñecemento do
idioma galego.
Primeiro exercicio.—Teórico. De carácter obrigatorio
e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un
período máximo de 3 horas 5 temas extraídos ao
chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un
dos temas corresponderá ao temario común para o
Subgrupo A1 de titulación e catro ao temario específico.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos
sobre os temas expostos, a claridade e orde de
ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade
de síntese.
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante
o órgano de selección, en sesión pública e
concluída a lectura da totalidade dos temas poderá
o órgano de selección pedirlle ao aspirante calquera
explicación complementaria que considere oportuna.
Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10)
puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación
mínima de cinco (5) puntos.
Segundo exercicio.—Práctico. De carácter obrigatorio
e eliminatorio.
Consistirá en resolver dous casos prácticos, propostos
polo órgano de selección inmediatamente
antes do comezo do exercicio e relacionados co
contido do temario específico, relativos a tarefas
propias da praza, nun prazo máximo de 4 horas.
Os aspirantes deberán expoñer este exercicio
perante o órgano de selección en sesión pública, o
que poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao/á
aspirante calquera aclaración que considere oportuna,
sobre os supostos prácticos desenvolvidos.
Neste exercicio avaliarase a capacidade de análise
e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á
resolución dos problemas prácticos presentados.
Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10)
puntos, e é necesario para aprobar obter unha puntuación
mínima de cinco (5) puntos.
Terceiro exercicio.—De carácter igualmente
obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá
o nomeamento.
Consistirá na realización dunha proba escrita de
coñecemento do idioma galego, que se realizará
conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará
o órgano de selección co asesoramento
do Servizo de Normalización Linguística, e avaliarase
de 0 a 2 puntos.
O aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo
nesta proba deberá participar no primeiro
curso de idioma galego que realice a Administración
autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística
ou organismo autonómico competente) a
fin de obter a debida capacitación.
Estarán exentos da realización deste exercicio
os/as aspirantes que acrediten posuír o título
CELGA 5 ou equivalente homologado, segundo o
disposto na orde do de xullo de 2007, pola que se
regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis
de coñecemento da lingua galega (Anexo I), aos
que se lle asignarán 2 puntos.
A cualificación dos tres primeiros exercicios
será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante
que non obteña cando menos 5 puntos en
cada un deles. A cualificación do terceiro será de 0
a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ª das
xerais.
TEMARIO GENERAL
Tema 1.—A Constitución española de 1978: principios
xerais e estrutura. Dereitos fundamentais e
liberdades públicas.
Tema 2.—A Coroa, as Cortes Xerais, o poder Xudicial
e o Goberno na Constitución.
Tema 3.—Principios de actuación da Administración
pública: eficacia, xerarquía, descentralización,
desconcentración e coordinación.
Tema 4.—Formas de actuación administrativa: fomento,
policía e servizo público. A responsabilidade
da Administración.
Tema 5.—Organización e funcionamento da Administación
Xeral do Estado. Organización central.
Organismos públicos, organismos autónomos.
Entidades públicas empresariais.
Tema 6.—O ordenamento xurídico comunitario. As
súas fontes. Relación co dereito interno dos estados.
As liberdades básicas do sistema comunitario,
libre circulación de mercadorías, de persoas,
de servizos e de capitais.
Tema 7.—As institucións da Unión Europea. Órganos
executivos e os seus poderes. O Consello de
Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo:
composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza
da Unión Europea.
Tema 8.—Estatuto de Autonomía de Galicia: principios
xerais e estrutura.
Tema 9.—Xunta de Galicia e o seu presidente. O
Parlamento de Galicia. Control parlamentario
da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
Tema 10.—A Administración Pública da Comunidade
Autónoma. estrutura e funcións. A Administración
periférica e institucional.
Tema 11.—O municipio. Elementos. Organización
municipal e competencias dos distintos órganos.
Funcionamento dos órganos colexiados locais.
Convocatoria e orde do día. Actas e certificados
dos acordos.
Tema 12.—Ordenanzas e regulamentos. Procedemento
de elaboración e aprobación. Os bandos.
Tema 13.—Os funcionarios da Administración
local. Organización da función pública local. A
oferta de emprego público e as relacións de postos
de traballo.
Tema 14.—Dereitos e deberes dos empregados públicos
públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento
disciplinario.
Tema 15.—O procedemento administrativo local. O
rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos
da presentación de documentos. Comunicacións
e notificacións.
Tema 16.—Os bens das entidades locais: concepto.
Clases. Bens de dominio público local. Bens patrimoniais
locais.
Tema 17.—Principios orzamentarios na Lei reguladora
de facendas locais.
Tema 18.—Os contratos administrativos. Órgano de
contratación, procedementos de contratación e
formas de adxudicación
TEMARIO ESPECÍFICO
(Os dezaoito primeiros temas son os que figuran
como anexo nas bases xerais para o subgrupo A1)
Tema 1.—A archivistica: concepto, contido e fins.
Outras disciplinas documentais.
Tema 2.—Os arquivos, funcións. Tipoloxías, etapas
Tema 3.—O documento. Concepto, clases. Características
internas e externas: a produción documental.
Tema 4.—Procedencia. Identificación de fondos:
clasificación e ordenación.
Tema 5.—Avaliación de fondos documentais, prazos
de transferencia. Selección e eliminación.
Tema 6.—Descriición de fondos. A normalización
descritiva: a norma ISAD. (G).
Tema 7.—A guía. O inventario. O catálogo. Instrumentos
auxiliares.
Tema 8.—Os arquivos municipais. Historia e funcións.
Tema 9.—Lexislación sobre arquivos municipais.
Competencias do municipio.
Tema 10.—O arquivo municipal como centro de
conservación: edificios, depósitos e instalacións.
Tema 11.—Soportes documentais. Tipos e causas de
alteración. Restauración de documentos textuais
e gráficos.
Tema 12.—Sistemas de reprodución: o microfilme,
a dixitalización e a súa aplicación ao arquivo
municipal.
Tema 13.—A organización do arquivo: o cadro de
clasificación.
Tema 14.—O ingreso da documentación do arquivo.
Ingresos ordinarios e extraordinarios.
Tema 15.—O tratamento da documentación e servizos
en cada fase do arquivo.
Tema 16.—Os sistemas de clasificación, ordenación
e instalación da documentación.
Tema 17.—O expurgo da documentación: Avaliación,
selección e eliminación.
Tema 18.—A comisión de avaliación e selección: organización,
réxime xurídico. Os ditames da comisión.
Tema 19.—Tipoloxía dos documentos administrativos:
De decisión, de transmisión, de constancia
etc.
Tema 20.—Preservación, conservación e restauración.
A conservación tradicional.
Tema 21.—A conservación contemporánea. Institucións
internacionais relacionadas coa preservación.
Tema 22.—Os materiais documentais: soportes documentais.
O pergameo. O papel tradicional. O
papel industrial.
Tema 23.—As tintas. Formatos documentais.
Tema 24.—A deterioración do fondo documental:
características. A deterioración do documento:
orixe e causas. Deterioración química, biolóxica
e física.
Tema 25.—A conservación preventiva. Os sistemas
ambientais e a súa relación coa deterioración.
Factores de deterioración: calor, humidade, contaminación,
radiacións e manipulacións.
Tema 26.—A conservación material: métodos. Protección
primaria: caixas, balduques e outros sistemas.
Tema 27.—A microfilmación de fondos bibliográficos
históricos para a súa conservación.
Tema 28.—Protección secundaria: O mobiliario,
tipos e características. Actividades de mantemento:
limpeza, control de pragas.
Tema 29.—O servizo do arquivo municipal ás oficinas:
información, préstamos e consultas.
Tema 30.—A función cultural e pedagóxica do arquivo
municipal.
Tema 31.—Os regulamentos dos arquivos municipais.
Referencia a súa tramitación.
Tema 32.—A acción dinamizadora dos arquivos.
Imaxe e comunicación. Tipoloxía de actividades.
Tema 33.—Documentos audiovisuais, sonoros e fotográficos.
Clases e características. O seu tratamento
arquivístico.
Tema 34.—A documentación de arquitectura. Proposta
de instalación, acceso e reprodución.
Tema 35.—Sistemas normalizados de intercambios
de documentos. Multimedia. Sistemas interactivos.
Linguaxes de marcado de documentos.
Tema 36.—Técnicas de xestión de documentos e arquivos
electrónicos. A xestión. Almacenaxe e recuperación.
Tema 37.—Seguridade do documento electrónico:
Obxectivos e alcance na seguridade da información.
Ameazas e vulnerabilidades. Medidas de
seguridade. Disposicións legais.
Tema 38.—Protección de datos persoais e informática.
Dereito dos administrados en relación cos
arquivos e rexistros.
Tema 39.—Principios de exposición de documentos
de arquivo.
Tema 40.—Os arquivos municipais e os seus usuarios.
Tema 41.—Circuíto de atención aos usuarios nun
arquivo. Sistemas de acceso e consulta.
Tema 42.—Préstamos de documentación e fondos,
procedemento e garantías.
Tema 43.—Lexislación en materia de arquivos. A
Lei de patrimonio histórico español. Desenvolvemento
normativo.
Tema 44.—A Lei de patrimonio cultural de Galicia.
Sistemas de arquivos en Galicia.
Tema 45.—A administración española de arquivos.
Estrutura organizativa e competencias en materia
de arquivos das distintas administracións
públicas.
Tema 46.—Fontes documentais e bibliografía para
o estudo das administracións autonómicas e
locais.
Tema 47.—Fontes documentais e bibliografícas
para o estudo das universidades. Especial referencia
a Galicia.
Tema 48.—A profesión de arquiveiro: formación,
asociación e código deontolóxico.
Tema 49.—A calidade nos arquivos. Bibliografía
Tema 50.—Institución notarial e rexistral en España.
Tema 51.—Protocolo notarial. Tipos documentais,
arquivos de protocolos notariais.
Tema 52.—Arquivos eclesiásticos, familiares e de
empresa.
Tema 53.—Arquivos históricos e provinciais. Competencias
das deputacións provinciais.
Tema 54.—Organismos internacionais: A UNESCO
e o Consello Internacional de Arquivos (CIA).
Tema 55.—Lexislación en materia de prevención de
riscos laborais. Servizos de prevención.
Tema 56.—Museos da cidade de Vigo. Características,
temáticas.
Tema 57.—Museos municipais. Características, temáticas.
Tema 58.—Museo Quiñones de León. Historia característica,
coleccións.
Tema 59.—Museo Verbum. Historia, características.
Tema 60.—Plan museolóxico, fins e características.
Tema 61.—Coleccións fotográficas de Vigo.
Tema 62.—Arquivo Pacheco: historia, contidos.
Tema 63.—Equipamentos culturais da cidade de
Vigo. Características.
Tema 64.—Casa das Artes: historia e contidos.
Tema 65.—Casa Galega da Cultura: historia e actividades.
Tema 66.—Colección Fernández del Riego. Biblioteca
Penzol.
Tema 67.—Bibliotecas de Vigo. Biblioteca Central.
Tema 68.—Eventos culturais significativos nos últimos
anos en Vigo.
Tema 69.—Centro de Artesania Tradicional. Historia.
Características.
Tema 70.—Depósitos arqueolóxicos en Vigo. Historia
e características.
Tema 71.—Prensa escrita. Historia e actualidade.
Tema 72.—Medios de comunicación de Vigo. Radio
e televisión.