Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Noticias / Convocatoria dunha bolsa para prácticas na rede de bibliotecas municipais

Convocatoria dunha bolsa para prácticas na rede de bibliotecas municipais

O Concello publica as Bases da convocatoria dunha bolsa de prácticas na rede de bibliotecas municipais destinada a titulados/as universitarios/as. O obxecto da presente convocatoria é a concesión dunha bolsa para realizar prácticas en todos os tipos de tarefas que corresponden a un técnico relacionado coa biblioteconomía, a animación á lectura e á dinamización dunha biblioteca. As prácticas realizaranse nas axencias de lectura Municipais de Cacheiras (Mediateca do Grilo) e dos Tilos que integran a rede de bibliotecas públicas municipais do Concello de Teo.

Solicitantes

Poderán participar na convocatoria as/os titulados universitarios licenciados/graduados en Historia e licenciados/graduados en Biblioteconomía e Documentación que rematasen os seus estudos con posterioridade ó primeiro de xaneiro do 2012.

Non poderán concorrer as persoas que incorran nalgunha das causas de prohibición previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Lugar e prazo de presentación

As/os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude, acompañada da documentación pertinente, no rexistro xeral do concello de Teo.

O prazo de presentación solicitudes será de oito días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación da convocatoria da bolsa na web oficial do concello de Teo e no taboleiro de anuncios do Concello. O prazo comeza o 4 de abril e remata o 17 de abril ás 23:59 horas.

A presentación da solicitude suporá a aceptación das presentes bases e a declaración dos solicitantes de cumprir cos requisitos esixidos nas mesmas.

Documentación

As/os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

  • Instancia de solicitude para participar no proceso de selección dirixida ó alcalde-presidente do Concello en que constará o nome completo, lugar e data de nacemento, número de DNI, domicilio, teléfono e e-mail a efectos de notificación.
  • Datos académicos en que se detallen os estudos cursados e calquera precisión que se estime necesaria. Acompañarase fotocopia compulsada do expediente académico.
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.
  • Curriculum vitae acompañado de fotocopias acreditativas dos méritos e formación alegados
  • Proxecto de actividades de animación e dinamización para as bibliotecas municipais tendo en conta as capacidades dos locais, o público actual e o público potencial (máximo 2 folios)

A duración da bolsa será dun ano e a dotación económica será de 700 euros brutos ó mes, ós que se lles aplicarán as retencións que procedan.