Encargado de Biblioteca, Ayuntamiento de Alfoz (Lugo)
Apertura de plazo
- Plazo de presentación de solicitudes: hasta el 05-11-2012
Bases de la convocatoria, BOPL nº 204 de 04-09-2012
Aprobación de las bases de la convocatoria, DOGC nº 6224 de 02-10-2012
Anuncio de la apertura de plazo, BOE nº 249 de 16-10-2012
Bases de la convocatoria
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO PROMOCIÓN INTERNA DA PRAZA DE ENCARGADO/A DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ALFOZ
NORMAS DE APLICACIÓN.
Ao presente proceso selectivo seranlle aplicables a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e no que resulte vixente, a Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de
Réxime Local (TRRL), a Lei 30/84, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP), a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da Admón. Local nos termos da disposición final primeira e o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, Texto Refundido da Lei de Función Pública de Galicia e as presentes Bases.
ANTECEDENTES.
O presente proceso de funcionarización forma parte do Plan de Ordenación dos Recursos Humanos do Concello de Alfoz aprobado polo Pleno Municipal con data 28 de novembro de 2008, trala aprobación o 27 de novembro de 2008 pola Mesa Xeral de Negociación constituída polo Alcalde e os representantes dos sindicatos máis representativos. O mencionado instrumento de planificación establece no apartado 3.3: “Plan de Funcionarización do Emprego Laboral Fixo/2009 que realice tarefas reservadas legalmente ao persoal funcionario: Unha vez aprobada polo Pleno da Corporación Municipal as modificacións do Cadro de Persoal para o ano 2008 no sentido de transformar a praza de carácter laboral fixo “Encargado/a da Biblioteca Municipal” noutra coa mesma denominación pero encadrada no apartado das funcionariais, Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, é necesario realizar un proceso semellante co/a seu/súa titular. Para a súa materialización porase en marcha o presente Plan de Funcionarización/2009.
Este Plan realizarase ó abeiro da Disposición Transitoria Segunda “Persoal Laboral fixo que desempeña funcións ou postos clasificados como propios de persoal funcionario” do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), a cal sinala: “O persoal laboral fixo que á entrada en vigor do presente Estatuto estean desempeñando funcións de persoal funcionario, ou pase a desempeñalos en virtude de probas de selección ou promoción convocadas antes da dita data, poderán seguir desempeñándoos.
Así mesmo, poderá participar nos procesos selectivos de promoción interna convocados polo sistema de concurso-oposición, de maneira independente ou conxunta cos procesos selectivos de libre concorrencia, naqueles Corpos e Escalas aos que figuren adscritos as funcións aos postos que desempeñe, sempre que posúa a titulación necesaria e reúna os restantes requisitos esixidos, valorándose a estes efectos como mérito os servizos efectivos prestados como persoal laboral fixo e as probas selectivas superadas para acceder a esta condición”.
Criterios para desenvolver o Plan de Funcionarización/2009:
1º.- O proceso de funcionarización do persoal laboral fixo materializarase mediante o procedemento de
promoción interna de carácter especial.
2º.- O proceso de funcionarización está sometido preceptivamente á utilización do sistema de concursooposición.
3º.- Os requisitos para tomar parte neste proceso, ademais de acreditar o desempeño das funcións ou postos de traballo propios do persoal funcionario, serán posuír a titulación académica necesaria, así como os restantes que se esixan na correspondente convocatoria independente e restrinxida de conformidade coa normativa vixente.
4º.- Na fase de concurso valoraranse os servizos efectivos prestados como persoal laboral fixo e as probas selectivas superadas para acceder a esta condición.
5º.- Se o participante neste proceso non superase as probas selectivas continuará ocupando a praza/posto ata que nun novo proceso se produza a dita superación.
OBXECTO, CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E CONTIDO FUNCIONAL.
3.1.- OBXECTO.
As presentes Bases teñen por obxecto establecer o procedemento que rexerá a selección de persoal para prover
a praza de ENCARGADO/A DA BIBLIOTECA MUNICIPAL que atopándose vacante no Cadro de Persoal Funcionario
do Concello de Alfoz, estando as súas funcións desempeñadas por persoal laboral fixo ao que resulte de
aplicación a Disposición Transitoria Segunda do Estatuto Básico do Empregado Público.
3.2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
A praza de Encargado/a da Biblioteca Municipal atópanse encadrada no Grupo C–Subgrupo C1 (art. 76 do EBEP),
Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, Praza de Cometidos Especiais (artigos 167 e
seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril).
Esta praza será desempeñada a tempo parcial (30 horas/semanais)
3.3.- COMETIDO FUNCIONAL.
O cometido funcional desta praza correspóndese co cometido do posto de traballo o que se poida acceder dende
a situación de titular da praza obxecto destas bases específicas. O ocupante deste posto de traballo realizará as
funcións que, conforme á relación de postos de traballo, ou disposición que a substitúa, se determinen para
estes. En ausencia de fixación destas funcións na RPT, realizará as que lles sexan atribuídas por calquera outra
norma específica.
O titular da praza realizará as funcións do posto de traballo que viña desempeñando con carácter laboral (agora
en réxime funcionarial) o que quedará acreditado na toma de posesión.
SISTEMA DE SELECCIÓN E CONVOCATORIA.
4.1.- SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección, de acordo coa mencionada Disposición Transitoria Segunda do EBEP será o
CONCURSO-OPOSICIÓN, con subxección os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.
4.2.- CONVOCATORIA.
O Sr. Alcalde-Presidente ditará Resolución na que se convoque aos interesados en participar no
procedemento selectivo para prover a correspondente praza. A dita Resolución publicarase, xunto coas
presentes Bases, no BOP, enviando extracto ao DOGA e ao BOE.
INCOMPATIBILIDADES.
A persoa que obteña a praza a que se refire esta convocatoria estará sometida ao réxime de incompatibilidades
que determinan as disposicións vixentes (Lei 53/84, de 26 de decembro e concordantes).
REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos ao proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos:
6.1.- XERAIS.
Ademais de cumprir os requisitos do artigo 56 do EBEP, para ser admitido ás probas selectivas será
necesario, conforme a Disposición Transitoria Segunda da citada norma, acreditar a condición de persoal
laboral fixo do Concello de Alfoz que na data 13 de maio de 2007 estea desempeñando funcións de
persoal funcionario ou que pasase a desempeñalas en virtude de probas de selección ou de promoción
convocadas con anterioridade a dita data.
6.2.- ESPECÍFICOS.
De acordo co artigo 76 do EBEP e co apartado c) do artigo 135 do RD 781/86, para o acceso á Escala de
Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, Praza de Cometidos Especiais, Grupo CSubgrupo
C1, será necesario estar en posesión do Título de Bacharelato ou técnico ou equivalentes na
data en que remate o prazo de presentación de instancias.
Os requisitos establecidos nos apartados desta base deberán posuírse na data de finalización do prazo
de presentación de solicitudes e gozar destes durante o proceso selectivo.
SOLICITUDES.
7.1.- FORMA.
Os que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar a solicitude no modelo oficial
(anexo II destas bases), manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases,
en particular os sinalados na base sexta.
Farase constar na solicitude o compromiso de que antes da toma de posesión deberá xurar ou prometer
cumprir fielmente as obrigas do cargo, con lealdade ao Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como
norma fundamental do Estado.
7.2.- ÓRGANO A QUEN SE DIRIXE.
As instancias correspondentes dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Alfoz.
7.3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN.
O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación do
extracto da Convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
7.4.- LUGAR DE PRESENTACIÓN.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral deste Concello de Alfoz, ou nos lugares que
determina o artigo 38 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
7.5.- ERROS NAS SOLICITUDES.
Os erros de feito que puideran advertirse, poderán rectificarse, en calquera momento, de oficio ou a
petición do interesado.
7.6.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑARSE Á SOLICITUDE.
Os aspirantes deberán presentar, acompañando á solicitude, a documentación que acredite os méritos
aos que fai referencia as bases en relación á fase de concurso.
Os méritos aos que se fai referencia no baremo, deberán xustificarse polos interesados fidedignamente
con documentos orixinais ou cunha copia autenticada acreditativa daqueles, mediante certificacións de
servizos prestados expedida polo órgano oficial no que se prestaron os ditos servizos acompañados dun
informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, certificacións das accións
formativas nas que participou (cursos, xornadas, seminarios,…), currículo debidamente documentado e
acreditado ou calquera outro documento que probe de xeito indubidable a posesión dos méritos
alegados.
Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data de remate do prazo de
presentación de instancias, computándose en calquera caso ata a citada data.
7.7.- DOCUMENTACIÓN QUE SE APORTARÁ DIRECTAMENTE AO EXPEDIENTE DIRECTAMENTE POLA
ADMINISTRACIÓN.
A acreditación da condición como persoal laboral fixo, praza do cadro de persoal laboral que ocupa, a
antigüidade, sistema de acceso á praza dende a que se promocione, será unida directamente á solicitude
mediante certificación da que se facilitará unha copia ao interesado.
ADMISIÓN DE CANDIDATOS. LISTA DE ADMITIDOS.
Transcorrido o prazo de presentación de instancias, o Alcalde do Concello de Alfoz ditará Resolución, no prazo
máximo dun mes, declarando a lista de admitidos e excluídos, cos nomes e apelidos e, se é o caso, causa da
exclusión.
Esta Resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia, incluíndo as listas completas de aspirantes admitidos
e, se é o caso, excluídos.
Durante 10 días, de conformidade co previsto no art. 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, poderase solicitar a
rectificación de erros e presentar reclamacións ás listas provisionais. Quen non presente a solicitude da
rectificación ou reclamación, no indicado prazo, decaerá no seu dereito sendo excluído definitivamente da lista
de aspirantes.
Se non se presentasen reclamacións á lista provisional considerarase esta definitiva sen necesidade de nova
publicación.
No caso de existir reclamacións á lista provisional serán resoltas pola Alcaldía, e aprobadas as listas definitivas,
de aspirantes admitidos e excluídos, serán publicadas novamente.
Xunto coa lista de admitidos e excluídos publicarase a Resolución que conterá:
a) A composición do Tribunal Cualificador.
b) A citación ao Tribunal para que se constitúa e proceda á valoración dos méritos da fase de concurso.
c) A citación aos aspirantes para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, garantíndose
un mínimo de 10 días dende a data de publicación e a do primeiro exercicio.
Cando os exames sexan escritos, para garantir o anonimato, o Tribunal chamará aos aspirantes polo
número de control que escollan ao chou para facer as probas, sempre chamando de menor a maior.
Contra a resolución que aprobe a lista definitiva, os aspirantes excluídos poderán interpoñer, recurso de
reposición, diante do Sr. Alcalde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Boletín
Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo
de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á citada publicación no Boletín Oficial da
Provincia.
DESIGNACIÓN, COMPOSICIÓN E ACTUACIÓN DO TRIBUNAL.
9.1. – DESIGNACIÓN.
O nomeamento dos titulares e suplentes que constitúa o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto
da Alcaldía, que será publicado no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello de Alfoz.
9.2. – COMPOSICIÓN.
O Tribunal cualificador estará composto por cinco membros: un presidente, un secretario e tres vogais.
O tribunal quedará integrado, ademais, polos/as respectivos/as suplentes que serán designados xunto
cos titulares.
Tódolos/as vogais deberan posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o
acceso á praza convocada.
Na composición do Tribunal respectarase o principio de composición equilibrada entre mulleres e
homes.
9.3. – ABSTENCIÓN E RECUSACIÓN.
A abstención e recusación dos membros do Tribunal serán de conformidade co artigo 28 e 29 da Lei
30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
9.4.- ACTUACIÓN DO TRIBUNAL.
O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros,
titulares ou suplentes.
O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que
xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións
que poidan suscitarse durante o desenvolvemento do sistema selectivo, así como para adoptar as
medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas Bases.
Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de
novembro, xa citada.
9.5.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN.
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores cando consideren necesario
dispoñer dunha opinión especializada, así como dos colaboradores en tarefas de vixilancia e control de
desenvolvemento dos diferentes exercicios.
9.6.- PAGAMENTO DE ASISTENCIAS AO TRIBUNAL.
Os membros do Tribunal, así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán
dereito, pola súa concorrencia ás sesións, a percibir as asistencias na contía establecida, de
conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio de 2002, de indemnizacións por
razóns de servizos, tendo en conta as actualizacións desta vixentes na data do feito causante.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.
A proporción de puntuación entre a fase de oposición e a fase de concurso será a establecida no artigo 38.2 do
Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de
Galicia, coa modificación introducida na súa redacción polo artigo 23 da Lei 15/2010, de 28 de decembro, de
medidas fiscais e administrativas.
10.1.- FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS.
a) Antigüidade.
A antigüidade do empregado público no desempeño da praza/posto ou funcións da que
promocione, valorarase asignándolle a cada ano completo de servizos 1,50 puntos.
Os servizos recoñecidos ao abeiro da Lei 70/78, de 26 de decembro, serán computables para
estes efectos, téndose só en conta aqueles servizos que correspondan ao período de desempeño
da praza dende a que se promocione.
A puntuación máxima deste apartado será de 10 puntos.
b) Desempeño do posto de traballo correspondente á praza á que se opta ou análogo.
Por ocupar o posto de traballo correspondente á praza á que opta ou análogo, por nomeamento
provisional ou de forma definitiva, comisión de servizos, ou outra forma provisional de provisión
de postos de traballo; por ter atribuído temporalmente as funcións do posto, outorgaranse 0,10
puntos por cada mes.
A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos.
c) Formación.
1.- Cursos de formación e perfeccionamento convocados e/ou incluídos nos Plans de Formación
da Administración Pública.
Valorarase segundo a seguinte escala:
VALOR DA HORA DE FORMACIÓN SEGUNDO O TIPO DE ACCIÓN
ASISTENCIA APROVEITAMENTO IMPARTICIÓN
0,004 0,008 0,010
A puntuación total non poderá superar un máximo de 8 puntos.
2.- Cursos de Informática.
Cursos relacionados coas funcións da praza á que se opta, valorarase segundo a escala
establecida no apartado c) Formación punto 1, ata un máximo de 4 puntos.
A puntuación máxima do apartado c) será de 12 puntos.
d) Coñecementos de Idioma galego: A puntuación máxima neste apartado será de 4 puntos.
CELGA 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación, curso de nivel elemental de lingua e
cultura galega para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 1 punto.
CELGA 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros, 1º e 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 2 puntos.
Curso medio de linguaxe administrativa galega ou equivalente: 3 puntos.
Curso superior de linguaxe administrativa galega ou equivalente: 4 puntos.
Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos ou titulacións, puntuándose, en
consecuencia, polo curso ou titulación de nivel superior.
Neste apartado só se concederá validez aos cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política
Lingü.stica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
e) Entrevista curricular: A puntuación máxima neste apartado será de 6 puntos.
A entrevista curricular consistirá na contestación por parte dos/as aspirantes ás preguntas formuladas polos
membros do Tribunal co gallo de afondar unicamente en cuestións curriculares, sen contemplar aspectos
persoais ou que non se atopen directamente relacionados cos méritos curriculares.
f) Normas finais:
A puntuación total do baremo de méritos non superará o 40 puntos.
Os méritos aos que se refire o presente baremo posuiranse na data do remate do prazo de presentación de
instancias, debéndose acreditar conforme ao establecido nestas bases.
10.2.- FASE DE OPOSICIÓN.
A fase de oposición rexerase polas seguintes regras:
10.2.1.- Aspirantes que non acrediten ter superado as probas selectivas para o acceso á praza
de persoal laboral desde a que acceden á convocatoria.
Estes aspirantes deberán superar os seguintes exercicios:
10.2.1.1.- Primeiro exercicio. De carácter teórico: Consistirá en contestar por escrito
durante un tempo máximo dun hora, un cuestionario de 30 preguntas con respostas
alternativas baseado no programa contido no anexo I destas bases.
Este cuestionario tenderá a comprobar que os aspirantes coñecen e entenden os
conceptos aos que se refire cada epígrafe.
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Puntuarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 15 puntos para
superar o exercicio.
10.2.1.2.- Segundo exercicio. De carácter práctico: Consistirá en realizar un exercicio de
carácter práctico elixido entre dous supostos propostos polo Tribunal.
Estes supostos poderán consistir en formular distintas preguntas, realizar informes ou
propostas ou calquera outro exercicio a través do que poida comprobar o Tribunal as
habilidades e capacidade de resolución dos aspirantes en relacións coas cuestións que
se lle formulen.
Para a realización desta proba os aspirantes virán provistos da normativa que
consideren, excluíndose textos doutrinais, formularios ou similares.
Este exercicio poderá ser realizado, a criterio do Tribunal, utilizando as ferramentas
informáticas que sexan necesarias.
O tempo máximo para realizalo será de dúas horas.
Poderá ser lido polo aspirante diante do Tribunal na data que este determine, podendo
asistir os demais aspirantes.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar
aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha
opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada aspirante.
Neste exercicio valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos
coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos formulados.
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
A puntuación deste exercicio será de 30 puntos, sendo a puntuación mínima para
superalo 15 puntos.
10.2.1.3.- Proba de galego.
O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da
función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo,
establece: “... nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da
Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia
incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da
lingua galega conforme a normativa vixente ...”.
En cumprimento do sinalado os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá
na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, elixido por
sorteo de entre dous textos propostos polo Tribunal. Para superar a proba é necesario
obter o resultado de apto.
Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír,
no día que remate o prazo de presentación de solicitudes, o Celga 4, curso de
perfeccionamento de galego ou estudos equivalentes.
10.2.2.- Aspirantes que acrediten ter superado as probas selectivas para o acceso á praza de
persoal laboral fixo dende a que acceden a tomar parte neste proceso selectivo:
Os aspirantes que teñan superado probas de acceso á praza de Encargado/a da Biblioteca Municipal
correspondente ao cadro de persoal laboral fixo deberán realizar unicamente o exercicio práctico
(10.2.1.2.- Segundo exercicio) e a proba de galego (apartado 10.2.1.3).
Neste caso o segundo exercicio puntuarase de 0 a 60 puntos sendo necesario obter un mínimo
de 30 puntos para superalo.
10.3.- CRITERIOS XERAIS.
A fase de concurso non terá carácter eliminatorio. En ningún caso a puntuación desta fase poderá
aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición.
Os aspirantes deberán presentarse para cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno
acreditativo da súa identidade.
Os opositores poderán ser requiridos polo Tribunal, en calquera momento, coa finalidade de acreditar a
súa personalidade.
Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos do seu
dereito os opositores que non comparezan a realizalo, excepto casos de forza maior, debidamente
xustificados e apreciados libremente polo Tribunal.
Malia o anterior, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de
realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de
xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do
Tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá
realizarse dentro das 48 horas seguintes ao o anuncio da data do exame e implicará o consentimento da
interesada para permitir o acceso do Tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios
relacionados coa súa situación.
O Tribunal decidirá en cada caso, con base na información de que dispoña, se procede realizar a proba
nun lugar alternativo ou ben acordar un aprazamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente.
Non se admitirá recurso respecto das decisións do Tribunal neste punto, sen prexuízo de que as razóns
da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso
selectivo.
Na realización dos exercicios escritos deberá garantirse, sempre que sexa posible, o anonimato dos
aspirantes.
O Tribunal poderá ordenar a realización dos exercicios de forma sucesiva, sempre que así se anuncie ao
rematar cada un dos exercicios anteriores. Non obstante, os aspirantes poderán solicitar que dende a
total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte transcorra un prazo mínimo de 48
horas.
Unha vez comezadas as probas non será obrigatoria a publicación no BOP dos sucesivos anuncios para a
realización das restantes, sendo suficiente a súa publicación no Taboleiro de Anuncios deste Concello
con 12 horas, como mínimo, de antelación con respecto ao comezo destas, si se trata do mesmo
exercicio ou de 24 horas si se trata de exercicio distinto.
CUALIFICACIÓN DAS PROBAS.
11.1.- MODO DE CUALIFICACIÓN.
11.1.1.- Fase de Concurso: A cualificación adoptarase aplicando o baremo de méritos
establecido nas presentes Bases. Nos apartados do baremo que permitan a apreciación libre do
Tribunal, a valoración farase seguindo os criterios fixados no apartado seguinte da fase de
oposición.
11.1.2.- Fase de Oposición: As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas
polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de asistentes daquel,
sendo o cociente a cualificación definitiva.
11.2.- CUALIFICACIÓN FINAL.
A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de
concurso e na fase de oposición, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes
aprobados. No caso de empate a orde establecerase atendendo á maior antigüidade dos aspirantes.
LISTA DE APROBADOS E PROPOSTA DO TRIBUNAL.
Rematada a cualificación dos aspirantes o Tribunal publicará a relación dos aprobados pola orde de puntuación e
formulará proposta de nomeamento a favor do aspirante que obtivera a meirande puntuación, non podendo, en
ningún caso, aprobar ou declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ao das
prazas convocadas. Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do Concello de Alfoz.
PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
Dado que os aspirantes forman parte do cadro de persoal laboral fixo da Entidade, considéranse acreditados
todos os requisitos aos que se refire o artigo 56 e, no seu caso, 57 do EBEP. En todo caso, se no expediente
persoal se carecese de acreditación dalgún dos requisitos referidos, requirirase ao aspirante para que o aporte
no prazo de 10 días. No suposto de que no prazo indicado non presentaran a documentación requirida non
poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que
incorreran por falsidade na instancia.
NOMEAMENTOS E TOMA DE POSESIÓN.
14.1.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO.
Á vista da relación de aprobados formulada polo Tribunal, e comprobado que os aspirantes incluídos na
citada relación de aprobados teñen acreditado os requisitos para acceder a condición de funcionarios de
carreira, o Sr. Alcalde formulará proposta á Xunta de Goberno para que efectúe o nomeamento
resolvendo definitivamente o procedemento selectivo.
14.2.- NOMEAMENTO.
A Xunta de Goberno do Concello de Alfoz procederá a nomear funcionario de carreira na escala e
subescala correspondente ao aspirante proposto, publicándose o acordo no Boletín Oficial da Provincia.
O persoal desta Entidade que ocupe praza de persoal laboral fixo, incluídas no plan de funcionarización
que non superen ou non se presenten ao proceso selectivo, conservará todos os dereitos que lle
correspondan a súa condición de empregado do Cadro de Persoal Laboral Fixo conforme ao contrato
laboral que teña formalizado. Non obstante, realizada a convocatoria e finalizados os correspondentes
procedementos selectivos declararase “a extinguir” a praza e postos de persoal laboral que, incluída
nesta convocatoria, os seus titulares en réxime laboral non participaran na convocatoria ou non
superaran o procedemento selectivo, conservando os seus dereitos como persoal laboral fixo deste
Concello.
14.3.- TOMA DE POSESIÓN.
A toma de posesión do aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes desde a
data da notificación do seu nomeamento.
Neste documento constará a praza que obtiveron como funcionarios de carreira, escala, subescala e no
seu caso clase ou categoría correspondente e grupo e subgrupo de titulación.
Dado que o proceso de funcionarización garante a permanencia no posto de traballo que cada aspirante
desempeñe con carácter definitivo, a toma de posesión tamén conterá a referencia ao dito posto de
traballo. Esta toma de posesión non será obstáculo para que o aspirante que estean desempeñando, con
carácter provisional ou temporal, outro posto de traballo diferente a aquel que teñan acreditado con
carácter definitivo, continúen desempeñando o citado posto con ese mesmo carácter, neste caso a toma
de posesión tamén conterá o posto de carácter provisional.
RECURSOS.
Contra as presentes bases e a resolución que as aproba e mediante a que se realiza a presente convocatoria,
resolución que é definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de
reposición, diante do Sr. Alcalde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no
B.O.P.
Opcionalmente poderán interpoñer recurso contencioso administrativo diante do Xulgado do Contencioso
Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses dende a publicación da presente convocatoria no B.O.P., na
forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan presentar calquera
outro que estimen procedente.
NORMA FINAL.
As presentes bases e cantos actos administrativos se deriven delas e da actuación do Tribunal, poderán
impugnadas/os, polos interesados, nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, de 26 de novembro de
Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
ANEXO I
PROGRAMA PARA O ACCESO A PRAZA DE ENCARGADO/A DA BIBILIOTECA MUNICIPAL, ESCALA
DE ADMÓN. ESPECIAL, SUBESCALA DE SERVIZOS ESPECIAIS, PRAZAS DE COMETIDOS ESPECIAIS (GRUPO
C/SUBGRUPO C1) DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE ALFOZ.
Materias comúns:
1.- A Constitución Española de 1978. Principios, contidos e estrutura.
2.- Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
3.- As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración.
4.- Organización territorial do Estado. O Estado das Autonomías.
5.- Estatuto de Autonomía. O Parlamento, a Xunta e o seu Presidente.
6.- Réxime Local Español. Sistema de fontes.
7.- O Municipio. Elementos: territorio e poboación. Organización municipal. Órganos necesarios e
complementarios.
8.- O Concello de Alfoz. Estrutura política e administrativa. Organización do territorio do Concello de Alfoz.
Materias específicas:
1.- O libro e as bibliotecas na antigüidade.
2.- As bibliotecas escolares e infantís.
3.- As Publicacións Periódicas.
4.- .Historia das publicacións periódicas
5.- As Bibliotecas públicas.
6.- Os nenos e a biblioteca pública.
7.- Instalación e conservación de bibliotecas.
8.- Selección e adquisión de materiais bibliotecarios.
9.- O proceso técnico nas bibliotecas públicas.
10.- O manifesto da UNESCO sobre as bibliotecas públicas.
11.- Os catálogos. Tipos de catálolgos.
12.- Catálogos automatizados ou OP.
13.- Fontes de información. Concepto e clasificación.
14.- Os sistemas integrados de xestión bibliotecaria.
15.- Internet nas bibliotecas públicas.
16.- Novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicada os servizos bibliotecarios.
17.- A biblioteca dixital e a biblioteca virtual.
18.- A atención ao usuario na biblioteca pública.
19.- A animación á lectura na biblioteca pública. Os clubs de lectura.
20.- Os servizos bibliotecarios: Lectura en sala, préstamo, servizo bibliográfico e servizo de referencia.
21.- Os servizos bibliotecarios: Formación de usuarios, extensión bibliotecaria e actividades culturais.
22.-Servizos aos usuarios.
23.- A función educativa e local da biblioteca pública.
24.- A sección local na biblioteca pública.
25.-A Biblioteca Pública e o servizo a comunidade.
26.- A lei de Bibliotecas Públicas de Galicia.
27.- Organización e xestión bibliotecaria.
28.- Materiais especiais e sistemas de reprodución.
29.- A normalización bibliográfica.
30.- A normativa de préstamo na biblioteca pública.
31.- O regulamento da biblioteca Municipal de Alfoz.
32.- O marketing bibliotecario. Estatísticas aplicadas as bibliotecas.