Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Técnico Auxiliar de Bibliotecas, Ayuntamiento de Vigo (Pontevedra)

Técnico Auxiliar de Bibliotecas, Ayuntamiento de Vigo (Pontevedra)

1 Plaza, Concurso-Oposición, Acceso libre, Grupo C1, 19-07-2010

BOP nº 136 19-07-2010

 

 

I.—Número de prazas

1

II.—Características

 

 

Enmarcada no Grupo C, subgrupo C1; Escala,

Administración especial; subescala técnica; Clase,

auxiliar. Estará dotada coas retribucións básicas

que legalmente corresponden ao Subgrupo C1, e as

 

complementarias propias do posto de traballo ao

que resulte adscrita a praza do/a aspirante. Figurará

incluída no réxime de dedicación exclusiva.

 

III.—Sistema de selección

 

 

Establécese como sistema de selección o de oposición

libre


IV.—Condición das e dos aspirantes

 

 

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais,

as e os aspirantes deberán estar en posesión do título

de Bacharelato Superior, FP II ou equivalente,

de conformidade co disposto na Orde

EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen

as equivalencias cos títulos de graduado en

Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato,

regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,

de Educación.

 

V.—Exercicios da oposición

 

 

Constará de dous exercicios; un teórico e un

práctico, ademais dunha proba de coñecemento do

idioma galego.

Primeiro exercicio.—De carácter obrigatorio e

eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, durante un

período máximo de dúas horas, a 4 temas elixidos

ao chou, dos que figuran como anexo a estas bases.

Un destes temas corresponderá ao primeiro apartado

do temas “A) Temas xerais” e o resto ao apartado

“B) Temas específicos”.

Neste exercicio valoraranse os coñecementos

sobre os temas expostos, a claridade e orde de

ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade

de síntese.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante

o órgano de selección, en sesión pública. Concluída

a lectura da totalidade dos temas o órgano

de selección poderá pedirlle ao/á aspirante calquera

explicación complementaria que considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10)

puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación

mínima de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio.—De carácter obrigatorio e

eliminatorio.

Consistirá na redacción por escrito dos asentos

bibliográficos de dous impresos durante un período

a establecer polo òrgano de selección, que formulará

o órgano de selección, inmediatamente antes do

comezo do exercicio, relacionados co contido do temario

específico e, relativos as tarefas propias da

praza. Durante o desenvolvemento desta proba as e

os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso

da bibliografía acordada polo órgano de selección

na convocatoria deste exercicio. Os aspirantes deberán

expoñer este exercicio preante o órgano de

selección en sesión pública, se fosen requeridos

para iso. O órgano de selección poderá, ao final da

exposición, solicitarlle ao/á aspirante calquera

aclaración que considere oportuna, sobre o suposto

práctico desenvolvido.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10)

puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación

mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio.—De carácter igualmente

obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá

o nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de

coñecemento do idioma galego, que se realizará

conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará

o órgano de selección co asesoramento

do Servizo de Normalización Linguística, e avaliarase

de 0 a 2 puntos.

O aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo

nesta proba deberá participar no primeiro

curso de idioma galego que realice a Administración

autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística

ou organismo autonómico competente) a

fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio

os/as aspirantes que acrediten posuír o título

CELGA 3 ou equivalente homologado, segundo o

disposto na orde do de xullo de 2007, pola que se

regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis

de coñecemento da lingua galega (Anexo I), aos

que se lles asignarán 2 puntos.

A cualificación dos dous primeiros exercicios

será de 0 a 10 puntos; queda eliminado o/a aspirante

que non obteña cando menos 5 puntos en cada

un deles. A cualificación do terceiro será de 0 a 2

puntos, de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

 

TEMARIO GENERAL

 

Tema 1.—Referencia aos principios xerais e contido

da Constitución Española de 1978 e do Estatuto

de Autonomía de Galicia.

Tema 2.—Organización e funcionamento da Administación

Xeral do Estado. Organización central.

Organismos públicos, organismos autónomos.

Entidades públicas empresariais.

Tema 3.—A Xunta de Galicia e o seu presidente. O

Parlamento de Galicia. Control parlamentario

da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 4.—O municipio. O termo municipal. A poboación.

Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5.—Organización e competencias municipais.

Tema 6.—Dereitos e deberes dos empregados públicos

locais. Faltas e sancións. O procedemento

disciplinario.

Tema 7.—O procedemento administrativo local. O

rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos

da presentación de documentos. Comunicacións

e notificacións.

Tema 8.—Principios orzamentarios na Lei reguladora

de facendas locais.

TEMARIO ESPECÍFICO

 

(Os oito primeiros temas son os que figuran como anexo nas

bases xerais para o subgrupo C1)

 

Tema 1.—Concepto e misión da biblioteca. Clases

de bibliotecas.

Tema 2.—Bibliotecas estatais: concepto, funcións e

servizos.

Tema 3.—Bibliotecas públicas: concepto, funcións e

servizos.

Tema 4.—Bibliotecas universitarias : concepto, funcións

e servizos.

Tema 5.—Bibliotecas especializadas: concepto, funcións

e servizos.

Tema 6.—Adquisición de fondos. Procedementos de

incremento dos fondos bibliotecarios.

Tema 7.—Proceso técnico de fondos bibliotecarios:

catalogación, normalización e formato MARC.

Tema 8. .—Os catálogos. Concepto, evolución e tendencias

actuais de recuperación da información.

Tema 9.—Linguaxes documentais e indización.

Descritores, tesauros e encabezamentos de materias.

Tema 10. .—Sistemas de clasificación bibliográfica:

concepto e tipos de sistemas.

Tema 11.—Catálogos colectivos: concepto, fins e

elaboración.

Tema 12. .—Bibliotecas dixitais. Os metadatos. O

Dublin Core Metadata Initiative.

Tema 13.—Internet nas bibliotecas. Uso da www

para información e servizos. Portais bibliotecarios.

Tema 14.—Servizos ás e aos usuarios: orientación e

atención; información e referencia bibliográficas.

Tema 15.—Servizos de formación de usuarios, extensión

bibliotecaria e cultural.

Tema 16.—A colección local nas bibliotecas. Organización

e servizos.

Tema 17.—Acceso aos fondos bibliotecarios: consulta,

acceso directo, préstamo e préstamo interbibliotecario.

Tema 18.—Preservación e conservación dos materiais

bibliotecarios .

Tema 19.—A cooperación bibliotecaria en España.

Sistemas e redes.

Tema 20.—Organización bibliotecaria española.

Tema 21.—Organización bibliotecaria de Galicia.

Tema 22.—Organismos internacionais ao servizo

das bibliotecas e da documentación.

Tema 23.—Lexislación do Estado en materia bibliotecaria.

Tema 24.—Lexislación da Comunidade Autónoma

de Galicia en materia bibliotecaria.

Tema 25.—Evolución histórica da bibliografía.

Tipos de bibliografías.

Tema 26.—Fontes bibliográficas e documentais

para o estudo da cultura galega.

Tema 27.—A normalización da identificación bibliográfica.

ISBD, ISBN, ISSN e outros identificativos.

Tema 28.—Historia do libro en Galicia dende a invención

da imprenta ata o século XVIII inclusive.

Tema 29.—Historia do libro en Galicia nos séculos

XIX e XX.

Tema 30.—A lingua galega: normativa fundamental

para a súa utilización dentro da Administración

Pública.

Tema 31.—Situación social e cultural de Galicia.

As claves históricas e actuais.

Tema 32.—A edición e o mundo do libro na Galicia

actual.