Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Director de Bibliotecas, Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (A Coruña)

Director de Bibliotecas, Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (A Coruña)

1 Plaza, Concurso, Acceso Libre, Grupo A1, 19-06-2011
Pendiente de apertura de plazo
  • Requisitos académicos: O perfil da praza require unha persoa con titulación universitaria de grao superior e con experiencia na xestión de entidades ou organismos públicos, capacidade de traballo en equipo e liderado, capacidade de negociación, coñecementos da administración universitaria e das necesidades dos sistemas de bibliotecas, alto compromiso coas funcións directivas a realizar. Requírese o coñecemento das linguas castelán e galega así como do inglés.
  • Plazo de presentación de solicitudes:
  • icono pdf Bases de la convocatoria, Resolución de 19-06-2011
  • Información Oficial

Bases de la convocatoria

BASES PARA A SELECCCIÓN DUN DIRECTOR/A TECNICO/A PARA O CONSORCIO DE BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS DE GALICIA

 

Obxecto da convocatoria.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a calidade dos servizos bibliotecarios a través da cooperación interbibliotecaria e cunhas finalidades recollidas nos seus estatutos (Diario Oficial de Galicia do 12 de setembro de 2006).

Os estatutos vixentes prevén a existencia dunha Dirección Técnica como órgano encargado da execución dos acordos e do cumprimento dos obxectivos que fixe o Consello de Goberno do Consorcio así como das tarefas de xestión e planificación do Consorcio no marco dos acordos aprobados polo Consello de Goberno.

Os Estatutos fixan como función a desenvolver polo/a Director/a Técnico/a os seguintes:

a) Dirección e coordinación das actividades do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

b) Elaboración e presentación da memoria de xestión e rendición de contas do exercicio anterior.

c) Elaboración do anteproxecto de orzamentos.

d) Proposta e execución do plan anual de actividades.

e) Análise técnica de admisión de novos membros no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

f) Proposta de regulamentos de operación do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

g) Proposta de operacións de crédito destinadas a cubrir necesidades de tesouraría.

h) Contratación de persoal.

i) Xestión de pagamentos e ingresos de acordo co orzamento.

j) Dirección do persoal do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia así como contratacións de obras, bens e servizos.

k) Establecer contactos con terceiras institucións e organismos para levar a cabo os obxectivos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia dándolle conta ao Consello de Goberno.

l) Manter informado ao presidente dos temas que, excedendo as súas atribucións, pola súa urxencia, poidan afectar a consecución dos obxectivos marcados polo Consello de Goberno.

m) Propoñerlle á Comisión Técnica a creación de grupos de traballo de apoio técnico.

n) Calquera outra función que lle sexa delegada expresamente polo Consello de Goberno.

Estando vacante a praza de Director/a Técnico/a o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia convoca concurso público para a súa cobertura mediante contrato de alta dirección.

Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

2.1. O perfil da praza require unha persoa con titulación universitaria de grao superior e con experiencia na xestión de entidades ou organismos públicos, capacidade de traballo en equipo e liderado, capacidade de negociación, coñecementos da administración universitaria e das necesidades dos sistemas de bibliotecas, alto compromiso coas funcións directivas a realizar. Requírese o coñecemento das linguas castelán e galega así como do inglés.

2.2. Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos

a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

Solicitudes.

3.1. Os/as candidatos/as deberán enviar, antes do día 30 de xuño, por correo postal en sobre pechado, dirixido ao Presidente do Consorcio de Bibliotecas de Galicia, a seguinte documentación á Rúa Ramón Piñeiro número 4, entreplanta, 15705 de Santiago de Compostela:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) O seu currículum vitae acompañado por unha carta de presentación do candidato/a.

c) Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

d) A documentación acreditativa dos méritos que se aleguen. A comisión de selección poderá solicitar a presentación dos orixinais dos xustificantes en calquera momento.

e) O/a candidato/a enviará un documento dunha extensión máxima de 15 páxinas (tipo de letra arial 11 puntos, interlineado 1,5) no que realizará unha proposta organizativa e de funcións e accións do Consorcio de Bibliotecas de Galicia atendendo ás metas que fixan os seus Estatutos.

Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación da documentación, o Presidente do Consorcio ditará resolución, que se publicará na páxina Web do Consorcio e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación destas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva de admitidos e excluídos.

4.3. Unha vez transcorrido o dito prazo, o Presidente do Consorcio ditará resolución definitiva. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que

debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación neste procedemento.

4.4. Todas as reclamacións e alegacións que formulasen as persoas aspirantes unha vez iniciado o proceso selectivo só poderán ser presentadas por correo postal e sobre pechado, dirixido ao Presidente do Consorcio de Bibliotecas de Galicia na Rúa Ramón Piñeiro número 4 entreplanta, 15705 de Santiago de Compostela.

Publicación das actuacións

Unha vez publicada a convocatoria, os restantes anuncios que afecten ao proceso serán publicados na páxina web do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, www.cbug.es e, se é o caso, no lugar de celebración das probas

Proceso selectivo

O proceso de selección será realizado por unha comisión de selección composta por 5 membros pertencentes a entidades participantes no Consorcio. Actuará como presidente da Comisión o representante da universidade que ostente a presidencia do Consorcio e como secretario o representante da Xunta de Galicia.

Os membros da Comisión deberán ser persoal fixo das entidades e estar en posesión de titulación universitaria de grao superior.

A comisión poderá nomear asesores/as expertos no proceso de selección con voz pero sen voto na toma de decisións.

A Comisión procederá a avaliar os C.V. que se reciban atendendo na súa valoración á idoneidade da experiencia laboral e da formación dos candidatos e candidatas con respecto ao posto de director/a técnico/a e as funcións a realizar.

Con posterioridade sobre os candidatos/as preseleccionados en base ao seu C.V. procederase a valorar a proposta organizativa atendendo á súa aplicabilidade ao Consorcio, grao innovador, proposta de mellora dos procedementos de xestión, optimización de custos, etc.

Un máximo de 10 candidatos/as preseleccionados, unha vez avaliados os C.V. e as propostas presentadas, poderán ser chamados a unha entrevista persoal.

As entrevistas, a realizar na sede do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia na rúa Ramón Piñeiro número 4, entreplanta, en Santiago de Compostela, versarán sobre a experiencia e formación do/a candidato/a, e as capacidades para un correcto desenvolvemento das funcións inherentes ao posto.

A Comisión realizará unha proposta de contratación dun dos candidatos/as e unha proposta de lista de reserva, dun máximo de catro persoas. A Comisión tamén poderá propoñer que a praza quede deserta e a convocatoria dun novo concurso.

A Comisión emitirá un informe no que se detallen os fundamentos da súa proposta de selección así como das persoas que compoñan a lista de reserva, ou no seu caso as razóns da proposta de declarar deserto o concurso. A proposta e o informe serán elevados ao Consello de Goberno que decidirá a contratación de acordo co previsto nos Estatutos do Consorcio.

Contrato de traballo

O contrato de traballo materializarase nun contrato laboral de alta dirección, cun período de proba de 6 meses. O salario bruto anual será negociable.

Nomeamento

Por resolución do Presidente do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia elevarase a definitiva a proposta do Comité de Selección do proceso selectivo notificándoselle ao interesado.

Rematado o proceso selectivo, o aspirante seleccionado deberá presentar nas dependencias do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, no prazo de 10 días, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido nas bases ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial.

Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán contratados como persoal de alta dirección no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

O aspirante contratado disporá dun prazo de dez días para tomar posesión no seu destino.