Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Encargado del Museo Internacional de Cornamusas, convoca Diputación Provincial de Ourense

Encargado del Museo Internacional de Cornamusas, convoca Diputación Provincial de Ourense

1 Palza, Concurso, Acceso libre, Grupo C1, 23-07-2010
  • Titulación requerida: título de bacharelato, técnico ou equivalente
  • Plazo de presentación de solicitudes: hasta el 07/08/2010

 

BOP Ourense de nº 167 de 23-07-2010

 

Base primeira

 

Obxecto da convocatoria De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de contratación de persoal laboral temporal ó servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada na sesión plenaria do 19 de decembro de 2003 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de xaneiro de 2004, é obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria, como persoal laboral temporal, dun encargado do Museo Internacional de Cornamusas (media xornada).

 

O procedemento de contratación temporal será o procedemento ordinario previsto na ordenanza.

 

Base segunda

 

 Os requisitos dos aspirantes serán os seguintes

 

a) Nacionalidade: te-la nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro, poderán accede-los nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxesempre que non estean separados de dereitomenores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de se-lo caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

 

Ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, poderán acceder a ela os estranxeiros que se atopen residindo en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

 

b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non excedela idade máxima de xubilación forzosa.

 

c) Titulación: estar en posesión do título de bacharelato, técnico ou equivalente. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase no seu día certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuí-lo documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

 

Así mesmo, estar en posesión do título que acredite o grao de perfeccionamento no idioma galego ou Celga 4.

 

Os aspirantes que non dispoñan de tal título e superaron a proba práctica deberán facer un exercicio de tradución do galego ó castelán e do castelán ó galego, cualificándose como apto ou non apto. O tribunal decidirá a nota mínima para ser declarado apto.

 

d) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

 

e) Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario

do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

 

Base terceira

 

1. As instancias nas que se solicita participar na convocatoria, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias, dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación.

 

2. O prazo será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

3. Coa instancia acompañarase unha copia cotexada do DNI e os documentos acreditativos dos méritos ós que fai referencia a fase de concurso.

 

Base cuarta

 

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente ditará resolución no prazo máximo de cinco días naturais, na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará no taboleiro de edictos da Deputación e na páxina web www.depourense.es, indicarase a causa da exclusión, e concederase un prazo de dez días para a emenda de erros, incluíndo ademais a designación dos membros do tribunal de selección. Unha vez resoltas as ditas reclamacións, convocarase - mediante anuncio no taboleiro e comunicación telefónica ou mediante correo electrónico ós afectados, á súa elección - a data de realización da proba práctica que se fixe e a de valoración dos méritos achegados.

 

Base quinta

 

O procedemento de selección será, de conformidade co previsto no artigo 5.2 a) da Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de contratación de persoal laboral temporal ó servizo da Deputación Provincial de Ourense, o concurso. Ademais, e con carácter previo á valoración do concurso, realizarase unha proba práctica relacionada cos contidos propios da praza. Para a avaliación desta proba práctica constituirase un tribunal específico de selección que será designado por resolución da Presidencia da Deputación Provincial, e a súa composición será a determinada pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, tendo en conta o previsto na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes así como na lexislación concordante.

 

Base sexta

 

1. A proba práctica consistirá na realización dun suposto práctico relacionado cos cometidos propios da praza. A proba práctica consistirá na descrición desde o punto de vista organográfico, en lingua inglesa, de calquera cornamusa das existentes actualmente no Museo Internacional de Cornamusas ou doutro aspecto deste que o tribunal considere oportuno, determinado polo tribunal inmediatamente antes da proba. O tempo de desenvolvemento será dunha hora.

 

2. A valoración será de apto ou non apto.

 

Base sétima

 

1. Unha vez realizada a proba práctica e determinados os aspirantes aptos para pasaren á fase de concurso, o tribunal procederá á valoración da devandita fase de acordo co seguinte baremo:

 

a) Polos servizos prestados na Deputación Provincial de Ourense na mesma categoría profesional: 0,15 puntos por mes ou fracción (acreditarase mediante certificación expedida pola Secretaría Xeral da Deputación).

 

b) Polos servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoría profesional: 0,10 puntos por mes ou fracción (acreditarase mediante certificación expedida pola Administración correspondente).

 

c) Polos servizos prestados en empresas do sector privado na mesma categoría profesional: 0,07 puntos por mes ou fracción (acreditarase mediante informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mediante orixinal ou copia cotexada dos contratos de traballo).

 

d) Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do Acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionados coas funcións que se desenvolverán:

 

- Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.

 

- Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.

 

- Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso. (Acreditarase mediante copia cotexada do diploma ou certificado do curso correspondente).

 

e) Por cada membro da unidade familiar a cargo do solicitante que non dispoña de rendas ou ingresos, ou estes sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional: 0,5 puntos (o que se entenderá segundo as normas do IRPF e será acreditado coa declaración da renda do último período impositivo ou documento de valor análogo).

 

f) Por cada mes en situación de desemprego 0,10 puntos, computándose unicamente o tempo transcorrido nesta situación nos dous anos anteriores ó día 1 de xaneiro do ano no que se produza a convocatoria para a formación das listas (o que se acreditará mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social).

 

2. Para a aplicación do devandito baremo observaranse as regras previstas no artigo 6.4 da Ordenanza reguladora de contratación de persoal laboral temporal.

 

3. Os méritos que aleguen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.

 

4. Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias.

 

Base oitava

 

1. Terminada a fase de valoración do concurso, o tribunal dará traslado desta para informe da Comisión de Control e Seguimento, quen publicará no taboleiro de edictos da Deputación o aspirante proposto e elevará a dita proposta ó presidente da Deputación, para que formule o nomeamento pertinente.

 

2. O aspirante proposto presentará dentro do prazo de cinco días naturais, desde que se fai pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións que para participar neste proceso selectivo se esixen na base requirida:

 

a) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que desempeñará.

 

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentar co seu orixinal para validar) do título, ou ben, xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición deste.

 

c) Declaración xurada ou promesa de non ser separado mediante procedemento disciplinario de ningunha administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

 

Base novena

 

1.Unha vez concluído o proceso selectivo e achegados os documentos a que se refire a base anterior, o presidente da Deputación, de acordo coa proposta formulada pola Comisión de Control e Seguimento, procederá a formaliza-la relación laboral correspondente.

 

2.O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada é o de obra ou servizo determinado ou aqueloutra modalidade de contratación laboral temporal que proceda. Redactarase ó abeiro do RD 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada. A duración do contrato será polo ano escolar 2010/2011.

 

Base décima

 

 Disposición última Contra a resolución que aproba estas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta Presidencia, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado Provincial do ContenciosoAdministrativo, no prazo de dous meses, contados dende a mesma data, segundo o artigo 8.1º, en conexión co artigo 10.1º de Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Ourense, 19 de xullo de 2010. O presidente. Fdo.: José Luis Baltar Pumar.
archivado en: acceso libre, concurso, Grupo C1