Auxiliar de Biblioteca y Archivo, Museo Provincial de Pontevedra
Apertura de Plazo
- Requisitos académicos: Título de graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente
- Plazo de presentación de solicitudes: Hasta el 03-11-2011
Bases de la convocatoria, BOPP nº 198 de 14-10-2011
Foro de la convocatoria
- Información Oficial
- Ver Mapa / Cómo llegar
Bases generales de la convocatoria
CONTIDO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral
fixo do organismo autónomo local Museo Provincial incluídos nas ofertas de emprego público dos anos
2006 e 2008
As especialidades de cada proceso selectivo: natureza e características dos postos, requisitos de
titulación, sistema de selección, exercicio e programa serán obxecto de regulación nas bases específicas.
NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS CONVOCADOS. O NÚMERO DE POSTOS VACANTES, A SÚA DENOMINACIÓN E CARACTERÍSTICAS RELACIÓNANSE A CONTINUACIÓN:
— 1 posto de traballo de auxiliar administrativo encadrado no grupo C2
— 1 posto de traballo de auxiliar de biblioteca e arquivo, encadrado no grupo C2
— 1 posto de traballo de subalterno de oficios varios, encadrado no grupo E
REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, para seren admitidos na realización das probas selectivas os aspirantes deberán
reunir os seguintes requisitos, sen prexuízo do que establezan as respectivas bases específicas de ingreso:
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de
abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de
nacionais doutros estados.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de
xubilación forzosa.
c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para
ingresar no posto o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto a que aspira.
e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración
pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin
atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por
resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que estivese separado
ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en
situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no
seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
f) Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Novacaixagalicia nº 2080
0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
g) Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas.
2) Todos os requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate
o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data da súa contratación.
SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección para accederen os distintos postos de traballo convocados determínase nas
bases específicas de cada unha deles, fixándose con carácter xeral o concurso-oposición. Os méritos a
valorar na fase de concurso, así como as probas en que consista a fase de oposición serán establecidos
nas correspondentes bases específicas.
SOLICITUDES
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar
mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia
conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto
convocado ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade
ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de
cidadáns comunitarios e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente
compulsados.
Neste senso, na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente
dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen
xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.
Os aspirantes exentos do exame de galego deberán tamén facelo constar na súa instancia e xustificalo
coa documentación á que fai referencia o punto dous da base décimo primeira.
Para ser admitido nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas
solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate
o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de
solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.
No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido
polo organismo competente para establecelas.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da
publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra ou
da sede de Vigo, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten
a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo
funcionario de Correos antes de seren certificadas.
As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado a través
das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán
seguidamente ó organismo competente.
Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán
as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose
necesaria.
Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que
poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia
de parte.
A documentación acreditativa dos méritos que aleguen posuír para a súa valoración na fase de
concurso deberá presentarse, debidamente compulsada, nos termos e condicións que se sinalan na base
décimo segunda.
DEREITOS DE EXAME
1) Será requisito necesario para participar nestas probas selectivas aboar, dentro do prazo de
presentación de instancias, as seguintes cantidades en concepto de dereitos de exame determinadas en
función do grupo de clasificación do posto convocado, así como os gastos de tramitación que, no seu
caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da
Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación
de Pontevedra; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará
constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo:
— Postos de traballo encadrados no grupo C2: 20 €
— Postos de traballo encadrados no grupo E: 15 €
2) En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o
trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base V.
3) Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos
definitivamente da lista de admitidos.
4) Estarán exentas do pagamento dos dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou
superior ó 33%, condición que deberase acreditar documentalmente mediante certificado actualizado
de minusvalía.
5) A taxa por dereitos de exame deberá aboarse necesariamente dentro do prazo de presentación de
instancias, e a falta de pago en dito prazo determinará a exclusión definitiva do aspirante das probas
selectivas.
ADMISIÓN DE ASPIRANTES
1) Finalizado o prazo dos vinte días de presentación de solicitudes o Museo Provincial ditará
resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos,
especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e
no taboleiro de anuncios do Museo.
2) Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó
da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No
suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou
desestimándoas coa publicación da lista definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de
anuncios.
3) Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer recurso
potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó
desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de
xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-
Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da
xurisdición contencioso-administrativa.
4) O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós
interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser
xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.
TRIBUNAL CUALIFICADOR
1.—Os membros dos tribunais cualificadores de cada unha das distintas probas selectivas convocadas
serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e)e f) do Real decreto 896/91,
do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre
homes e mulleres
2.—Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco
suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais.
3.—A composición dos tribunais axustarase os principios de imparcialidade e profesionalidade dos
seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso
ós postos convocados.
4.—Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os
funcionarios interinos e o persoal eventual. A pertenza aos órganos de selección será sempre a titulo
individual, no podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén
5.—Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con
voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose
os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
6.—A Presidencia, antes de que teña lugar cada unha das probas e xuntamente coa lista de admitidos,
publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da corporación a resolución pola
que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
7.—Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando
concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das
administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado
tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das
circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
8.—O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente para cada un dos
procesos selectivos convocados, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta
dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva de cada tribunal
adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
9.—A partir da sesión de constitución cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza
da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo
momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento
administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
10.—Cada tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario
para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios
cás do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de
medios.
11.—En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal
designado en primeira orde.
12.—Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo
pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.
COMEZO DOS EXERCICIOS
1.—A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o
comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo presidente
mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do
tribunal, que se publicará a través de anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios
do Museo Provincial, polo menos con 15 días naturais de antelación.
2.—Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no
seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que
resolverá o tribunal.
3.—Na fase de concurso o tribunal deberá reunirse previamente co fin de efectuar a valoración e a
cualificación dos méritos achegados polos aspirantes.
4.—Na fase de oposición, os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos
do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os
medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.
DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS
1.—En calquera momento o tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa
identidade.
2.—A orde de actuación dos opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de
forma simultánea será determinada mediante sorteo polo tribunal en presenza dos aspirantes e
inmediatamente antes de iniciarse o primeiro exercicio das probas.
3.—Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o
tribunal os medios que considere oportunos.
4.—Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos
aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia
do interesado, deberá propoñerlle ó presidente a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades
observadas para os efectos procedentes.
5.—Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no
taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os
opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
6.—A relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos
con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas
de antelación cando se trate dun novo exercicio.
7.—Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia cós membros do tribunal, os
colaboradores designados por este e os opositores, excepto a lectura por parte dos opositores dos
exercicios escritos, que serán públicos.
8.—Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá
transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 45 días naturais.
9.—Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o
presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.
CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
1.—Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0)
e dez (10) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de
cinco (5) puntos.
No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren
para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias da posto
convocado. Tódalas preguntas terán o mesmo valor e na corrección deste exercicio penalizaránse as
preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta
ou a súa parte proporcional 2/0,66 e 1/0,33.
Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan
datos que identifiquen o persoal asinante, ou sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así
como aquel que resulte ilexible.
2.—O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase
de cero (0) a dous (2) puntos, quedando exentos de o realizaren os aspirantes ás prazas dos grupos C2 e
mais E que acrediten posuír o Celga 3 (ou curso de iniciación en lingua galega), ós que se lles outorgará
a cualificación máxima de dous (2) puntos.
3.—A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o
resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
4.—Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha
diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor,
calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.
CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO
1.—Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que
deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa
daqueles.
A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 40% da suma de puntuacións
correspondentes á fase da oposición, e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se
computarán cando estes se valoren.
2.—Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto, segundo
o seguinte:
BAREMO
a) Experiencia profesional:
— Por servizos prestados na Administración pública en prazas ou postos de igual ou similar
contido profesional ó convocado, 0'50 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis
meses, ata un máximo de cinco (5) puntos.
— Por servizos prestados na Administración pública en prazas ou postos distintas ó convocado,
0'20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de dous (2)
puntos.
A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola
Admón. pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou
e o cómputo total de días, meses ou anos traballados.
Para tal efecto non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral
expedida pola tesourería xeral da Seguridade Social.
b) Méritos académicos:
— Por tese de licenciatura ou exame de grao 0'20 puntos.
— Por posuír outros títulos académicos distintos ó esixido para o ingreso ata un máximo de dous
(2) puntos:
1) Título de licenciado universitario: 1 punto
2) Título de diplomado universitario: 0'75 puntos
3) Titulo de Bacharelato superior, FP-2 ou equivalente: 0'50 puntos
4) Titulo de Graduado Escolar, FP-1 ou equivalente: 0'25 puntos
c) Cursos:
Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e
perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado,
Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da
Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos os organizados por
sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de dous (2)
puntos, computándose:
1) De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos/curso
2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso
3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso
4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso
1) De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso
2) De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso
3) De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso
4) De 1 ou 2 créditos 0,10 puntos/curso
Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada,
congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas.
Así mesmo, no se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración
inferior a un crédito ou dez horas.
3.—Os interesados poderán formular alegacións ante o tribunal seleccionador no prazo de dez días
hábiles contados a partir do seguinte á publicación das puntuacións outorgadas na fase de concurso no
taboleiro de anuncios.
4.—A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións
outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Pazo provincial.
5.—Os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte o da
publicación da cualificación da fase de concurso para formular alegacións.
6.—A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en
conta para superar os exercicios da fase de oposición.
CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS
1.—Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos
distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda ós exercicios
obrigatorios non eliminatorios e dos voluntarios realizados e, no seu caso, a puntuación obtida na fase
de concurso, acadándose así a puntuación final.
2.—Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados
por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
3.—O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un
número superior de aspirantes ó de postos convocados en cada proceso selectivo. Calquera proposta de
aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
4.—Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación
anterior, que só se considerará ó formularlle á Presidencia a proposta coa relación de aprobados, na que
só se incluirán aqueles opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán
superar o número de postos convocados en cada proceso selectivo.
5.—No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase
tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, pola
puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir o empate este
resolverase por sorteo.
RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES
Os aspirantes que resulten contratados quedarán sometidos ó réxime de incompatibilidades vixente
e non poderán simultanear o desempeño do seu posto de traballo con calquera outros postos, prazas,
cargos ou empregos públicos remunerados.
ACHEGA DE DOCUMENTOS POR PARTE DOS OPOSITORES APROBADOS
1.—A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios do Museo Provincial, conterá unha
advertencia recordándolles ós opositores aprobados que deberán presentar a documentación sinalada
nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e
accederen ó posto convocado.
2.—Os aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a
publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos
esixidos na convocatoria:
a) Certificación de nacemento expedida no rexistro civil correspondente.
b) Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso.
c) Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento.
d) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non
estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na
lexislación vixente.
e) Fotocopia da cartilla da seguridade social, número de conta bancaria.
f) Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases
específicas de cada proceso selectivo.
3.—Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os
aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba
admitido en dereito.
4.—Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo
causa de forza maior, non poderá ser contratado como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame
da documentación se deducise que carece dalgún requisito.
NOMEAMENTO E CONTRATACIÓN
1.—Concluído o proceso selectivo, os aspirantes aprobados, cun número que non poderá exceder en
ningún caso o de postos convocados, serán nomeados persoal laboral fixo, polo presidente, unha vez que
xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.
2.—A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a
publicación dos nomeamentos no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da formalización do
preceptivo contrato laboral fixo, unha vez que se practique a notificación persoal de nomeamento.
3.—O contrato se celebrará no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación
do nomeamento; de non facelo, sen existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, o
proposto quedarán na situación de cesante.
CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración provincial, os tribunais
cualificadores e os aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.
INCIDENCIAS
Os tribunais de cada proceso selectivo quedan facultados para interpretar as bases da convocatoria,
así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os
acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.
RÉXIME XURÍDICO
Os procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e no
non previsto nestas polo Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e polo Real decreto 364/95, polo
que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado, o
Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local e a Lei
13/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
DISPOSICIÓN FINAL
As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das
actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do
26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, modificada pola Lei 4/99.
A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo
o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Bases Específicas de la convocatoria
NÚMERO DE POSTOS E CARACTERÍSTICAS
Convócase un posto de traballo de auxiliar de biblioteca e arquivo, grupo C2, dotado coas retribucións
básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas a este posto de
traballo na relación de persoal laboral fixo adscrito ó Museo Provincial.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concurso-oposición libre. Na fase de concurso valoraranse os méritos
específicos adecuados ás características do posto, consonte o baremo que se detalla na base décimo
segunda.
CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base cuarta das bases xerais os aspirantes deberán posuír
o título de graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente.
EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a
un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó
contido do programa nun tempo máximo de 30 minutos.
SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito
dous temas extraídos ó chou polo tribunal, un da segunda parte do programa e outro da terceira, nun
tempo máximo de noventa minutos. Posteriormente, serán convocados para proceder á súa lectura
pública, que levará a cabo o seu autor ou, no caso de imposibilidade, a persoa que designe, ou un membro
do tribunal.
TERCEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto
práctico relacionado co contido do programa no tempo que determine o tribunal.
CUARTO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ó
idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
PROGRAMA DA CONVOCATORIA - TEMARIO
Primeira parte:
1.—A constitución española de 1978.—Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos
españois.
2.—O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo.
3.—A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias.
4.—A función pública local. Concepto de funcionario. Clases de funcionarios. A organización da
función pública local. Dereitos e deberes dos funcionarios.
Segunda parte:
5.—Concepto de biblioteca. Tipos de bibliotecas e a súa función.
6.—As bibliotecas especializadas: concepto e función.
7.—Os catálogos nas bibliotecas.
8.—Xestión da colección: selección, adquisición.
9.—Xestión da colección: o proceso técnico nas bibliotecas: rexistro, selado, catalogación,
clasificación e ordenación de fondos.
10.—Automatización dos servizos dos fondos bibliográficos.
11.—A normalización de identificación bibliográfica: ISBN, ISSN, D.L., NIPO.
12.—Concepto de arquivo. Tipos de arquivo e a súa función.
13.—A formación do arquivo: ingresos e transferencias.
Tercera parte:
14.—Instrumentos de descrición dos fondos de arquivos: guías, inventarios, catálogos, índices.
15.—Organización técnica do arquivo: clasificación e ordenación.
16.—Servizo de referencia e información bibliográfica.
17.—Normas de conservación en arquivos e bibliotecas.
18.—O Museo de Pontevedra. Orixe e deselvolvemento.
19.—A biblioteca do Museo de Pontevedra e a súa evolución histórica.
20.—O arquivo do Museo de Pontevedra.