Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Técnico Medio de Archivos, Ayuntamiento de Vigo

Técnico Medio de Archivos, Ayuntamiento de Vigo

1 Plaza, Subgrupo A2, Oposición, Acceso Libre, 31-10-2012
Pendiente de apertura de plazo

 

Bases generales

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira
vacantes no cadro de persoal do concello deVigo dos anos 2010 e 2011, incluídas nas ofertas de emprego
público publicadas no BOP do 4 de febreiro de 2011 e no DOG do 18 do mesmo mes (oferta emprego
2010) e, do 16 de febreiro de 2012 e 28 do mesmo mes, no que respecta á oferta de emprego 2011, e que
comprende a cobertura das seguintes prazas de persoal funcionario:
  • Técnico/a medio/a de Arquivos 1 praza

 

NATUREZA E CARACTERÍSTICAS.

En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da

libre (promoción interna ou cota de discapacidade).

PUBLICIDADE DAS CONVOCATORIAS.

O texto íntegro das bases xerais e específicas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no Diario

Oficial de Galicia e no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu

anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal

www.vigo.org.

CONDICIÓNS XERAIS DOS/DAS ASPIRANTES.

Para seren admitidos/as á realización das probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo

56 da lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado público, as e os candidatos que desexen

participar no proceso selectivo deberán posuír o día de finalización do prazo de presentación de

solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión, ademais dos que se establezan nas respectivas

bases específicas para cada unha das prazas convocadas, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da

Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade, e non exceder da idade establecida como máxima para o

ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder no seu caso, a idade máxima de xubilación

forzosa.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias

ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes

para tomar parte nas probas selectivas.

d) No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo

organismo competente para establecelas e expedilas.

e) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, sen prexuízo de que sexan

admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións cos demais aspirantes,

segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei

53/2003, do 10 de decembro.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas agás que veñan

establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións

correspondentes.

Na presente oferta de emprego resérvase un 5% das vacantes para seren cubertas entre persoas con

discapacidade igual ou superior ao 33%. A opción a estas prazas reservadas haberá de formularse na

solicitude de participación nas convocatorias, coa achega de declaración expresa das persoas interesadas

de reuniren o grao de discapacidade requirido, acreditado mediante certificado expedido ao efecto polos

órganos competentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou, de ser o caso, da Comunidade

Autónoma. Na propia solicitude o/a interesado/a deberá reflectir as necesidades específicas que teña

para acceder ao proceso selectivo en igualdade de condicións que o resto dos aspirantes. Igualmente

deberá acreditarse mediante certificado expedido ao efecto polos órganos competentes, a

compatibilidade do grao de discapacidade co posto de traballo ao que se solicita concorrer.

En todo caso, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso

á función pública en condicións de igualdade, observarase o disposto no Real decreto 2271/2004, do 3

de decembro, polo que se regulan o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das

persoas con discapacidade, así como a normativa vixente en materia de función pública de concordante

aplicación.

Para resolver, os órganos de selección poderán requirir informe e, de ser o caso, colaboración dos

órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

f) Non estar separado/a do servizo en ningunha Administración pública en virtude de expediente

disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións

públicas.

g) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que

determine a lexislación vixente.

h) Xustificante de ter ingresado a taxa para participar nos procedementos de selección e

promoción de persoal.

O ingreso da taxa esixirase en réxime de autoliquidación, utilizando o impreso normalizado que

se poderá obter telematicamente, a través da páxina web do Concello de Vigo (https://cdixital.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_oposiciones.jsp), ou ben presencialmente na

Oficina de Información do Concello deVigo sita na planta baixa da Casa Consistorial.

Unha vez obtido o impreso de autoliquidación, os/as interesados/as deberán ingresar o importe que

corresponda, que se poderá realizar telematicamente ou en calquera entidade de depósito autorizada.

Para estes efectos, as cantidades establecidas na vixente ordenanza son as seguintes:

Prazas integradas no Grupo A, subgrupos A1 e A2: 34,15 euros.

Prazas integradas no Grupo C, Subgrupos C1 e C2: 19,10 euros.

Prazas integradas no subgrupo Transitorio E: 19,10 euros.

As referidas contías actualizaranse en aplicación da ordenanza municipal aprobada polo Pleno da

Corporación para cada exercicio económico.

i) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación

substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado

expedido de oficio, no cal se faga constar que o/a interesado/a cumpre as condicións para participar

esixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de rematar o prazo de admisión de

solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

FORMA DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA A FASE DE CONCURSO.

No suposto da promoción interna, e cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os/as

aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso antes da finalización do prazo de

presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no

correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada, xunto cunha vida laboral actualizada

expedida pola Administración da Seguridade Social, onde consten os períodos alegados como

experiencia profesional.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros

organismos oficiais que non lla tivesen facilitado antes da finalización do prazo de presentación de

instancias, deberá aportar no devandito prazo, a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto

cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose

expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración se non fose presentada antes da data da sesión

de valoración do concurso.

O órgano de selección poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para

xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados.

Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestados servizos no concello de Vigo, bastará con

facelo constar en declaración xurada que se presentará xunto coa solicitude e na cal figure a data ou

datas de inicio e finalización dos servizos ao concello e o departamento, servizo ou unidade na que se

prestaron.

No caso contrario deberase achegar a correspondente certificación dos servizos prestados por parte

do/a aspirante.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente do concello de Vigo, e presentaranse no Rexistro

Xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da

convocatoria no Boletín Oficial do Estado para persoal funcionario e laboral e anuncio da convocatoria

no Boletín Oficial da Provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna. A solicitude

conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, enderezo, núm. de teléfono fixo/móbil, ender de correo electrónico e a denominación da praza convocada á cal opta, xunto cunha copia do DNI e

xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

En ningún caso, a presentación do pagamento da taxa por dereitos de exame suporá a substitución

do trámite de presentación de solicitude.Así mesmo, a falta de pagamento dos dereitos de exame dentro

do prazo regulamentario de presentación de solicitudes, non poderá ser obxecto de subsanación e

determinará a exclusión do/a aspirante.

Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición das e dos solicitantes no servizo de

Información sito na Casa do Concello e na páxina web municipal (http://www.vigo.org).

Así mesmo,tamén poderanse presentar nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común.

As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderanse cursar no prazo sinalado a través

das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán

seguidamente ao organismo competente.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando

se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

Cando sexa necesario a adaptación de tempos, levarase a cabo de conformidade co disposto na Orde

PRE/1822/2006, do 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para adaptación de tempos

adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e

normativa de concordante aplicación.

ADMISIÓN.

Rematado o prazo de presentación de instancias, no prazo máximo de dous meses a Xunta de

Goberno Local adoptará acordo no que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos/as e

excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación

do órgano de selección.

A resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Editos da Corporación,

así como na páxina web do concello, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de

admitidos e excluídos están expostas ao público no dito Taboleiro de Editos xunto coa composición do

órgano de selección. Concédese un prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da publicación da

resolución no Boletín Oficial da Provincia, para a corrección, por parte de quen fose excluído/a, dos

defectos a que alude o art. 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, así como para promover

a recusación dos membros dos órganos de selección. A publicación da dita resolución no Boletín Oficial

da Provincia será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade

co previsto na invocada lei.

A lista provisional elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese.

No caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a

resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios

oficiais, nun prazo máximo dun mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.

O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non presupón que se lles recoñeza aos/as

interesados/as a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, os cales deberán

ser xustificados documentalmente no suposto de que os/as aspirantes admitidos/as superen as probas

selectivas.

ORGANO DE SELECCIÓN

O órgano de selección deberá acordar na sesión constitutiva o número máximo de sesións, incidencia

que se recollerá na correspondente acta, e só se poderá ampliar por causa xustificada mediante novo

acordo, debidamente motivado.

 

8.1. COMPOSICIÓN.

O órgano de selección das probas selectivas terá carácter colexiado e estará integrado por 5 membros,

un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e tres vogais, así como os respectivos suplentes, designados

polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non poderá exercerse esta en

representación ou por conta de ninguén.

A composición dos órganos de selección será predominantemente técnica, e todos os membros

deberán contar cun nivel de titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á

praza; non poderá formar parte o persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos

e o persoal eventual.

Correspóndelle á presidencia acordar as convocatorias das sesións ordinarias e extraordinarias,

presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas,

asegurar o cumprimento das leis, dirimir co seu voto os empates nos termos legalmente previstos, visar

as actas e certificacións dos acordos do órgano de selección e os demais que lle outorgue a lexislación

vixente.

O/a secretario/a, que intervirá con voz e sen voto, desempeñará funcións de asesoramento legal ao

órgano de selección, custodia dos exames e actas, elaboración de actas dos acordos e informe xurídico

en relación cos recursos administrativos que se poidan presentar contra os actos e acordos do órgano de

selección. Igualmente deberá realizar as funcións previstas no artigo 25 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común,

modificada pola Lei 4/1999.

8.2. ASESORES ESPECIALISTAS.

O órgano de selección poderá contar con asesores/as especialistas para a realización de todas ou

algunha das probas, estes/as colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas

especialidades técnicas e deberán comparecer a título individual, con voz e sen voto.

8.3. ASISTENCIA TÉCNICO-ADMINISTRATIVA.

Os órganos de selección contarán coa asistencia técnica-administrativa do persoal do Servizo de

Recursos Humanos, con funcións vinculadas ao desenvolvemento dos distintos exercicios previstos. As

ditas funcións exerceranse sempre de acordo coas instrucións recibidas do órgano de selección, tras o

acordo adoptado por este na sesión constituínte e documentado na correspondente acta.

8.4. REGRAS DE FUNCIONAMENTO.

8.4.1. CONSTITUCIÓN DO ÓRGANO DE SELECCIÓN.

Cada presidente/a convocará aos demais membros do seu órgano de selección, con indicación do

lugar, data e hora de constitución.

Para a válida constitución do órgano de selección para os efectos da realización das distintas probas,

deliberacións, cualificacións e adopción de acordos, requirirase en calquera caso, a presenza do

presidente e do secretario ou, de ser o caso, de quen os substitúa, e máis a metade, cando menos, dos

vogais integrantes.

No caso de vacante por ausencia, enfermidade ou calquera outra causa legal, o/a presidente/a será

substituído/a, segundo o disposto na resolución que o/a nomeou. No caso de que tampouco poida

concorrer a persoa substituta, corresponderalle a presidencia do órgano de selección ao vogal de maior

antigüidade e de máis idade, de entre os seus membros.

No caso de vacante por ausencia, enfermidade ou calquera outra causa legal, o/a secretario/a será

substituído/a, segundo o disposto polo órgano que o/a nomeou. No caso de que tampouco poida concorrer

a persoa substituta, corresponderá a función de secretario a un dos vogais, tralo acordo adoptado polo

órgano de selección na primeira sesión logo da súa constitución.

 

As resolucións do órgano de selección vinculan á Administración, sen prexuízo de que esta, de ser o

caso, poida proceder a súa revisión, conforme ao previsto no artigo 102 e seguintes da Lei 30/1992, do

26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo

común.

Contra as resolucións e actos do órgano de selección e os seus actos de trámite cualificados, poderanse

interpoñer os recursos que legalmente procedan en dereito.

O órgano de selección adaptará o tempo e os medios de realización dos exercicios dos/das aspirantes

con discapacidade, de forma que se garanta a igualdade de oportunidades cos demais participantes, nos

termos establecidos na normativa vixente.

8.4.2. AUSENCIAS TEMPORAIS DOS MEMBROS DO ÓRGANO DE SELECCIÓN.

Unha vez constituído validamente o órgano de selección, cando algún dos seus membros se ausente

durante a realización ou corrección das probas, o/a secretario/a farao constar na correspondente acta.

Se a ausencia ten lugar durante a corrección mediante lectura pública dun exercicio, o/a secretario/a

deberá facer constar expresamente tal circunstancia na acta; o/a vogal ausente non poderá outorgar

puntuación ao exercicio realizado.

8.4.3. ABSTENCIÓN E RECUSACIÓN.

Os membros do órgano de selección deberanse abster de intervir, e notificaranllo ao órgano que os

designe, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común,

así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco

anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte ao disposto no artigo 13.2

do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán recusar aos membros do órgano de selección cando, ao

seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, conforme ao

establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións

públicas e do procedemento administrativo común.

8.4.4. PUBLICIDADE.

Todas as actuacións do órgano de selección publicaranse no taboleiro de editos da corporación e no

de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas, así como na páxina web do concello.

8.4.5. PROPOSTA DE NOMEAMENTO.

O órgano de selección non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario ou declarar que

superaron as probas un número de aspirantes superior ao das prazas que se convocan, agás cando así o

determine a propia convocatoria.

Con todo, sempre que os órganos de selección propuxesen o nomeamento de igual número de

aspirantes ca o de prazas convocadas, e con fin de asegurar a cobertura destas, cando se produzan

renuncias de aspirantes seleccionados, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano

convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria de aspirantes que sigan aos

propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo, nos

termos do establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

8.4.6. DEREITOS ECONÓMICOS DOS MEMBROS DO ÓRGANO DE SELECCIÓN.

A categoría de cada órgano de selección, e os conseguintes dereitos económicos pola asistencia ás

distintas sesións, regularanse polo disposto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre

indemnizacións por razón do servizo.

 

Os dereitos económicos dos asistentes aos órganos de selección, técnicos especialistas e

administrativos, rexeranse tamén polo dito real decreto, e percibirán a mesma cantidade cá

correspondente a un vogal, sempre que a súa asistencia fose requirida polo/a presidente/a do citado

órgano e así conste expresamente na acta.

Estas mesmas normas rexerán en canto á determinación do número máximo de asistencias para cada

proceso selectivo, que determinará o presidente do órgano de selección, unha vez coñecido o número de

aspirantes admitidos.

As asistencias devengaranse por cada sesión realizada, con independencia de se esta se estende a

máis dun día. No caso de que nun mesmo día se realice máis dunha sesión, devengarase unicamente

unha asistencia.

COMEZO DOS EXERCICIOS.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no Boletín Oficial da Provincia

e no Taboleiro de Editos da Corporación, atrasándose a data de inicio das probas para cumprir o dito

prazo se for preciso.

Os exercicios e as probas practicaranse en chamamento único. A non presentación dun/dunha

aspirante a calquera dos exercicios no momento de ser chamado/a, determinará automaticamente o

decaemento do seu dereito a participar no mesmo exercicio e nos sucesivos, quedando excluído/a, en

consecuencia, do procedemento selectivo. Deberán presentarse para a realización de cada exercicio

provistos/as do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do órgano de

selección, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas.

Nos concursos-oposicións relativos a prazas reservadas para a promoción interna comezarase pola

fase de concurso. O órgano de selección reunirase coa antelación necesaria para que se cumpra a data

de realización dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición, así como a relación de aprobados

por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de editos e no de anuncios do lugar onde se realicen,

así como na páxina web municipal.

SISTEMAS DE SELECCIÓN.

Con carácter xeral establécese a oposición libre, agás para a quenda de promoción interna, para a

cal se establece o sistema do concurso-oposición.

Cando o sistema de selección sexa o concurso-oposición, rexerase polas seguintes normas:

10.1. FASE DE OPOSICIÓN:

Agás que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a

fase de oposición constará como mínimo de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito.Así mesmo, o órgano de selección poderá

acordar a lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en

sesión pública; no caso de que o exercicio sexa eliminatorio o/a aspirante que non acuda á lectura

pública será declarado non apto/a e, polo tanto, eliminado/a do proceso selectivo.

A forma de practicarse o exercicio será acordada polo órgano de selección en cada caso, en función

das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.

No exercicio práctico o órgano de selección poderá propoñer os casos prácticos que se sinalen nas

bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario específico, e con

base neles, establecer a súa duración, sen prexuízo do que se poida establecer nas bases específicas. Así

mesmo, cando as características deste exercicio requira o uso de lexislación, non se permitirá o manexo

de textos comentados nin libros de formularios.

 

A solución dos casos prácticos, ou cando menos os criterios para a súa avaliación, deberán ser fixados

polo órgano de selección antes de se iniciar o exame, e constar na correspondente acta.

Tamén se poderá realizar unha proba de informática e/ou coñecemento de idiomas oficiais da Unión

Europea, adecuada ao nivel de titulación e funcións da praza, e que figurará nas bases específicas.

Ademais realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega, que fixará o órgano de selección

atendendo á categoría e ás funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas

bases específicas de cada convocatoria.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo

regulamentario de presentación de solicitudes, posuír o título CELGA ou equivalente debidamente

homologado, correspondente ao nivel de estudos esixido para participar nas probas selectivas de que se

trate, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos

dos niveis de coñecemento da lingua galega (Anexo I) aos cales se lles asignarán 2 puntos.

As e os aspirantes que aleguen estar exentos deste exercicio deberán achegar no prazo regulamentario

de presentación solicitudes, copia compulsada do dito título ou equivalencia correspondente.

Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un, e quedará eliminado

quen non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

A proba de informática cualificarase cun máximo de 2 puntos, e a/o aspirante que non obteña un

mínimo de 1 punto está obrigado/a a participar no primeiro curso que realice o concello, co fin de obter

a debida capacitación, agás que nas bases específicas se dispoña outra cousa.

A proba de coñecemento de lingua galega, e no seu caso, a de idiomas oficiais da Unión Europea,

cualificaranse cun máximo de 2 puntos.

A/o aspirante que non obtivese 1 punto, como mínimo, nesta proba deberá participar no primeiro

curso de lingua galega que realice a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico

competente, co fin de obter a debida capacitación.

A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder do 40% do total da

puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, co límite exposto no parágrafo anterior, nos

exercicios da oposición e nas probas de coñecemento de informática e da lingua galega, suporá a

puntuación total da proba selectiva, que servirá para elaborar a relación de persoas aprobadas por orde

de puntuación.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións

de todos os membros do órgano de selección asistentes á sesión. Non se terán en conta a puntuación

máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia

de 3 puntos ou máis.

Segundo os grupos ao que pertenzan as prazas, o número de temas para quenda libre será, como

mínimo, o seguinte, de conformidade co disposto no artigo 8 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño:

— Subgrupo A1: 90 temas.

— Subgrupo A2: 60 temas.

— Subgrupo C1: 40 temas.

— Subgrupo C2: 20 temas.

— Agrupacións profesionais: 10 temas.

Para a quenda de promoción interna, establece o seguinte número mínimo de temas:

— Subgrupo A1: 90 temas.

— Subgrupo A2: 50 temas.

— Subgrupo C1: 15 temas.

 

— Subgrupo C2: 8 temas.

— Agrupacións profesionais: 5 temas.

Se os exames non fosen corrixidos ao remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e

selará; sobre o precinto asinarán todos os membros do órgano de selección presentes, así como, sempre

que fose posible, un número similar de aspirantes. O sobre quedará baixo a custodia do/a secretario/a

para a súa apertura ao inicio da sesión en que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do órgano de selección será a que este acorde con anterioridade

á corrección dos exercicios, e deberá facerse constar na acta.

Os membros do órgano de selección só poderán cualificar os exames en que tivesen unha intervención

directa na súa corrección, consonte ao disposto na base 8.4.2.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de

oposición; de persistir o empate, polo que obtivese maior puntuación no epígrafe de coñecementos ou

experiencia profesional. De seguir persistindo o empate, a/o de maior idade.

Naqueles exercicios nos que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o

órgano de selección antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para

establecer a devandita orde.

10.2. FASE DE CONCURSO.

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, agás que legalmente

se esixa outro:

a)  Coñecemento e experiencia profesional:

Valorarase con 0,10 puntos por cada fracción de seis meses, ata un máximo de 2 puntos. Deberase

acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e xustificaranse con certificación

de servizos prestados expedida polo organismo oficial no que se prestaron e, vida laboral expedida pola

Tesourería Xeral da Seguridade Social á cal se deberá xuntar contrato de traballo inscrito no Servizo

Público de Emprego Estatal (SEPE) ou nóminas, se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos

cales se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza.

b) Por participación en cursos homologados, acreditado mediante o correspondente certificado de

asistencia, os cales sexan expedidos por un organismo oficial, centro homologado para

impartilos ou colexio profesional, e que teñan relación directa coas funcións de calquera dos

postos a que se adscriba a praza.

No caso de centros ou cursos homologados, na certificación que o/a aspirante presente dentro do

prazo establecido para isto, deberá constar a resolución expresa de homologación.

Nas convocatorias específicas poderá figurar a relación de cursos con dereito a ser valorados.

Para que os cursos poidan ser avaliados deberán ter relación directa coas funcións dos postos aos

que poidan ser adscritos os titulares da praza, relación que establecerá motivadamente o Órgano de

Selección na sesión na que teña lugar a valoración dos méritos dos/as aspirantes na fase de concurso.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Servizo

Público de Emprego Estatal ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas, sempre

que teñan relación directa coas funcións do posto a que se aspira.Así mesmo,tamén poderán se poderán

valorar os doutros organismos oficiais competentes para impartir os cursos propios de cada oficio e, os

derivados dos acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por sindicatos ou

confederación de empresarios, sempre e cando teñan relación directa coas funcións do posto ao que se

aspira.

—  Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60

puntos.

—  Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40

puntos.

 

— Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20

puntos.

—  Por cada curso no que non se especifique a duración, ou inferior a dúas xornadas: 0,10 puntos.

Respecto á acreditación do coñecemento da lingua galega, so poderán ser valorados:

— Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa medio: 0,25 puntos.

—  Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 0,50 puntos.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

A puntuación máxima por esta epígrafe non poderá exceder os 3 puntos.

c) Titulacións ou certificados de estudos regulamentados que teñan relación coas funcións da

praza:

—  Por cada título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, excluído o necesario

para o acceso á praza e os que serviron para obter os superiores que se alegan como mérito:

1 punto se son superiores aos do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo

nivel.

Por cada título expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

Neste último caso deberá acreditarse fidedignamente que a duración dos estudos necesarios para

obter o título é, como mínimo, dun curso académico ou no seu defecto, nove meses.

A puntuación por este epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.

CALENDARIO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS.

Para o seu inicio estarase ao disposto na base novena.

Entre a realización de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios) deberá

transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

Unha vez comezados os exercicios dos procesos selectivos, non será obrigatoria a publicación dos

sucesivos anuncios de realización das restantes probas no Boletín Oficial da Provincia. Será suficiente

coa publicación polo órgano de selección na dirección web municipal e no taboleiro de editos da casa

do concello e, de ser o caso, nos locais ou instalacións onde se realizase a proba anterior, con polo menos

12 horas de antelación ao comezo cando se trate do mesmo exercicio, e de 24 horas se é un novo.

QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA.

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes

especificidades:

12.1 A promoción interna consiste no ascenso dende corpos ou escalas dun subgrupo de titulación a

outro do inmediato superior, ou no acceso a corpos ou escalas do mesmo grupo de titulación, sempre

que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas. En calquera

caso a promoción interna rexerase polo disposto no títuloV do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo,

do Regulamento xeral de ingreso e normativa de concordante aplicación.

12.2 Réxime de promoción interna:

a) Poderán participar nas probas de promoción interna o persoal municipal encadrado no cadro

de persoal deste concello, que non se atope en situación administrativa de suspensión firme,

sempre que teñan unha antigüidade de polo menos 2 anos no corpo ou escala á que pertenzan

o día da finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, e posuír a

titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ao corpo ou

escala en cal aspiran ingresar.

b) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, agás que por imperativo legal

se esixa outro.

 

c)  Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, agás que legalmente se esixa outro ou que nas

bases específicas se estableza outro diferente:

1.—Antigüidade. Por cada ano, ou despois do primeiro ano unha fracción superior a seis meses

integrado no grupo ou escala de orixe: 0,30 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2.—Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola

Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación

continua de Administracións públicas (I, II, III e IV AFCAP), dentro do seu labor de formación e

capacitación permanente do persoal, Centro de Estudios Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ou

outros organismos oficiais competentes para impartir os cursos, cursos incluídos nos plans anuais de

formación do concello, sempre que o certificado de asistencia o expida o concello e cursos impartidos

por colexios profesionais e centros homologados.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Servizo

Público de Emprego Estatal (SEPE) ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas

sempre que teñan relación directa coas funcións do posto ao que se aspira.Así mesmo,tamén se poderán

valorar os impartidos por outros organismos oficiais competentes para impartir os cursos propios de

cada oficio e os derivados dos acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por

sindicatos ou confederación de empresarios, sempre e cando teñan relación coas funcións do posto ao

que se aspira.

—  Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60

puntos.

—  Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40

puntos.

—  Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20

puntos.

—  Por cada curso no que non se especifique a duración, ou inferior a dúas xornadas: 0,10 puntos.

Os cursos de coñecemento da lingua galega valoraranse do seguinte xeito:

—  Por superar o curso ou validación de iniciación/CELGA 3: 0,25 puntos.

—  Por superar o curso ou validación de perfeccionamento/CELGA 4, ou curso básico de linguaxe

xurídico-administrativa: 0,50 puntos.

—  Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,75 puntos.

—  Por superar o curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

No caso de centros ou cursos homologados, na certificación que o/a aspirante presente dentro do

prazo para isto establecido, deberá constar a resolución expresa de homologación.

Para que os cursos poidan ser valorados deberán ter relación directa coas funcións dos postos aos

que poidan ser adscritos os titulares da praza, relación que establecerá motivadamente o órgano de

selección na sesión na que teña lugar a valoración dos méritos dos/as aspirantes na fase de concurso.

Nas convocatorias específicas poderá figurar a relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 3 puntos.

3.—Titulacións académicas:

3.1.—Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto. (Só se

puntuará unha como máximo).

3.2.—Por estar en posesión doutras titulacións do mesmo nivel que o esixido para o ingreso na praza,

como mínimo, excluída a que serviu para obter a que se alega como mérito, sempre que teña relación

directa coas funcións dos postos aos que se poida adscribir a praza segundo a RPT vixente: 1 punto.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

 

e) Fase de oposición.

Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.

Non obstante, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a

comprobar o coñecemento da praza á que se aspira promocionar, polo que o número mínimo de temas

será o previsto na base X, apartado 1).

Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento da lingua galega, agás que as bases

específicas establezan o contrario.

Os aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixir destino, entre as vacantes

existentes.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas so precisan manifestar na súa

instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior –agás o D.N.I, a

carta de pagamento dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser

tidos en conta na fase de concurso- os/as aspirantes propostos/as para ocupar as prazas convocadas

achegarán no Servizo de Recursos Humanos, dentro do prazo de 20 días naturais contados dende que se

faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e

demais requisitos contidos na base 4ª.

A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as dos

apartados a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de

estranxeiros, debidamente compulsados por ambos os lados; a do apartado c) e d) co título oficial ou

copia autenticada, e no seu defecto, resgardo de ter efectuado o depósito para obter o (no caso de

titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de

Educación, Cultura e Deporte na que se faga constar a súa equivalencia coa esixida para o acceso); a do

apartado e) deberá acreditarse a través da superación do correspondente recoñecemento médico que

contará, con carácter xeral, coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou

defecto físico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo, e sen prexuízo das probas

concretas que poidan esixirse nas bases específicas de cada convocatoria. Se non se esíxese o anterior

requisito, o/a aspirante deberá achegar certificado médico oficial para o efecto; as dos apartados f) e g)

con declaración xurada.

Se dentro do prazo indicado as/os aspirantes propostos non presentasen a documentación ou non

reunisen os requisitos esixidos non poderán ser nomeados/as, sen prexuízo das responsabilidades en

que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de empregado/a público/a está exento/a de presentar a documentación

acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados no momento da súa toma de posesión, e

substituíraa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servizos, agás que

sexa no concello deVigo, que se fará de oficio.

PERÍODO DE PRÁCTICAS E CURSOS SELECTIVOS.

Nas convocatorias específicas poderase establecer a realización dun período de prácticas ou dun

curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados/as funcionarios/as

en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de

prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria,

perderán todos os seus dereitos a ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderanse incorporar, en todo caso, ao curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación

asignada ao último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán todos os seus dereitos

a ser nomeados funcionarios de carreira.

 

NOMEAMENTO

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo, de ser o caso, os/as que o

superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Os nomeamentos publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

TOMA DE POSESIÓN.

A formalización da toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do

nomeamento dos/as interesados/as, de conformidade co disposto no artigo 47.4 do Decreto lexislativo

1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Quen non o faga sen causa xustificada será declarado/a en situación de cesante e consecuentemente

decaido/a no seu dereito a ser nomeado/a funcionario/a de carreira por falta de materialización da toma

de posesión no prazo outorgado para o efecto.

Previamente deberán prometer ou xurar o cargo na forma establecida no artigo 1º do Real decreto

707/1979, do 5 de abril, esixíndose ademais, no caso dos funcionarios do Corpo da Policía Local, o

compromiso de levar armas.

Na dilixencia de toma de posesión, farase constar a manifestación do/a interesado/a de non vir

desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada

incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como non estar percibindo pensión

de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social,

público e obrigatorio.

Se a persoa interesada viñese desenvolvendo actividades incompatibles coa condición de funcionario

público, deberá optar expresamente por unha delas dentro do prazo establecido para a toma de posesión,

nos termos do disposto na lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo

das Administracións públicas.

INCIDENCIAS.

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos

tribunais poderán ser impugnadas polas/os interesadas/os nos casos, termos e forma que prevé a Lei

30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999; Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do

réxime local, modificada pola Lei 57/2003, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da

xurisdición contencioso-administrativa.

A provisión das prazas reservadas para persoas con discapacidade realizarase da forma mais axeitada

ás necesidades destas, coa finalidade de garantir o acceso á función pública. Deste xeito, será o órgano

de selección o que determine o contido e alcance das probas selectivas a realizar nos termos do

establecido nas bases, tralo asesoramento por especialistas na materia, se fose necesario, e de

conformidade co temario que se incorpora como anexo ás bases específicas de cada unha das prazas

ofertadas, coa necesaria adaptación de tempos e medios esixida pola discapacidade dos/as aspirantes.

O órgano de selección queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos

necesarios para garantir a transparencia da selección, procurando, na media do posible, o anonimato

dos/as aspirantes durante a realización e corrección das probas selectivas.

Así mesmo, o órgano de selección poderá declarar durante o transcurso do proceso selectivo como

excluídos a aqueles aspirantes que fagan uso de calquera actuación fraudulenta nos exercicios das

probas selectivas.

Durante o desenvolvemento das probas, poderá o órgano de selección solicitar dos/as aspirantes as

aclaracións complementarias que estime precisas.

 

Na totalidade das prazas reservadas á promoción interna exclusivamente do subgrupo C2 ao C1

esixirase a titulación establecida no artigo 76 da lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do

Empregado Público, ou unha antigüidade de 10 anos no corpo ou escala do subgrupo C2.

Sen prexuízo das Leis de Función Pública que se diten no seu desenvolvemento, o artigo 16 da Lei

7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, permite, tanto a promoción interna

vertical a corpos ou escalas pertencentes a un subgrupo ou grupo de titulación superior, como a

promoción interna horizontal a corpos ou escalas dentro do mesmo subgrupo profesional, sempre que

se garanten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e se cumpran os requisitos

legalmente esixidos pola normativa en materia de función pública que resulte de aplicación.

B) Persoal laboral.

Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:

a) Modifícase a base 1ª, que queda redactada así:

I.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

A provisión de prazas de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se

acorda ofertar nos anos 2010 e 2011 a través de convocatoria pública e que son as seguintes:

Persoal laboral : 35 prazas ( 8 de Capataz e 27 de oficial de oficios)

cAPAtAZ: 8 prazas, nivel de titulación: bacharelato superior ou equivalente

Nº de prazas Denominación Quenda libre Quenda promoción interna

3 Capataz Vías e Obras 3

2 Capataz de Xardíns 2

1 Capataz de Desinfección 1

1 Capataz Instalacións Culturais 1

1 Capataz Electromecánicos 1

oFiciAL de oFicios: 27 prazas, nivel de titulación: Graduado escolar, FP-1 ou equivalente

Nº de prazas Denominación Quenda libre Quenda promoción interna

3 Oficial condutor 1 2

1 Oficial xardineiro 1

23 Oficial Instalacións Municipais 23

b) As bases 13ª, 15ª e 16ª, substitúense pola seguinte:

CONTRATACIÓN.

Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente (Xunta de Goberno Local), notificaráselles

aos/as interesados/as para que subscriban os seus contratos laborais fixos no prazo dun mes, que contará

dende o día seguinte ao da notificación do acordo.

Quen non o subscriba sen causa xustificada será declarado/a en situación de cesante e,

consecuentemente, decaerao/a no seu dereito a acceder ao posto de traballo por falta de materialización

do seu dereito a ser contratado/a no prazo outorgado para o efecto.

Previamente deberan ter presentada no Servizo de Recursos Humanos toda a documentación esixida

na base 4ª en relación coa décimo segunda, no prazo máximo de 20 días naturais, contados a partir da

publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.

No contrato farase constar a manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún

posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como non

estar percibindo pensión de xubilación, retretiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da

Seguridade Social público e obrigatorio.

 

OUTRAS DISPOSICIÓNS COMÚNS.

Todas as referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios/as se efectúen a “persoal

funcionario” se entenderán referidas a “persoal laboral”, e as que se fagan a “grupo de titulación” a

“equiparado ao grupo de titulación”.

En virtude da equiparación do persoal funcionario e laboral prevista no vixente Acordo regulador

das condicións económicas e sociais do persoal ao servizo do Concello deVigo e, da existencia de persoal

funcionario e laboral con cargo ás mesmas prazas, todo o persoal que ocupe unha praza, calquera que

sexa a súa condición, poderá participar cos mesmos dereitos nas probas selectivas derivadas desta oferta,

sen prexuízo de conserva-la súa condición actual a título persoal a extinguir.

As/os candidatos/as, que no tendo superado o proceso selectivo, aprobasen todas as probas da fase

de oposición para ingreso nos correspondentes grupos, corpos ou escalas, formarán parte dunha lista

de substitucións para os efectos de poder ser nomeados ou contratados como persoal interino ou laboral

respectivamente, segundo o establecido no art. 3º.3 da Orde 1461/2002, do 6 de xuño do MAP e normativa

de concordante aplicación.

 

Temario Común

 

Tema 1.—A Constitución española de 1978: principios xerais e estrutura.

Tema 2.—A Unión Europea: orixe, institucións e fontes. Órganos executivos e os seus poderes.

O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: Composición e atribucións.

Tema 3.—O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.

Tema 4.—O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O

empadroamento.

Tema 5.—Organización municipal. Competencias.

Tema 6.— Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e

certificados dos acordos.

Tema 7.—Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento

disciplinario.

Tema 8.—O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos.

Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9.—Contratos do sector público: delimitación dos tipos contractuais. Contido e forma de

contrato.

Tema 10.—Procedemento de adxudicación dos contratos do sector público.

Tema 11.—Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso administrativo.

Tema 12.—Principios orzamentarios na Lei reguladora de facendas locais.

 

Bases específicas

 

I.—Número de prazas: 1

II.—Características

Enmarcada no grupo A, subgrupo A2; escala,Administración especial; subescala técnica; clase,media.

Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A2, e as

complementarias propias do posto de traballo ao que resulte adscrita a praza do/a aspirante. Figurará

incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III.—Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido

nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos

2010 e 2011.

IV.—Condicións das e dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título

de grao en calquera das titulacións das ramas de coñecemento de ciencias sociais, xurídicas, arte e

humanidades, ou diplomaturas equivalentes, segundo o disposto na Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de Universidades, titulacións esixidas

para o acceso á praza segundo a vixente relación de postos de traballo.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na Base 4ª das xerais.

V.—Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios; dous teóricos e un práctico, ademais dunha proba de coñecemento da

lingua galega.

Primeiro exercicio.—De carácter obrigatorio e eliminatorio Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario

tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas

materias que integran o programa das bases específicas, que se determinará polo dito órgano de selección

inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta

acertada; non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10)

puntos e é necesario para aprobar obter un mínimo de cinco (5) puntos.

Segundo exercicio.—De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, a 4 temas elixidos ao

chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ao primeiro apartado

“A) Temas xerais”e o resto ao apartado“B) Temas específicos”.

Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a

facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición e deberá

ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección en sesión pública e, concluída a lectura da

totalidade dos temas, este poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que

considere oportuna.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, e é necesario para aprobar obter unha

puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Terceiro exercicio.—De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas, dous supostos

teórico-prácticos que formulará o órgano de selección, inmediatamente antes do comezo do exercicio,

relacionados co contido do temario específico, relativos a tarefas propias da praza. Durante o

desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos

que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios. Os e as

aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá,

ao final da exposición, solicitarlle ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o

suposto práctico desenvolvido. Neste exercicio se valorará a capacidade de análise e a aplicación razoada

dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos e é necesario para aprobar obter unha

puntuación mínima de cinco (5) puntos.

Cuarto exercicio.—De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá o

nomeamento.

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará

conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do

Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

O/a aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro

curso da lingua galega que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política

Lingüística ou organismo autonómico competente) co fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo

regulamentario de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado,

segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais

acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Anexo I), aos que se lle asignarán 2 puntos.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a

aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto exercicio

será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ª das xerais.

Temario Específico

 

Tema 1.—A arquivística: concepto, contido e fins. Outras disciplinas documentais.

Tema 2.—Os arquivos, funcións.Tipoloxías, etapas

Tema 3.—O documento. Concepto, clases. Características internas e externas: a produción

documental.

Tema 4.—Procedencia. Identificación de fondos: clasificación e ordenación.

Tema 5.—Avaliación de fondos documentais, prazos de transferencia. Selección e eliminación.

Tema 6.—Descrición de fondos. A normalización descritiva: a norma ISAD. (G).

Tema 7.—A guía. O inventario. O catálogo. Instrumentos auxiliares.

Tema 8.—Os arquivos municipais. Historia e funcións.

Tema 9.—Lexislación sobre arquivos municipais. Competencias do municipio.

Tema 10.—O arquivo municipal como centro de conservación: edificios, depósitos e instalacións.

Tema 11.—Soportes documentais.Tipos e causas de alteración. Restauración de documentos textuais

e gráficos.

Tema 12.—Sistemas de reprodución: o microfilme, a dixitalización e a súa aplicación ao arquivo

municipal.

Tema 13.—A organización do arquivo: o cadro de clasificación.

Tema 14.—O ingreso da documentación do arquivo. Ingresos ordinarios e extraordinarios.

Tema 15.—O tratamento da documentación e servizos en cada fase do arquivo.

Tema 16.—Os sistemas de clasificación, ordenación e instalación da documentación.

Tema 17.—O expurgo da documentación: Avaliación, selección e eliminación.

Tema 18.—Preservación, conservación e restauración. A conservación tradicional.

Tema 19.—Os materiais documentais; soportes documentais. O pergameo. O papel tradicional. O

papel industrial.

Tema 20.—A deterioración do fondo documental: características. A deterioración do documento:

orixe e causas. Deterioración química, biolóxica e física.

Tema 21.—A conservación preventiva. Os sistemas ambientais e a súa relación coa deterioración.

Factores da deterioración: calor,humidade, contaminación, radiacións e manipulacións.

Tema 22.—A microfilmación de fondos bibliográficos históricos para a súa conservación.

Tema 23.—Os arquivos municipais e os seus usuarios.

Tema 24.—Arquivos eclesiásticos, familiares e de empresa.

Tema 25.—Arquivos históricos e provinciais. Competencias das deputacións provinciais.

Tema 26.—Organismos internacionais: A UNESCO e o Consello Internacional de Arquivos (CIA).

Tema 27.—Lexislación en materia de prevención de riscos laborais. Servizos de prevención.

Tema 28.—A calidade nos arquivos. Bibliografía.

Tema 29.—Concepto de paleografía e tendencias actuais. Terminoloxía. Clases de escritura. As

abreviaturas e o seu desenvolvemento.

Tema 30.—Desenvolvemento da escritura en España: da escritura visigótica a escritura humanística

 

Tema 31.—Institución notarial e rexistral en España.

Tema 32.—Protocolo notarial.Tipos documentais, arquivos de protocolos notariais.

Tema 33.—O acceso ao documento orixinal. As técnicas de reprografía aplicadas aos arquivos.

Tema 34.—Información e comunicación. A sociedade da información. Os medios de comunicación de

masas. Demanda, oferta e hábitos culturais.

Tema 35.—Medios de comunicación deVigo. Prensa escrita. Historia e actualidade. Radio eTelevisión.

Tema 36.—Xestión interna do arquivo. Organización. Programación e medios.

Tema 37.—As novas tecnoloxías aplicadas ao arquivo.

Tema 38.—Modos de adquisición de bens culturais.

Tema 39.—Museos da cidade deVigo. Historia, valoración, evolución. Características e temáticas.

Tema 40.—Plan museolóxico. Fins e características.

Tema 41.—Coleccións fotográficas deVigo. O Arquivo Pacheco: historia e contidos.

Tema 42.—As bibliotecas deVigo. A Biblioteca Central.

Tema 43.—Outros equipamentos da cidade de Vigo. Características. Casa das Artes: historia e

contidos. Casa Galega da Cultura: historia e actividades. Colección Fernández del Riego. A Biblioteca

Penzol.

Tema 44.—Eventos culturais significativos nos últimos anos enVigo.

Tema 45.—Tratamento do patrimonio histórico na Unión Europea.Acordos e tratados internacionais

sobre protección do patrimonio histórico subscritos por España.

Tema 46.—Depósitos arqueolóxicos enVigo. Historia e características.

Tema 47.—O desenvolvemento da cidade deVigo.Vigo e a súa historia.

Tema 48.—Accións de fomento da investigación e difusión cultural do Arquivo Municipal.