Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Archivero, Ayuntamiento de Ortigueira (A Coruña)

Archivero, Ayuntamiento de Ortigueira (A Coruña)

1 Plaza, Concurso-Oposición, Acceso libre, Grupo A1, 20-08-2010

 

 

Bases de la convocatoria BOP de A Coruña nº 146 de 03-08-2010

 

Efectúase convocatoria específica para a provisión dunha praza vacante do cadro persoal laboral fixo, deste Concello,

de Arquiveiro/a, de conformidade coas seguintes bases específicas que completan as bases xerais da convocatoria uni-

taria para a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e de persoal laboral fixo incluídas na oferta de

emprego público desta Corporación do ano 2008.

 

Sistema de provisión. Concurso-oposición.

 

Número, denominación e características.

A praza está encadrada no cadro de persoal laboral fixo. Grupo I, denominada Arquiveiro/a

O número de prazas que se convocan é UNHA (1)

 

Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido/a á realización das probas, os aspirantes deberán reunir, ademais das condicións e requisitos esta-

blecidos nas bases xerais da convocatoria, os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de Licenciatura en Documentación, Licenciatura en Xeografía e Historia, especialidade de

arquivística e biblioteconomía, ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación

de instancias.

b) Non estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas nin separado/a do servizo ás administracións públi-

cas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

 

Documentación.

Os/as aspirantes que desexen participar no proceso selectivo deberán presentar a correspondente solicitude de con-

formidade co establecido na base terceira das xerais.

 

Tribunal cualificador.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Publico e no artigo 4

do RD 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as Regras Básicas e programas mínimos a que debe axustarse o

procedemento de selección dos Funcionarios da Administración Local, o Tribunal cualificador estará constituído, por:

Presidente (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera Administración pública, preferentemente da Admi-

nistración Local.

Vogais (en número de tres): Funcionario de habilitación estatal ou Funcionario de calquera administración pública.

Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública, preferentemente da Adminis-

tración Local.

De todos os xeitos o Tribunal cualificador constituirase segundo o disposto na base sexta das xerais e actuarán de

conformidade co estipulado nela.

 

Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

Fase de concurso:

Non terá carácter eliminatorio e consistirá na avaliación por parte do tribunal dos méritos que concorran en cada un dos

aspirantes, para o cal se acompañarán á instancia os documentos xustificativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) que

consideren oportunos. Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente

acreditados, en todos os seus extremos, na data de finalización do prazo de presentación das instancias.

Valorarase a experiencia profesional nos ámbitos da administración pública e privado, a formación académica especia-

lizada e outros méritos, ata un máximo de 36 puntos, segundo o seguinte baremo:

 

Experiencia profesional

A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 32 puntos, dacordo co seguinte baremo:

2.1 Por servizos prestados na Administración Local en postos de traballo como Arquiveiro/a municipal : 0,30 puntos

por mes traballado.

2.2 Por servizos prestados noutras Administracións Públicas en postos de traballo como Arquiveiro/a 0,10 puntos por

mes traballado.

2.3 Por servizos prestados na Administración Local noutros postos de traballo na mesma categoría ou grupo a praza

convocada: 0,15 puntos por mes traballado.

2.4 Por servizos prestados noutras Administracións Públicas noutros postos de traballo na mesma categoría ou grupo

a praza convocada: 0,05 puntos por mes traballado.

2.5 Por servizos prestados en empresas ou entidades privadas en postos de traballo como Arquiveiro/a: 0, 20 puntos

por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación académica especializada e relacionada co posto:

A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 4 puntos, dacordo co seguinte baremo:

Cursos, seminarios ou xornadas presenciais, expedidos por organismos oficiais ou centros homologados, e relaciona-

dos directamente coa praza convocada:

- Cursos de máis de 200 horas; 1,50 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 151 horas e 200 horas; 1, 20 punto por cada curso.

- Cursos de entre 121 horas e 150 horas; 1 punto por cada curso.

- Cursos de entre 80 horas e 119 horas: 0,70 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 40 y 79 horas: 0,30 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 20 y 39 horas: 0,15 puntos por cada curso.

- Cursos de menos de 20 horas: 0,05 puntos por cada curso.

En caso de estar en posesión de distintas titulacións, valorarase unicamente o nivel máis alto de formación.

En todo caso, no título ou no certificado acreditativo da realización do curso, seminario ou xornada deberá constar o

número de horas de duración, de non constar valorarase como os cursos de menos de 20 horas.

 

Fase de oposición

 

 

A oposición, constará de catro exercicios, sendo os tres primeiros de carácter obrigatorio e eliminatorio e o cuarto de

carácter obrigatorio e non eliminatorio, máis unha entrevista curricular.

- Primeiro exercicio: consistirá en contestar a un cuestionario tipo test composto por 100 preguntas sobre o temario que

figura como anexo das presentes bases, con tres respostas alternativas, sendo unicamente unha delas a correcta.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

Neste exercicio cada resposta correcta puntuarase 0,25 puntos, a respuesta errada penalizará con -0,025 puntos e a

resposta en branco penalizarase con -0,010. O exercicio será eliminatorio e puntuable ata un máximo de 25 puntos, sendo

eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de 12,5 puntos.

- Segundo exercicio: Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período de tres horas, dous temas de entre catro

temas extraídos ao chou polo Tribunal, da parte específica do temario, contido no Anexo I da presente Convocatoria.

Neste exercicio valorarase os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como

a súa forma de presentación e exposición.

No desenvolvemento do mesmo non poderá utilizarse ningún libro ou material de consulta

A cualificación global deste exercicio será de 0 a 20 puntos. Cada tema cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso

alcanzar un mínimo de cinco puntos en cada un dos temas para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a

obteñan. Posteriormente efectuarase a suma da nota obtida en cada un dos exercicios, que será a puntuación da proba. O

Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

- Terceiro exercicio: será de tipo práctico e desenvolverase por escrito, durante un tempo máximo de tres horas, sobre un

suposto práctico plantexado polo tribunal antes do comezo do exercicio, e que estará relacionado coas funcións asignadas

á praza a cubrir.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán utilizar libros ou documentos con textos legais non

comentados

O tribunal poderá pedir aos aspirantes cantas aclaracións verbais estime necesarias para a xustificación da solución

proposta.

Neste exercicio, ademáis dos coñecementos teóricos, valorarase a capacidade de síntesis e a claridade expositiva.

Este exercicio será cualificado entre 0 e 30 puntos, e para superalo será necesario acadar un mínimo de 15 puntos. O

Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

- Cuarto exercicio: coñecemento da lingua galega. Consistirá na traducción directa ou inversa dun texto en galego ou

castelán. A duración deste exercicio será de trinta minutos.

Este exercicio será cualificado entre 0 e 5 puntos, e non terá carácter eliminatorio.

Aqueles opositores que acrediten estar en posesión de título de lingua galega ou validación do mesmo, estaran exentos

de realizar o presente exercicio, valorándose do seguinte xeito:

-Linguaxe administrativa superior: 5 puntos.

-Linguaxe admnistrativa media: 3 puntos.

-Perfeccionanamento, a súa validación, ou o Celga 4: 2,5 puntos.

-Iniciación, a súa validación, ou Celga 2: 1 punto.

Os aspirantes poderan optar a realización do exercicio co fin de acadar unha puntuación máis alta.

-Entrevista curricular.- De conformidade co establecido no artigo 61.6 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba

o Estatuto Básico do Empregado público e no artigo 4.2 do real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e

programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración Local, o Tribunal

calificador realizará unha entrevista curricular aos aspirantes que superasen a fase de oposición. A entrevista terá por

obxecto concretar aspectos que determinen a idoneidade da persoa aspirante para o posto obxecto da convocatoria, en

relación ao seu currículo ou méritos aportados, e terá unha puntuación máxima de 10 puntos.

 

ANEXO I .- TEMARIO

 

I.- Parte Xeral

 

 

1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais, estrutura e contido.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa garantia e suspensión. O Defensor do Pobo.

3. A Coroa. Natureza e características. Sucesión rexencia e tutela.

4. O Estado. Concepto. Elementos. Formas do Estado.

5. Estatuto de Autonomía de Galicia. As Institucións da Comunidade Autónoma: O Parlamento. O Consello da Xunta. O

Presidente.

6. Sometemento da administración á Lei e ao Dereito. Fontes do dereito público. A Lei.

7. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e

anulabilidade..

8. O procedemento administrativo: iniciación, ordenamento, instrución e terminación. A obriga de resolver. O silencio

administrativo.

9. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios.

10. Municipio: Concepto e elementos. O Térmo Municipal. A población: especial referencia ao empadronamento

11. A organización política e administrativa do Concello: o Goberno Municipal. O Pleno. O Alcalde. Os Tenentes de

Alcalde. A Xunta de Goberno. Órganos complementarios. Composición e Atribucións.

12. Persoal ao servizo das corporacions locais. Persoal Funcionario e persoal laboral. Situacións administrativas.

13. Dereitos e deberes dos funcionarias/s públicas/os locais. Código de conduta das/os empregadas/os públicos.

Réxime disciplinario: Faltas e sancións. Réxime de incompatibilidades.

14. Facendas Locais: A Lei Reguladora das Facendas Locais. Os recursos das Facendas Locais. Taxas e prezos públi-

cos. Impostos locais.

15. O servizo público. Nocións xerais. Os modos de xestión do servizo público.

16. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións Públicas. Dereito de acceso a arquivos e

rexistros.

17. A potestade regulamentaria das entidades locais: Regulamentos e ordenanzas. O procedemento de elaboración e

aprobación. Os bandos.

18. O presuposto das corporacións locais. Elaboración, aprobación e execución.


II.- Parte Específica

 

 

1. Concepto de arquivística: definición. Ámbito. Divisións.

2. As ciencias auxiliares: Paleografía, Diplomática.

3. Concepto de arquivo. Tipos de arquivos. Funcións e servizos.

4. Perfil profesional do persoal de arquivos. Formación.

5. O documento de arquivo. Clases de documentos. Tipoloxía documental.

6. O ciclo vital dos documentos. Fases de arquivo.

7. O proceso documental: ingresos e transferencias.

8. O proceso documental: valoración e selección.

9. O acceso aos documentos.

10. Clasificación. Concepto. Sistemas de clasificación.

11. A ordenación. Concepto. Sistemas de ordenación.

12. Descrición de fondos. Instrumentos descritivos: Guías, inventarios, catálogos, índices.

13. O cadro de clasificación: definición. Características dun cadro de clasificación.

14. O arquivo como centro de conservación: local, equipos e instalacións.

15. A conservación dos documentos: prevención e restauración.

16. Sistemas de reprodución de documentos.

17. Os soportes documentais. A producción documental en novos soportes. A documentación electrónica. A súa

repercusión nos arquivos.

18. Documentos electrónicos. Definicións e conceptos básicos.

19. Documentos electrónicos. Implementación dos requisitos arquivísticos.

20. Documentos electrónicos. Conservación a longo prazo.

21. Documentos electrónicos. Acceso.

22. Organismos internacionais en materia de arquivos.

23. O sistema de arquivos de Galicia.

24. O sistema de arquivos español.

25. Os arquivos históricos xerais.

26. Os arquivos privados.

27. Os arquivos municipais. Concepto e regulación.

28. A produción documental dos Concellos. Series documentais.

29. Os arquivos municipais. Os ingresos.

30. Os arquivos municipais. A clasificación e ordenación.

31. Os arquivos municipais. A descrición.

32. Os arquivos municipais. A valoración, selección e eliminación.

33. Os arquivos municipais e a súa difusión. O servizo á administración e aos ciudadáns.

34. Os arquivos municipais e a súa difusión. A proxección cultural, social e educativa nos arquivos.

35. Difusión dos arquivos municipais a través da rede (www).

36. A Norma Internacional Xeral de Descrición Arquivística ISAD(G).

37. Norma Internacional sobre Encabezamientos Autorizados Arquivísticos para Entidades, Persoas e Familias

ISAR(CPF)”.

38. Norma española de descrición arquivística NEDA.

39. Norma galega de descrición arquivística NOGADA.

40. A norma ISO 15489.

41. Lei de Patrimonio Histórico Español 16/1985. Especial referencia ao Patrimonio Documental.

42. Lei do Patrimonio Cultural de Galicia 8/1995. Especial referencia ao Patrimonio Documental.

43. Decreto 307/1989 de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e patrimonio documental de Galicia.

44. O arquivo como servizo de calidade. A norma ISO 9001:2000.

45. As cartas de servizo nos arquivos municipais.

46. Planificación e evaluación de servizos de arquivo.

47. Recursos arquivísticos na rede (www).

48. Bibliografía arquivística. Manuais e revistas.

49. O arquivo municipal de Ortigueira. A súa historia.

50. O arquivo municipal de Ortigueira. Fondos da sección Goberno.

51. O arquivo municipal de Ortigueira. Fondos da sección Administración.

52. O arquivo municipal de Ortigueira. Fondos da sección Servizos.

53. O arquivo municipal de Ortigueira. Fondos da sección Facenda.

54. O arquivo municipal de Ortigueira. O seu regulamento.

55. O arquivo municipal de Ortigueira. Cadro de clasificación.

56. O arquivo municipal de Ortigueira e o sistema integrado para a súa xestión Albalá.

57. A biblioteca auxiliar do arquivo municipal de Ortigueira.

58. O sistema de xestión automatizada da biblioteca auxiliar do arquivo municipal de Ortigueira. Koha.

59. A administración local na Idade Media e Moderna. Funcións e organización.

60. A administración local na Idade Contemporánea. Fontes e organización.

61. Goberno e administración da Facenda Municipal na Idade Moderna e Contemporánea. Fontes.

62. O control do servizo militar polos concellos: As quintas. Produción documental. Fontes.

63. Os concellos e a educación nos séculos XIX e XX. Competencias e produción documental. Fontes.

64. Institucións benéfico asistenciais municipais nos séculos XIX e XX. Produción documental. Fontes.

65. Fontes documentais para o estudo das administracións locais.

66. Bibliografía e fontes documentais para o estudo da historia de Ortigueira.

67. Ortigueira durante as Idades Media e Moderna.

68. Ortigueira durante a Idade Contemporánea.

69. Ortigueira na actualidade.

70. Edificios singulares de Ortigueira.

71. Os escolares de indianos en Ortigueira.

72. A prensa en Ortigueira.