Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Archivero, Ayuntamiento de A Coruña

Archivero, Ayuntamiento de A Coruña

1 Plaza, Oposición, Promoción Interna, Grupo A1, 03-08-2010

 

BOP A Coruña nº 137 de 21-07-2010

 

Convocatoria ESPECÍFICA 28/08 do PROCESO extraordinario DE FUNCIONARIZACIÓN do Concello da Coruña.-

1 PRAZA DE ARQUIVEIRO

(FUNCIONARIO DE CARREIRA)

As presentes bases específicas constitúen o desenvolvemento do Proceso Extraordinario de Funcionarización, de conformidade co establecido na Disposición Transitoria segunda da Lei 7/2007 e recollido na Oferta de Emprego deste Concello para o ano 2008 ( BOP 21 de novembro de 2008), e réxese pola Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral convocadas polo Concello de A Coruña no ano 2009 (BOP 9 de xuño de 2009), en aplicación do disposto na base primeira desta, e polas seguintes normas específicas:


Clasificación das prazas


Escala Administración Especial, subescala Tecnica, Subgrupo A1

 

Requisitos esixidos

 

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, o cumprimento dos cales deberá acreditarse dentro do correspondente prazo de presentación de instancias.

a) Prestar servizos, como persoal laboral fixo en prazas de categoría análoga ás convocadas, no Concello da Coruña na data de finalización do prazo de presentación de instancias e estar a desempeñar funcións de persoal funcionario.

b) Estar en posesión do Titulo de Licenciado en Documentación, Humanidades ou Xeografía e Historia, de conformidade co establecido na normativa vixente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

c) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.

d) Ter cumprimentos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

e) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.

f) Non haber sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionariado, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separada/o ou inhabilitada/o. No caso de ser unha persoa nacional doutro Estado, non acharse inhabilitada/o ou en situación equivalente nin haber sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

Os únicos aspirantes posibles ás prazas obxecto deste proceso son os que figuran no Anexo I de persoal funcionarizable.

 

Dotación económica

 

As retribucións básicas e complementarias correspondentes a cada un dos postos da Relación de Postos de Traballo vixente, ocupados e desempeñados na actualidade por cada un dos aspirantes que superen este proceso extraordinario de funcionarización.

Número de prazas que se convocan

 

1

Sistema de selección

 

Proceso de funcionarizacion

 

Presentación de instancias

 

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumpridas durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Así mesmo, poderán remitirse na forma determinada na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

A instancia deberá acompañarse necesariamente de:

- Fotocopia do D.N.I.

- No seu caso, a acreditación de estar en posesión da titulación que exime de efectuar o exercicio de galego: título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA IV ou equivalente

 

Contido do proceso de funcionarización, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación

 

 

O proceso de funcionarización constará de dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Primeiro exercicio. - Consistirá na realización de dúas probas:

a) Consistirá en contestar, nun tempo máximo de sesenta minutos, un cuestionario de 40 preguntas, con tres respostas alternativas, determinadas polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, relacionadas co contido do programa especificado para cada praza no Anexo II desta convocatoria.

b) De carácter práctico, a elixir de entre tres supostos que formulará o Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos ás funcións a desempeñar nos postos de traballo relacionados coas prazas convocadas.

A cualificación destas probas será conxunta, cunha puntuación máxima de 50 puntos, cualificándose a proba a) cun máximo de vinte puntos e a proba b) cun máximo de trinta puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de vinte e cinco puntos para superar este exercicio, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan.

O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Segundo exercicio. - Coñecemento de galego. Consistirá nunha proba mediante a cal se verifiquen os coñecementos da lingua galega. Esta proba será cualificada como apto ou non apto, quedando eliminados aqueles que non o superen.

Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA IV ou equivalente estarán exentos da realización do presente exame.

Os documentos acreditativos dos extremos sinalados no parágrafo anterior deberán ser presentados coa instancia.

 

Publicidade do proceso selectivo e notificación de cualificacións

 

A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación a través do Teléfono de información cidadá 010 (981184200 para chamadas fóra do termo municipal) e na páxina web do Concello de A Coruña, (www.coruna.es/oposiciones) sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.

 

Tomas de posesión e adscricións a postos de traballo

 

 

Os aspirantes que superen este proceso selectivo extraordinario disporán do prazo dun mes para tomar posesión nas prazas que están previstas para cada un deles no Anexo I desta convocatoria, sen que poida efectuarse alteración ningunha. A falta deste requisito, salvo causa de forza maior, suporá o decaemento nos seus dereitos e a renuncia da praza. A partir da toma de posesión pasarán a ser funcionarios de carreira a todos os efectos e permanecerán no posto que viñan desempeñando en adscrición definitiva.

 

Normas específicas para o Tribunal

 

 

O Tribunal encargado de avaliar as probas será único para todo o proceso extraordinario de funcionarización, non obstante este poderá solicitar a opinión de cantos asesores fosen necesarios, en función da diferente natureza das prazas convocadas.

As resolucións do Tribunal vinculan a Administración, sen prexuízo de que esta, no seu caso, poida proceder á súa revisión, conforme ao previsto no artigo 102 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

Norma final

A convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas, esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria ou do acto de que se trate. Non obstante, poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar dende a mencionada publicación, ou calquera outro recurso que consideren procedente.

 

ANEXO I

Nome

Praza Laboral

Praza Funcionarial





G

Denominación

G

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Suarez Rodriguez, Mª da O

1

Arquiveiro

A1

Arquiveiro

Ad. Especial

Tecnica

Tecnica Sup.

 

ANEXO II

 

PARTE XERAL

TEMA 1.- Municipios de Gran Poboación: O Alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento

TEMA 2.- Municipios de Gran Poboación: A Xunta de Goberno Local. Composición e atribucións

TEMA 3.- Municipios de Gran Poboación: O Concello Pleno. Composición e competencias

TEMA 4.- Réxime de Sesións e acordos de órganos colexiados Locales

TEMA 5.- Ordenanzas reguladoras e Bandos. Especial referencia ás do Concello da Coruña.

TEMA 6.- A Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. Clases de funcionarios.

TEMA 7.- Acceso ao emprego público. Perdida da condicion de funcionario. Dereitos e Deberes dos funcionarios

TEMA 8.- O procedemento administrativo: Iniciación

TEMA 9.- O procedemento administrativo: Terminación

TEMA 10.- Organigrama Político do Concello da Coruña

PARTE ESPECIAL

TEMA 11.- As Cortes Españolas. Época Medieval e Moderna.

TEMA 12.- As Cortes Constitucionais.

TEMA 13.- A Administración Pública durante os séculos XVI- XVII.

TEMA 14.- As reformas político -administrativas dos Borbones no século XVIII.

TEMA 15.- A Administración Central na Idade Contemporánea.

TEMA 16.- A Administración Territorial nos séculos XIX e XX. Concellos e deputacións.

TEMA 17.- A fe pública: O notario.

TEMA 18.- A Coruña na Baixa Idade Media.

TEMA 19.- A Coruña e a Real Audiencia de Galicia.

TEMA 20.- A Coruña nos séculos XVI e XVII.

TEMA 21.- A cidade de A Coruña e o seu porto.

TEMA 22.- A Coruña no século XVIII.

TEMA 23.- Historia do Concello coruñés.

TEMA 24.- A Xunta do Reino de Galicia.

TEMA 25.- A Coruña no século XIX.

TEMA 26.- As institucións benéfico asistenciais da cidade do século XIX.

TEMA 27.- As institucións culturais en A Coruña dos séculos XIX e XX.

TEMA 28.- A Coruña no século XX.

TEMA 29.- Galicia e América. Historia e Fontes.

TEMA 30.- Ordenes monásticas e parroquias da cidade.

TEMA 31.- Concepto de arquivo. Funcións. Tipos, clases e categorías.

TEMA 32.- O documento de arquivo. Os seus atributos e carácteres. Clases de documentos. Tipoloxía documental.

TEMA 33.- O ciclo vital dos documentos. Xénese, transferencias e selección de documentos.

TEMA 34.- A identificación dos fondos documentais. Metodoloxía. Principios archivísticos e organización.

TEMA 35.- Descrición de fondos de arquivo. Instrumentos.

TEMA 36.- As normas internacionais de descrición: ISAD (G) e outras normas archivísticas.

TEMA 37.- A dimensión internacional dos arquivos. Organismos internacionais.

TEMA 38.- O acceso. Os usuarios dos arquivos e tipos de servizo.

TEMA 39.- Aspectos legais do acceso aos documentos de arquivo.

TEMA 40.- O documento electrónico.

TEMA 41.- A difusión nos arquivos. Servizos culturais e educativos. As publicacións nos arquivos.

TEMA 42.- O arquivo como centro de conservación: local, instalacións e equipo de conservación.

TEMA 43.- Os soportes documentais. Axentes degradantes e destrutores dos documentos. Medidas de prevención.

TEMA 44.- A Restauración dos documentos. Documentos textuais e especiais.

TEMA 45.- Reprografía: concepto e principais sistemas. A dixitalización.

TEMA 46.- A informática nos arquivos. Programas e posibilidades.

TEMA 47.- Os arquivos do Estado Español e das comunidades autónomas.

TEMA 48.- Os arquivos de Galicia.

TEMA 49.- O Arquivo Municipal da Coruña.

TEMA 50.- Fontes e bibliografía archiivística: manuais e revistas.

 

A Coruña, 28 de xuño de 2010

A XUNTA DO GOBERNO LOCAL, P.D.

0 TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE PERSOAL,

Fdo. José Federico Nogueira Fernández