Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Técnico Medio de Biblioteca, Ayuntamiento de A Coruña

Técnico Medio de Biblioteca, Ayuntamiento de A Coruña

1 Plaza, Concurso Oposición, Acceso Libre, Grupo A2, 05-10-2011
Apertura de plazo

Bases de la convocatoria

Publicación bases 1 praza de Técnica/o Media/o de Bibliotecas, C.E. 50/08, aprobadas polo Tenente de Alcalde

Delegado de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, de data 11 de maio de 2011

1 PRAZA DE TECNICA/O MEDIA/O DE BIBLIOTECAS. C.E. 50/08

(Funcionaria/ou de carreira).

A presente Convocatoria Específica constitúe un desenvolvemento da Oferta de Emprego deste Concello para o ano

2008 (publicada en BOP do 12 de decembro de 2008) e réxese pola Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade

de prazas de funcionarias/os de carreira e persoal laboral convocadas polo Concello da Coruña no ano 2010 (BOP 14 de

decembro de 2010) en aplicación do disposto na base primeira desta, e polas seguintes normas específicas:

Clasificación da praza.

Escala de Administración Especial. Subescala Técnica. Clase Técnicos Medios.

Dotación económica.

As retribucións correspondentes ao Grupo A2, e demais retribucións complementarias segundo

acordos adoptados pola Corporación ao respecto , e concretados na relación presupostaria.

Requisitos esixidos.

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a. Estar en posesión do título de Enxeñeiro Técnico ou Diplomado Universitario. Conforme a disposición adicional quinta

da lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, se considerará equivalente ao título de

Diplomado universitario superar tres cursos completos de licenciatura,

b. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.

c. Ter cumprimentos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.

e. Non haber sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas

ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial

para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionariado, ou para

exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separada/o ou inhabilitada/o.

No caso de ser unha persoa nacional doutro Estado, non acharse inhabilitada/o ou en situación equivalente nin haber sido

sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego

público.

Número de prazas que se convocan.

Unha

Sistema de selección.

Concurso - Oposición.

Dereitos de exame.

Segundo o establecido na Ordenanza Fiscal nº1 vixente no momento da convocatoria das presentes

bases, esixiranse os dereitos de exame correspondentes a cada grupo ou subgrupo. Estarán exentas do pagamento

da taxa, logo de xustificación de circunstancias de que se trate,

a. As persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100.

b. Logo de xustificación, as persoas que figurasen como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, de

seis meses anteriores á data de convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación. Para iso deberá

presentarse o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente

Presentación de instancias.

As instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-

Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumpridas durante o prazo de vinte días naturais

contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no BOLETIN OFICIAL DO ESTADO. Así mesmo,

poderán remitirse na forma determinada na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións

Públicas e Procedemento Administrativo Común.

A instancia deberá acompañarse necesariamente de:

- Fotocopia do D.N.I.

- Carta de Pagamento acreditativa de aboar o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico

do seu abono, de acordo coa Ordenanza Fiscal reguladora vixente no prazo de presentación de solicitudes. Os dereitos de

exame só serán devoltos aos que non fosen admitidas/os ás probas selectivas por non reunir os requisitos esixidos.

- Fotocopia compulsada do título esixido para ser admitido no presente proceso selectivo de conformidade coa normativa

legal vixente.

- No seu caso, a acreditación de estar en posesión da titulación que exime de efectuar o exercicio de galego.

- Relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo a orde establecida na presente convocatoria. Á devandita

relación acompañaranse os documentos xustificativos dos méritos, orixinais ou fotocopias compulsadas.

Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

Fase de concurso:

 

Non terá carácter eliminatorio e consistirá na avaliación por parte do tribunal dos méritos que concorran en cada un dos

aspirantes, para o cal se acompañarán á instancia os documentos xustificativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) que

consideren oportunos. Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente

acreditados, en todos os seus extremos, na data de finalización do prazo de presentación dás instancias.

Non obstante, non será necesario presentar documentos que xa se achen en poder desta Administración.

Valoraranse os méritos conforme ao seguinte baremo:

a) Experiencia:

· Por servizos prestados na Administración Local en prazas da mesma categoría, e de natureza similar ao posto de

traballo convocado, a razón de 0,20 puntos por mes.

· Por servizos prestados noutras Administracións Públicas en prazas da mesma categoría, e de natureza similar ao

posto de traballo convocado, a razón de 0,10 puntos por mes.

O máximo de puntuación por este apartado será de 3,6 puntos.

b) Cursos de formación e perfeccionamento:

Pola acreditación de asistencia a cursos de formación e perfeccionamento expedido ou homologados por organismos

oficiais e directamente relacionados coas funcións propias da praza obxecto da presente convocatoria.

- Cursos de menos de 10 horas de duración 0,20 puntos

- Duración comprendida entre 10 e 20 horas 0,30 puntos.

- Cursos de máis de 20 horas 0,40 puntos.

No suposto de que as certificacións non especifiquen o número de horas concederase a puntuación mínima. Non se

puntuarán as xornadas, congresos ou similares, nin aqueles cursos ou seminarios que teñan unha duración inferior a 8

horas.

O máximo de puntuación por este apartado será de 3 puntos.

c) Coñecemento da lingua galega.

- Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa superior 2,40 puntos

- Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa media 1,80 puntos

- Por estar en posesión do título de perfeccionamento,

a súa validación, ou Celga 4 1,20 puntos

- Por estar en posesión do título de iniciación ou Celga 2 0,60 puntos

En caso de estar en posesión de distintas titulacións, valorarase unicamente o nivel máis alto de formación.

A puntuación obtida nesta fase será computada na valoración final dos aspirantes que superasen a fase de

oposición.

Fase de oposición

 

A oposición constará de cinco exercicios, sendo todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio. O quinto exercicio terá

carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Primeiro exercicio. - Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, un cuestionario de 20 preguntas

con respostas curtas, determinadas polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e relacionado coas

materias comprendidas no Anexo I desta convocatoria. Neste exercicio valorarase o contido das respostas e a capacidade

de redacción así como a concreción e a claridade na exposición.

O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo

eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar

a puntuación mínima.

Segundo Exercicio: Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período de tres horas, dous temas de entre tres

temas extraidos ao chou polo Tribunal, da Parte Especial do temario, contido no Anexo II da presente Convocatoria.

Este exercicio poderá ser lido ou exposto publicamente, se así acórdao o Tribunal xuzgador. Así mesmo, o tribunal poderá

entrevistar os aspirantes sobre as materias obxecto dos exercicios expostos, e pedirlle explicacións complementarias

sobre o contido do tema desenvolvido así como sobre as competencias precisas para o desempeño da praza obxecto da

convocatoria.

Cada membro do tribunal disporá de fotocopias dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

A cualificación global deste exercicio será de 0 a 20 puntos. Cada tema cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso

alcanzar un mínimo de cinco puntos en cada un dos temas para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a

obteñan. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Terceiro exercicio. - De carácter práctico, consistente na realización, durante un período de dúas horas dun suposto

práctico, de contido técnico, a elixir entre dous, que proporá o Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio. Os

supostos formulados polo Tribunal versarán sobre os contidos das materias comprendidas na Parte Especial do Anexo I

desta Convocatoria.

Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo,

sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para

alcanzar a puntuación mínima.

Cuarto exercicio. - Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, nun tempo

máximo de 1 hora. Os textos serán elixidos polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, correspondéndolle

ao Tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para superar a proba.

O presente exercicio puntuarase como apto ou non apto.

Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA

IV ou equivalente estarán exentos da realización do presente exame.

Quinto exercicio. - De carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá no manexo de ordenador a nivel de usuaria/ou.

Para esta proba utilizaranse ferramentas informáticas (Windows XP, Officce97 e Openoffice 3), durante un tempo máximo

de trinta minutos. Este exercicio será puntuado de 0 a 3. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para

alcanzar a puntuación mínima.

Publicidade do proceso selectivo. A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as

comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no Taboleiro de Edictos deste Concello, a través do

teléfono de información municipal 010 (981184278 para chamadas fóra do termo municipal) e na páxina web do Concello

da Coruña, (www. coruna.es/oposiciones) sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.

Cualificación final. - As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no Taboleiro

de Anuncios deste Concello e na paxína web do Concello da Coruña.

Previamente á fase de oposición, o tribunal procederá á baremación da fase de concurso e publicarase na páxina web

do Excmo. Concello da Coruña, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes

que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados

a partir do día seguinte ao da publicación da baremación.

Á vista das reclamacións que se presenten e, no caso de ser estimadas, realizaranse as oportunas correccións na

baremación e procederase á publicación definitiva na páxina web do Excmo. Concello da Coruña. Contra esta resolución,

poderán as/os interesadas/os interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no art. 114 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

A orde de prelación dos aspirantes que superen o proceso selectivo realizarase de acordo coa suma das puntuacións

obtidas nas fases de oposición e de concurso, non podendo superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas

convocadas. Non obstante o anterior, sempre que o tribunal propuxese o nomeamento de igual número de aspirantes

que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura destas, cando se produzan renuncias das/os aspirantes

seleccionadas/os, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que

sigan aos propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarias/os de carreira. Para os efectos previstos neste

punto terán a mesma consideración que as renuncias os supostos referidos aos aspirantes que dentro do prazo fixado non

presenten a documentación requirida ou que do seu exame se deduza que carecen dos requisitos establecidos no punto 3

da presente convocatoria.

O tribunal poderá declarar desertas aquelas prazas obxecto da presente convocatoria que non resulten cubertas á súa

finalización por non superar o proceso selectivo o número suficiente de aspirantes.

En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade:

1º A nota máis alta no primeiro exercicio da fase de oposición

2º A nota máis alta no segundo exercicio da fase de oposición

3º A nota máis alta no terceiro exercicio da fase de oposición.

ANEXO I - Temario

Parte Xeral

 

TEMA 1.- A Constitución Española de 1978. Estrutura. Título Preliminar. Reforma Constitucional.

TEMA 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma: O Parlamento. O consello da

Xunta. O Presidente.

TEMA 3.- A Lei: Concepto e clases. Disposicións normativas con forza de lei. O Regulamento: concepto. Clasificación

dos regulamentos.

TEMA 4.- O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade

e anulabilidade.

TEMA 5.- O procedemento administrativo; Iniciación, ordenación, instrución e terminación.

TEMA 6.- Finalización do procedemento: a obriga de resolver. O silencio administrativo.

TEMA 7.- Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios.

TEMA 8.- O municipio. Elementos. Territorio e poboación.

TEMA 9.- Municipios de Gran Poboación: O Alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento. Os Tenentes de

Alcalde. A Xunta de Goberno Local: Composición e atribucións. O Concello Pleno. Composición e competencias. As Comisións

Informativas.

TEMA 10.- A Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. Clases de funcionarias/os. Situacións

administrativas. Réxime disciplinario.

TEMA 11.- Dereitos e deberes dos funcionarias/os locais. Código de conduta das/vos empregadas/os públicas/os.

Réxime de incompatibilidades.

TEMA 12.- A Lei de Contratos do sector público: A contratación administrativa. Clases de contratos. Elementos dos

contratos. Os suxeitos. Obxecto e causa dos contratos públicos. A forma de contratación administrativa e os sistemas de

selección do contratista. A formalización dos contratos. Os contratos menores.

TEMA 13.- Facendas Locais: A Lei reguladora das Facendas Locais. Os recursos das Facendas Locais. Taxas e prezos

públicos.

TEMA 14.- Políticas de igualdade. Medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Parte Especial

 

TEMA 15.- Concepto de biblioteca. Tipos de bibliotecas e a súa función.

TEMA 16.- Bibliotecas públicas. Concepto, funcións e servizos. Evolución da biblioteca pública nos últimos anos

TEMA 17.- Bibliotecas nacionais. Concepto, funcións e servizos

TEMA 18.- Bibliotecas escolares. Concepto, funcións e servizos

TEMA 19.- O Manifesto da Unesco para as Bibliotecas Públicas

TEMA 20.- Organismos nacionais e internacionais no ámbito das bibliotecas. Obxectivos e actividades

TEMA 21.- Lexislación de Galicia en materia de bibliotecas. Lexislación española en materia de bibliotecas

TEMA 22.- Bibliotecas Municipais da Coruña

TEMA 23.- Novas vías de financiamento das bibliotecas públicas

TEMA 24.- Ética e deontoloxía na profesión bibliotecaria

TEMA 25.- Dereitos de autor, propiedade intelectual e bibliotecas públicas

TEMA 26.- Sistemas e redes de bibliotecas. Os consorcios de bibliotecas

TEMA 27.- Xestión da colección: selección e adquisición dos fondos

TEMA 28.- Xestión da colección: formación da colección, mantemento e actualización

TEMA 29.- Xestión da colección: organización dos recursos

TEMA 30.- Xestión da colección: proceso técnico e administrativo dos recursos

TEMA 31.- Xestión da colección: a colección local na biblioteca pública

TEMA 32.- Xestión da colección: a colección infantil na biblioteca pública

TEMA 33.- Sistemas de calidade en bibliotecas públicas

TEMA 34.- Avaliación dos procesos e os servizos da biblioteca pública

TEMA 35.- A formación de usuarios na biblioteca pública

TEMA 36.- A alfabetización informacional

TEMA 37.- Edificios de bibliotecas. Planificación, xestión, organización de espazos e equipamento en bibliotecas

públicas.

TEMA 38.- Concepto de literatura infantil. Orixes, desenvolvemento e correntes actuais na literatura infantil

TEMA 39.- A mercadotecnia nas bibliotecas públicas

TEMA 40.- Os profesionais das bibliotecas: formación, perfís, competencias e organización

TEMA 41.- A planificación na biblioteca pública

TEMA 42.- Bibliotecas e cidadanía: a biblioteca como ben público

TEMA 43.- A biblioteca pública e o traballo en rede no ámbito local. Cooperación con outros axentes do territorio

TEMA 44.- Lectura, animación á lectura e promoción lectora: conceptos e características

TEMA 45.- Promoción da lectura na biblioteca pública: bases para a elaboración de programas e deseño de

actividades

TEMA 46.- Promoción da lectura: actividades de promoción e animación á lectura na biblioteca pública

TEMA 47.- Programas e actividades nas Bibliotecas Municipais da Coruña: animación e promoción lectora; formación e

aprendizaxe; outros programas e actividades

TEMA 48.- Biblioteca pública e sociedade da información

TEMA 49.- Os servizos da biblioteca pública. Situación actual e tendencias. Servizos en liña e servizos presenciais

TEMA 50.- Os servizos de información na biblioteca pública

TEMA 51.- O servizo de empréstito na biblioteca publica. Tipos de empréstito

TEMA 52.- Os servizos das Bibliotecas Municipais da Coruña. Destinatarios, funcionamento e normas de acceso e uso

TEMA 53.- A extensión bibliotecaria na biblioteca pública

TEMA 54.- Minusvalidez e biblioteca pública

TEMA 55.- Diversidade cultural e biblioteca pública

TEMA 56.- A área infantil na biblioteca pública: recursos, espazos, servizos e actividades

TEMA 57.- Bibliotecas públicas e novas: recursos, espazos, servizos e actividades

TEMA 58.- As novas tecnoloxías ao servizo da información e a documentación. Da biblioteca tradicional á biblioteca

electrónica

TEMA 59.- Del OPAC tradicional aos portais de información

TEMA 60.- Imaxe social da biblioteca pública. Difusión e promoción da bibliotecas públicas

TEMA 61.- Proxectos europeos vixentes de impulso das bibliotecas públicas

 

A Coruña, 11 de maio de 2011
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, P.D.
O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE PERSOAL,
Fdo. José Federico Nogueira Fernández