Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Técnico Medio de Archivos, Ayuntamiento de Vigo (Pontevedra)

Técnico Medio de Archivos, Ayuntamiento de Vigo (Pontevedra)

1 Plaza, Acceso Libre, Concurso Oposición, Grupo A2, 11-01-2013


Apertura de plazo

 

Bases Generales

A) Persoal funcionario:

Obxecto da convocatoria

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do concello de Vigo dos anos 2010 e 2011, incluídas nas ofertas de emprego público publicadas no BOP do 4 de febreiro de 2011 e no DOG do 18 do mesmo mes (oferta emprego 2010) e, do 16 de febreiro de 2012 e 28 do mesmo mes, no que respecta á oferta de emprego 2011, e que comprende a cobertura das seguintes prazas de persoal funcionario:

Praza

 


Técnico/a medio/a de Arquivos

1 praza



Natureza e características

En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre (promoción interna ou cota de discapacidade).

Publicidade das convocatorias

O texto íntegro das bases xerais e específicas publicarase no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal www.vigo.org.

Condicións xerais dos/das aspirantes

Para seren admitidos/as á realización das probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, as e os candidatos que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión, ademais dos que se establezan nas respectivas bases específicas para cada unha das prazas convocadas, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do empregado público.

b) Ter feitos 16 anos de idade e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder, se for o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

d) No caso de equivalencia ou homologación, deberá xustificarse cun certificado expedido polo organismo competente para establecelas e expedilas.

e) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións cos demais aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas, agás que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

Na presente oferta de emprego resérvase un 5 % das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %. A opción a estas prazas reservadas deberá de formularse na solicitude de participación nas convocatorias, coa achega de declaración expresa das persoas interesadas de reuniren o grao de discapacidade requirido, acreditado mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou, de ser o caso, da Comunidade Autónoma. Na propia solicitude o/a interesado/a deberá reflectir as necesidades específicas que teña para acceder ao proceso selectivo en igualdade de condicións que o resto dos aspirantes. Igualmente deberá acreditarse, mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes, a compatibilidade do grao de discapacidade co posto de traballo a que se solicita concorrer.

En todo caso, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso á función pública en condicións de igualdade, observarase o disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regulan o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como a normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación.

Para resolver, os órganos de selección poderán requirir informe e, de ser o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

f) Non estar separado/a do servizo en ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

g) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

h) Xustificante de ter ingresado a taxa para participar nos procedementos de selección e promoción de persoal.

O ingreso da taxa exixirase en réxime de autoliquidación, utilizando o impreso normalizado que se poderá obter telematicamente, a través da páxina web do Concello de Vigo (https://cdixital.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_oposiciones.jsp), ou ben presencialmente na Oficina de Información do Concello de Vigo sita na planta baixa da Casa do Concello.

Unha vez obtido o impreso de autoliquidación, os/as interesados/as deberán ingresar o importe que corresponda, que se poderá realizar telematicamente ou en calquera entidade de depósito autorizada.

Para estes efectos, as cantidades establecidas na vixente ordenanza son as seguintes:

– Prazas integradas no grupo A, subgrupos A1 e A2: 34,15 euros.

– Prazas integradas no grupo C, Subgrupos C1 e C2: 19,10 euros.

– Prazas integradas no subgrupo transitorio E: 19,10 euros.

As referidas contías actualizaranse en aplicación da ordenanza municipal aprobada polo Pleno da corporación para cada exercicio económico.

i) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título exixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio, no cal se faga constar que o/a interesado/a cumpre as condicións para participar exixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

Forma de presentación da documentación necesaria para a fase de concurso

No suposto da promoción interna, e cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os/as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada, xunto cunha vida laboral actualizada expedida pola Administración da Seguridade Social, onde consten os períodos alegados como experiencia profesional.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros organismos oficiais que non lla tivesen facilitado antes da finalización do prazo de presentación de instancias deberá presentar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel en que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración se non for presentada antes da data da sesión de valoración do concurso.

O órgano de selección poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados.

Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestados servizos no Concello de Vigo, bastará con facelo constar en declaración xurada que se presentará xunto coa solicitude e na cal figure a data ou datas de inicio e finalización dos servizos ao Concello e o departamento, servizo ou unidade en que se prestaron.

No caso contrario, deberase achegar a correspondente certificación dos servizos prestados por parte do/a aspirante.

Presentación de solicitudes

As solicitudes dirixiranse ao alcalde presidente do Concello de Vigo e presentaranse no Rexistro Xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario e laboral e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna. A solicitude conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, enderezo, núm. de teléfono fixo/móbil, enderezo de correo electrónico e a denominación da praza convocada á cal opta, xunto cunha copia do DNI e xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

En ningún caso a presentación do pagamento da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación de solicitude. Así mesmo, a falta de pagamento dos dereitos de exame dentro do prazo regulamentario de presentación de solicitudes non poderá ser obxecto de emenda e determinará a exclusión do/a aspirante.

Os modelos normalizados de solicitude estarán á disposición das e dos solicitantes no servizo de Información sito na Casa do Concello e na páxina web municipal (http://www.vigo.org).

Así mesmo, tamén se poderán presentar nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderanse cursar no prazo sinalado a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

Cando sexa necesaria a adaptación de tempos, levarase a cabo de conformidade co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e normativa de concordante aplicación.

Admisión

Rematado o prazo de presentación de instancias, no prazo máximo de dous meses a Xunta de Goberno Local adoptará o acordo en que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación do órgano de selección.

A resolución publicarase no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos da corporación, así como na páxina web do concello, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos están expostas ao público no dito taboleiro de edictos xunto coa composición do órgano de selección. Concédese un prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial da provincia, para a corrección, por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, así como para promover a recusación dos membros dos órganos de selección. A publicación da dita resolución no Boletín Oficial da provincia será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A lista provisional elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houber. No caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo dun mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.

O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non presupón que se lles recoñeza aos/as interesados/as a posesión dos requisitos exixidos no procedemento selectivo convocado, os cales deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os/as aspirantes admitidos/as superen as probas selectivas.

Órgano de selección

O órgano de selección deberá acordar na sesión constitutiva o número máximo de sesións, incidencia que se recollerá na correspondente acta, e só se poderá ampliar por causa xustificada mediante novo acordo, debidamente motivado.

8.1. Composición.

O órgano de selección das probas selectivas terá carácter colexiado e estará integrado por 5 membros, un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e tres vogais, así como os respectivos suplentes, designados polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non poderá exercerse en representación por conta de ninguén.

A composición dos órganos de selección será predominantemente técnica, e todos os membros deberán contar cun nivel de titulación ou especialización igual ou superior ao exixido para o acceso á praza; non poderá formar parte o persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

Corresponde á presidencia acordar as convocatorias das sesións ordinarias e extraordinarias, presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas, asegurar o cumprimento das leis, dirimir co seu voto os empates nos termos legalmente previstos, visar as actas e certificacións dos acordos do órgano de selección e os demais que lle outorgue a lexislación vixente.

O/a secretario/a, que intervirá con voz e sen voto, desempeñará funcións de asesoramento legal ao órgano de selección, custodia dos exames e actas, elaboración de actas dos acordos e informe xurídico en relación cos recursos administrativos que se poidan presentar contra os actos e acordos do órgano de selección. Igualmente, deberá realizar as funcións previstas no artigo 25 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

8.2. Asesores especialistas.

O órgano de selección poderá contar con asesores/as especialistas para a realización de todas ou algunha das probas; estes/as colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas e deberán comparecer a título individual, con voz e sen voto.

8.3. Asistencia técnico-administrativa.

Os órganos de selección contarán coa asistencia técnico-administrativa do persoal do Servizo de Recursos Humanos, con funcións vinculadas ao desenvolvemento dos distintos exercicios previstos. As ditas funcións exerceranse sempre de acordo coas instrucións recibidas do órgano de selección, tras o acordo adoptado por este na sesión constituínte e documentado na correspondente acta.

8.4. Regras de funcionamento.

8.4.1. Constitución do órgano de selección.

Cada presidente/a convocará os demais membros do seu órgano de selección, con indicación do lugar, data e hora de constitución.

Para a válida constitución do órgano de selección para os efectos da realización das distintas probas, deliberacións, cualificacións e adopción de acordos, requirirase, en calquera caso, a presenza do presidente e do secretario ou, de ser o caso, de quen os substitúa, e máis a metade, cando menos, dos vogais integrantes.

No caso de vacante por ausencia, enfermidade ou calquera outra causa legal, o/a presidente/a será substituído/a segundo o disposto na resolución que o/a nomeou. No caso de que tampouco poida concorrer a persoa substituta, corresponderalle a presidencia do órgano de selección ao vogal de maior antigüidade e de máis idade de entre os seus membros.

No caso de vacante por ausencia, enfermidade ou calquera outra causa legal, o/a secretario/a será substituído/a, segundo o disposto polo órgano que o/a nomeou. No caso de que tampouco poida concorrer a persoa substituta, corresponderá a función de secretario a un dos vogais, tras o acordo adoptado polo órgano de selección na primeira sesión logo da súa constitución.

As resolucións do órgano de selección vinculan a Administración, sen prexuízo de que esta, de ser o caso, poida proceder á súa revisión, conforme o previsto no artigo 102 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra as resolucións e actos do órgano de selección e os seus actos de trámite cualificados poderanse interpoñer os recursos que legalmente procedan en dereito.

O órgano de selección adaptará o tempo e os medios de realización dos exercicios dos/das aspirantes con discapacidade, de forma que se garanta a igualdade de oportunidades cos demais participantes, nos termos establecidos na normativa vixente.

8.4.2. Ausencias temporais dos membros do órgano de selección.

Unha vez constituído validamente o órgano de selección, cando algún dos seus membros se ausente durante a realización ou corrección das probas, o/a secretario/a farao constar na correspondente acta.

Se a ausencia ten lugar durante a corrección mediante lectura pública dun exercicio, o/a secretario/a deberá facer constar expresamente tal circunstancia na acta; o/a vogal ausente non poderá outorgar puntuación ao exercicio realizado.

8.4.3. Abstención e recusación.

Os membros do órgano de selección deberanse abster de intervir, e notificaranllo ao órgano que os designe, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte o disposto no artigo 13.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán recusar os membros do órgano de selección cando, ao seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8.4.4. Publicidade.

Todas as actuacións do órgano de selección se publicarán no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas, así como na páxina web do Concello.

8.4.5. Proposta de nomeamento.

O órgano de selección non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario ou declarar que superou as probas un número de aspirantes superior ao das prazas que se convocan, agás cando así o determine a propia convocatoria.

Con todo, sempre que os órganos de selección propuxesen o nomeamento de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e con fin de asegurar a cobertura destas, cando se produzan renuncias de aspirantes seleccionados, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria dos aspirantes que sigan os propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo, nos termos do establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

8.4.6. Dereitos económicos dos membros do órgano de selección.

A categoría de cada órgano de selección, e os conseguintes dereitos económicos pola asistencia ás distintas sesións, regularanse polo disposto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Os dereitos económicos dos asistentes aos órganos de selección, técnicos especialistas e administrativos rexeranse tamén polo dito real decreto, e percibirán a mesma cantidade que a correspondente a un vogal, sempre que a súa asistencia fose requirida polo/a presidente/a do citado órgano e así conste expresamente na acta.

Estas mesmas normas rexerán en canto á determinación do número máximo de asistencias para cada proceso selectivo, que será determinado polo presidente do órgano de selección, unha vez coñecido o número de aspirantes admitidos.

O dereito a percibir as asistencias xerarase por cada sesión realizada, con independencia de se esta se estende a máis dun día. No caso de que nun mesmo día se realice máis dunha sesión, terase dereito unicamente a unha asistencia.

Comezo dos exercicios

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos da corporación; atrasarase a data de inicio das probas para cumprir o dito prazo se for preciso.

Os exercicios e as probas practicaranse en chamamento único. A falta de presentación dun/dunha aspirante a calquera dos exercicios no momento de ser chamado/a determinará automaticamente o decaemento do seu dereito a participar no mesmo exercicio e nos sucesivos, quedando excluído/a, en consecuencia, do procedemento selectivo. Deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos/as do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do órgano de selección, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas.

Nos concursos-oposicións relativos a prazas reservadas para a promoción interna comezarase pola fase de concurso. O órgano de selección reunirase coa antelación necesaria para que se cumpra a data de realización dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición, así como a relación de aprobados por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen, así como na páxina web municipal.

Sistemas de selección

Con carácter xeral establécese a oposición libre, agás para a quenda de promoción interna, para a cal se establece o sistema do concurso-oposición.

Cando o sistema de selección sexa o concurso-oposición, rexerase polas seguintes normas:

10.1. Fase de oposición.

Agás que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará como mínimo de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo, o órgano de selección poderá acordar a lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública; no caso de que o exercicio sexa eliminatorio, o/a aspirante que non acuda á lectura pública será declarado non apto/a e, por tanto, eliminado/a do proceso selectivo.

A forma de practicarse o exercicio será acordada polo órgano de selección en cada caso, en función das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.

No exercicio práctico o órgano de selección poderá propoñer os casos prácticos que se sinalen nas bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario específico e, con base neles, establecer a súa duración, sen prexuízo do que se poida establecer nas bases específicas. Así mesmo, cando as características deste exercicio requiran o uso de lexislación, non se permitirá o manexo de textos comentados nin libros de formularios.

A solución dos casos prácticos ou, cando menos, os criterios para a súa avaliación, deberán ser fixados polo órgano de selección antes de se iniciar o exame, e constar na correspondente acta.

Tamén se poderá realizar unha proba de informática e/ou coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea, adecuada ao nivel de titulación e funcións da praza, e que figurará nas bases específicas.

Ademais realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega, que fixará o órgano de selección atendendo á categoría e ás funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas bases específicas de cada convocatoria.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de solicitudes, posuír o título Celga ou equivalente debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudos exixido para participar nas probas selectivas de que se trate, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

As e os aspirantes que aleguen estar exentos deste exercicio deberán achegar no prazo regulamentario de presentación solicitudes, unha copia compulsada do dito título ou equivalencia correspondente.

Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un e quedará eliminado quen non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

A proba de informática cualificarase cun máximo de 2 puntos, e a/o aspirante que non obteña un mínimo de 1 punto está obrigado/a a participar no primeiro curso que realice o concello, co fin de obter a debida capacitación, agás que nas bases específicas se dispoña outra cousa.

A proba de coñecemento de lingua galega e, se for o caso, a de idiomas oficiais da Unión Europea, cualificaranse cun máximo de 2 puntos.

A/o aspirante que non obtivese 1 punto, como mínimo, nesta proba deberá participar no primeiro curso de lingua galega que realice a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente, co fin de obter a debida capacitación.

A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder o 40 % do total da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, co límite exposto no parágrafo anterior, nos exercicios da oposición e nas probas de coñecemento de informática e da lingua galega, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elaborar a relación de persoas aprobadas por orde de puntuación.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de todos os membros do órgano de selección asistentes á sesión. Non se terán en conta a puntuación máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferenza de 3 puntos ou máis.

Segundo os grupos a que pertenzan as prazas, o número de temas para quenda libre será, como mínimo, o seguinte, de conformidade co disposto no artigo 8 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño:

– Subgrupo A1: 90 temas.

– Subgrupo A2: 60 temas.

– Subgrupo C1: 40 temas.

– Subgrupo C2: 20 temas.

– Agrupacións profesionais: 10 temas.

Para a quenda de promoción interna, establece o seguinte número mínimo de temas:

– Subgrupo A1: 90 temas.

– Subgrupo A2: 50 temas.

– Subgrupo C1: 15 temas.

– Subgrupo C2: 8 temas.

– Agrupacións profesionais: 5 temas.

Se os exames non foren corrixidos ao remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará; sobre o precinto asinarán todos os membros do órgano de selección presentes, así como, sempre que for posible, un número similar de aspirantes. O sobre quedará baixo a custodia do/a secretario/a para a súa apertura ao inicio da sesión en que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do órgano de selección será a que este acorde con anterioridade á corrección dos exercicios e deberá facerse constar na acta.

Os membros do órgano de selección só poderán cualificar os exames en cuxa corrección tivesen unha intervención directa, consonte o disposto na base 8.4.2.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persistir o empate, polo que obtivese maior puntuación na epígrafe de coñecementos ou experiencia profesional. De seguir persistindo o empate, a/o de maior idade.

Naqueles exercicios en que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o órgano de selección, antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establecer a devandita orde.

10.2. Fase de concurso.

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, agás que legalmente se exixa outro:

a) Coñecemento e experiencia profesional:

Valorarase con 0,10 puntos por cada fracción de seis meses, ata un máximo de 2 puntos. Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza a que se aspira, e xustificaranse con certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial en que se prestaron e vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á cal se deberá xuntar o contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou nóminas, se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos cales se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza.

b) Por participación en cursos homologados, acreditado mediante o correspondente certificado de asistencia, os cales sexan expedidos por un organismo oficial, centro homologado para impartilos ou colexio profesional, e que teñan relación directa coas funcións de calquera dos postos a que se adscriba a praza.

No caso de centros ou cursos homologados, na certificación que o/a aspirante presente dentro do prazo establecido para isto deberá constar a resolución expresa de homologación.

Nas convocatorias específicas poderá figurar a relación de cursos con dereito a ser valorados.

Para que os cursos poidan ser avaliados deberán ter relación directa coas funcións dos postos a que poidan ser adscritos os titulares da praza, relación que establecerá motivadamente o órgano de selección na sesión en que teña lugar a valoración dos méritos dos/as aspirantes na fase de concurso.

Se se trata de persoal de oficios, tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Servizo Público de Emprego Estatal ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas, sempre que teñan relación directa coas funcións do posto a que se aspira. Así mesmo, tamén se poderán valorar os doutros organismos oficiais competentes para impartir os cursos propios de cada oficio e os derivados dos acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por sindicatos ou confederacións de empresarios, sempre e cando teñan relación directa coas funcións do posto a que se aspira.

– Por cada curso de 60 horas de duración ou, na súa falta, 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

– Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou, na súa falta, de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

– Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou, na súa falta, entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

– Por cada curso en que non se especifique a duración ou inferior a dúas xornadas: 0,10 puntos.

Respecto á acreditación do coñecemento da lingua galega, so poderán ser valorados:

– Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,25 puntos.

– Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 0,50 puntos.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

A puntuación máxima por esta epígrafe non poderá exceder os 3 puntos.

c) Titulacións ou certificados de estudos regulamentados que teñan relación coas funcións da praza:

– Por cada título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obter os superiores que se alegan como mérito: 1 punto se son superiores aos do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo nivel.

– Por cada título expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

Neste último caso deberá acreditarse fidedignamente que a duración dos estudos necesarios para obter o título é, como mínimo, dun curso académico ou, na súa falta, nove meses.

A puntuación por esta epígrafe non poderá exceder 2 puntos.

Décimo primeira. Calendario para a realización das probas

Para o seu inicio observarase o disposto na base novena.

Entre a realización de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios) deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

Unha vez comezados os exercicios dos procesos selectivos, non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios de realización das restantes probas no Boletín Oficial da provincia. Será suficiente coa publicación polo órgano de selección no enderezo web municipal e no taboleiro de edictos da casa do concello e, de ser o caso, nos locais ou instalacións onde se realizase a proba anterior, con polo menos 12 horas de antelación ao comezo cando se trate do mesmo exercicio, e de 24 horas se é un novo.

Quenda de promoción interna

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especificidades:

12.1. A promoción interna consiste no ascenso desde corpos ou escalas dun subgrupo de titulación a outro do inmediato superior, ou no acceso a corpos ou escalas do mesmo grupo de titulación, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas. En calquera caso, a promoción interna rexerase polo disposto no título V do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso e normativa de concordante aplicación.

12.2. Réxime de promoción interna:

a) Poderán participar nas probas de promoción interna o persoal municipal encadrado no cadro de persoal deste concello que non se atope en situación administrativa de suspensión firme, sempre que teñan unha antigüidade de polo menos 2 anos no corpo ou escala a que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, e posuír a titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ao corpo ou escala en que aspiran ingresar.

b) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, agás que por imperativo legal se exixa outro.

c) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, agás que legalmente se exixa outro ou que nas bases específicas se estableza outro diferente:

1. Antigüidade. Por cada ano, ou despois do primeiro ano unha fracción superior a seis meses integrado no grupo ou escala de orixe: 0,30 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación continua de administracións públicas (I, II, III e IV AFCAP), dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal, Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ou outros organismos oficiais competentes para impartir os cursos, cursos incluídos nos plans anuais de formación do concello sempre que o certificado de asistencia o expida o concello e cursos impartidos por colexios profesionais e centros homologados.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas, sempre que teñan relación directa coas funcións do posto a que se aspira. Así mesmo, tamén se poderán valorar os impartidos por outros organismos oficiais competentes para impartir os cursos propios de cada oficio e os derivados dos acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por sindicatos ou confederacións de empresarios, sempre e cando teñan relación coas funcións do posto a que se aspira.

– Por cada curso de 60 horas de duración ou, na súa falta, 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

– Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou, na súa falta, de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

– Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou, na súa falta, entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

– Por cada curso no que non se especifique a duración ou inferior a dúas xornadas: 0,10 puntos.

Os cursos de coñecemento da lingua galega valoraranse do seguinte xeito:

– Por superar o curso ou validación de iniciación/Celga 3: 0,25 puntos.

– Por superar o curso ou validación de perfeccionamento/Celga 4, ou curso básico de linguaxe xurídico-administrativa: 0,50 puntos.

– Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,75 puntos.

– Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

No caso de centros ou cursos homologados, na certificación que o/a aspirante presente dentro do prazo para isto establecido deberá constar a resolución expresa de homologación.

Para que os cursos poidan ser valorados deberán ter relación directa coas funcións dos postos a que poidan ser adscritos os titulares da praza, relación que establecerá motivadamente o órgano de selección na sesión en que teña lugar a valoración dos méritos dos/as aspirantes na fase de concurso.

Nas convocatorias específicas poderá figurar a relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación máxima por esta epígrafe non poderá exceder 3 puntos.

3. Titulacións académicas.

3.1. Por estar en posesión de titulación superior á exixida para o acceso á praza: 1 punto (só se puntuará unha como máximo).

3.2. Por estar en posesión doutras titulacións do mesmo nivel que o exixido para o ingreso na praza, como mínimo, excluída a que serviu para obter a que se alega como mérito, sempre que teña relación directa coas funcións dos postos a que se poida adscribir a praza segundo a RPT vixente: 1 punto.

A puntuación máxima por esta epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.

e) Fase de oposición.

Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.

Non obstante, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comprobar o coñecemento da praza a que se aspira promocionar, polo que o número mínimo de temas será o previsto na base décima, número 1).

Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento da lingua galega, agás que as bases específicas establezan o contrario.

Os aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixiren destino entre as vacantes existentes.

Presentación de documentación

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomaren parte nas probas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións exixidas na base IV anterior –agás o DNI, a carta de pagamento dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en conta na fase de concurso– os/as aspirantes propostos/as para ocupar as prazas convocadas achegarán no Servizo de Recursos Humanos, dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base cuarta.

A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as das alíneas a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ambos os lados; a da alínea c) e d) co título oficial ou copia autenticada e, na súa falta, comprobante de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na que se faga constar a súa equivalencia coa exixida para o acceso); a da alínea e) deberá acreditarse a través da superación do correspondente recoñecemento médico que contará, con carácter xeral, coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto físico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo, e sen prexuízo das probas concretas que poidan exixirse nas bases específicas de cada convocatoria. Se non se exixise o anterior requisito, o/a aspirante deberá achegar certificado médico oficial para o efecto; as das alíneas f) e g) con declaración xurada.

Se dentro do prazo indicado as/os aspirantes propostos non presentaren a documentación ou non reuniren os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tiver a condición de empregado/a público/a está exento/a de presentar a documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados no momento da súa toma de posesión, e substituiraa por un certificado para o efecto do organismo en que prestou os seus servizos, agás que sexa no concello de Vigo, que se fará de oficio.

Período de prácticas e cursos selectivos

Nas convocatorias específicas poderase establecer a realización dun período de prácticas ou dun curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán todos os seus dereitos a ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderanse incorporar, en todo caso, ao curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ao último dos participantes naquel. De non o superaren tampouco, perderán todos os seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

Nomeamento

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo, de ser o caso, os/as que o superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Os nomeamentos publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Toma de posesión

A formalización da toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento dos/as interesados/as, de conformidade co disposto no artigo 47.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Quen non o faga sen causa xustificada será declarado/a en situación de cesante e, consecuentemente, decaído/a no seu dereito a ser nomeado/a funcionario/a de carreira por falta de materialización da toma de posesión no prazo outorgado para o efecto.

Previamente deberán prometer ou xurar o cargo na forma establecida no artigo 1 do Real decreto 707/1979, do 5 de abril, exixíndose, ademais, no caso dos funcionarios do corpo da Policía Local, o compromiso de levar armas.

Na dilixencia de toma de posesión farase constar a manifestación do/a interesado/a de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e de que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como de non estar percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.

Se a persoa interesada estiver desenvolvendo actividades incompatibles coa condición de funcionario público, deberá optar expresamente por unha delas dentro do prazo establecido para a toma de posesión, nos termos do disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Incidencias

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos deriven delas e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas/os interesadas/os nos casos, termos e forma que prevé a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999; Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 57/2003, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A provisión das prazas reservadas para persoas con discapacidade realizarase da forma mais axeitada ás necesidades destas, coa finalidade de garantir o acceso á función pública. Deste xeito, será o órgano de selección o que determine o contido e alcance das probas selectivas que se realizarán nos termos do establecido nas bases, tras o asesoramento de especialistas na materia, se for necesario, e de conformidade co temario que se incorpora como anexo ás bases específicas de cada unha das prazas ofertadas, coa necesaria adaptación de tempos e medios exixida pola discapacidade dos/as aspirantes.

O órgano de selección queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para garantir a transparencia da selección, procurando, na media do posible, o anonimato dos/as aspirantes durante a realización e corrección das probas selectivas.

Así mesmo, o órgano de selección poderá declarar durante o transcurso do proceso selectivo como excluídos aqueles aspirantes que fagan uso de calquera actuación fraudulenta nos exercicios das probas selectivas.

Durante o desenvolvemento das probas, poderá o órgano de selección solicitar dos/as aspirantes as aclaracións complementarias que consideren precisas.

Na totalidade das prazas reservadas á promoción interna exclusivamente do subgrupo C2 ao C1 exixirase a titulación establecida no artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, ou unha antigüidade de 10 anos no corpo ou escala do subgrupo C2.

Sen prexuízo das leis de función pública que se diten no seu desenvolvemento, o artigo 16 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, permite tanto a promoción interna vertical a corpos ou escalas pertencentes a un subgrupo ou grupo de titulación superior como a promoción interna horizontal a corpos ou escalas dentro do mesmo subgrupo profesional, sempre que se garanten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e se cumpran os requisitos legalmente exixidos pola normativa en materia de función pública que resulte de aplicación.

Temario

– Grupo A de titulación: subgrupo A2.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estrutura.

Tema 2. A Unión Europea: orixe, institucións e fontes. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento europeo: composición e atribucións.

Tema 3. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal. Competencias.

Tema 6. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Tema 7. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9. Contratos do sector público: delimitación dos tipos contractuais. Contido e forma de contrato.

Tema 10. Procedemento de adxudicación dos contratos do sector público.

Tema 11. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso administrativo.

Tema 12. Principios orzamentarios na Lei reguladora de facendas locais.

Bases específicas

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A, subgrupo A2; escala Administración especial; subescala técnica; clase media. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A2, e as complementarias propias do posto de traballo a que resulte adscrita a praza do/a aspirante. Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

IV. Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base cuarta das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de grao en calquera das titulacións das ramas de coñecemento de ciencias sociais, xurídicas, arte e humanidades, ou diplomaturas equivalentes, segundo o disposto na Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, titulacións exixidas para o acceso á praza segundo a vixente relación de postos de traballo.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base cuarta das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios, dous teóricos e un práctico, ademais dunha proba de coñecemento da lingua galega.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 50 preguntas, como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa das bases específicas, que será determinado polo dito órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos e é necesario para aprobar obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, 4 temas elixidos ao chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá á primeira parte A (temas xerais) e o resto á parte B (temas específicos).

Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e a orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición, e deberá ser lido obrigatoriamente perante o órgano de selección en sesión pública e, concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos e é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas dous supostos teórico-prácticos que formulará o órgano de selección, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionados co contido do temario específico, relativos a tarefas propias da praza. Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais de que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o cal poderá, ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos e é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega que se realizará conforme o previsto na base décima das xerais, que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso da lingua galega que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) co fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto exercicio será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base décima das xerais.

VI. Anexo-temario.

A) Temario xeral.

(Os doce primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o subgrupo A2).

Temario específico.

Tema 1. A arquivística: concepto, contido e fins. Outras disciplinas documentais.

Tema 2. Os arquivos, funcións. Tipoloxías, etapas

Tema 3. O documento. Concepto, clases. Características internas e externas: a produción documental.

Tema 4. Procedencia. Identificación de fondos: clasificación e ordenación.

Tema 5. Avaliación de fondos documentais, prazos de transferencia. Selección e eliminación.

Tema 6. Descrición de fondos. A normalización descritiva: a norma ISAD. (G).

Tema 7. A guía. O inventario. O catálogo. Instrumentos auxiliares.

Tema 8. Os arquivos municipais. Historia e funcións.

Tema 9. Lexislación sobre arquivos municipais. Competencias do municipio.

Tema 10. O arquivo municipal como centro de conservación: edificios, depósitos e instalacións.

Tema 11. Soportes documentais. Tipos e causas de alteración. Restauración de documentos textuais e gráficos.

Tema 12. Sistemas de reprodución: o microfilme, a dixitalización e a súa aplicación ao arquivo municipal.

Tema 13. A organización do arquivo: o cadro de clasificación.

Tema 14. O ingreso da documentación do arquivo. Ingresos ordinarios e extraordinarios.

Tema 15. O tratamento da documentación e servizos en cada fase do arquivo.

Tema 16. Os sistemas de clasificación, ordenación e instalación da documentación.

Tema 17. O expurgo da documentación: avaliación, selección e eliminación.

Tema 18. Preservación, conservación e restauración. A conservación tradicional.

Tema 19. Os materiais documentais; soportes documentais. O pergameo. O papel tradicional. O papel industrial.

Tema 20. A deterioración do fondo documental: características. A deterioración do documento: orixe e causas. Deterioración química, biolóxica e física.

Tema 21. A conservación preventiva. Os sistemas ambientais e a súa relación coa deterioración. Factores da deterioración: calor,humidade, contaminación, radiacións e manipulacións.

Tema 22. A microfilmación de fondos bibliográficos históricos para a súa conservación.

Tema 23. Os arquivos municipais e os seus usuarios.

Tema 24. Arquivos eclesiásticos, familiares e de empresa.

Tema 25. Arquivos históricos e provinciais. Competencias das deputacións provinciais.

Tema 26. Organismos internacionais: a UNESCO e o Consello Internacional de Arquivos (CIA).

Tema 27. Lexislación en materia de prevención de riscos laborais. Servizos de prevención.

Tema 28. A calidade nos arquivos. Bibliografía.

Tema 29. Concepto de paleografía e tendencias actuais. Terminoloxía. Clases de escritura. As abreviaturas e o seu desenvolvemento.

Tema 30. Desenvolvemento da escritura en España: da escritura visigótica á escritura humanística.

Tema 31. Institución notarial e rexistral en España.

Tema 32. Protocolo notarial. Tipos documentais, arquivos de protocolos notariais.

Tema 33. O acceso ao documento orixinal. As técnicas de reprografía aplicadas aos arquivos.

Tema 34. Información e comunicación. A sociedade da información. Os medios de comunicación de masas. Demanda, oferta e hábitos culturais.

Tema 35. Medios de comunicación de Vigo. Prensa escrita. Historia e actualidade. Radio e televisión.

Tema 36. Xestión interna do arquivo. Organización. Programación e medios.

Tema 37. As novas tecnoloxías aplicadas ao arquivo.

Tema 38. Modos de adquisición de bens culturais.

Tema 39. Museos da cidade de Vigo. Historia, valoración, evolución. Características e temáticas.

Tema 40. Plan museolóxico. Fins e características.

Tema 41. Coleccións fotográficas de Vigo. O Arquivo Pacheco: historia e contidos.

Tema 42. As bibliotecas de Vigo. A Biblioteca Central.

Tema 43. Outros equipamentos da cidade de Vigo. Características. Casa das Artes: historia e contidos. Casa Galega da Cultura: historia e actividades. Colección Fernández del Riego. A Biblioteca Penzol.

Tema 44. Eventos culturais significativos nos últimos anos en Vigo.

Tema 45. Tratamento do patrimonio histórico na Unión Europea. Acordos e tratados internacionais sobre protección do patrimonio histórico subscritos por España.

Tema 46. Depósitos arqueolóxicos en Vigo. Historia e características.

Tema 47. O desenvolvemento da cidade de Vigo. Vigo e a súa historia.

Tema 48. Accións de fomento da investigación e difusión cultural do Arquivo Municipal.