Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Encargado de biblioteca, Ayuntamiento de Moeche (A Coruña)

Encargado de biblioteca, Ayuntamiento de Moeche (A Coruña)

1 Plaza, Concurso, Grupo C2, 21-06-2010

 


Moeche

Aprobación das bases e convocatorias xeral e específicas para a provisión en propiedade das prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2010

EDICTO

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o dia 1 de xuño de 2010, prestou a sua aprobación as:

BASES XERAIS E ESPECIFICAS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE MOECHE DO ANO 2010

Obxecto da convocatoria

 

 

E obxecto desta convocatoria xeral, que se completará coas correspondentes convocatorias específicas, a provisión en propiedade de prazas vacantes de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo que se inclúen na oferta pública de emprego deste Concello para o exercicio de 2010, mediante o proceso selectivo que en cada convocatoria específica se determine.

Declárase expresamente que os tribunais que se designen para xulgar as probas selectivas non poderán aprobar nin declarar que as superaron un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

Requisitos dos/as aspirantes

 

 

Para seren admitido á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos cada un deles á data en que remate o prazo de presentacion de instancias:

1. Ter nacionalidade española ou ser nacional doutros Estados conforme ós artigos 56 e 57 do Estatuto Básico do empregado Público

2. Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. .

3. Estar en posesión da titulación esixida en cada convocatoria específica, ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de instancias Os títulos requeridos para cada praza se especificarán nas respectivas bases específicas reguladoras de cada convocatoria. En caso de titulacións non expedidas en España estas deberán estar debidamente convalidadas polo Ministerio de Educación e Ciencia. Conforme á disposición transitoria quinta da Lei 30/1984 de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, se considerará equivalente ó título de diplomado universitario o ter superado 3 cursos completos da licenciatura.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes á praza a que se opta. A condición de minusválidos/as e a súa compatibilidade acreditaranse por certificación da Delegación provincial da Consellería de Traballo e Servicios Sociais. Os aspirantes con minusvalías farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

5. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, Comunidades Autónomas ou entidades locais, nin encontrarse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Idéntico requisito será esixido ós nacionais dos demais Estados membros da Comunidade Económica europea no seu caso. Será nulo o nomeamento como funcionario do Concello de quen estea incurso en causas de incapacidade específica consonte á normativa vixente.

6. Os requisitos especiais que, no seu caso, poidan establecerse nas convocatorias específicas.

Os anteriores requisitos , así como os específicos que se esixan para cada unha das prazas deberan reunirse con referencia ó derradeiro día de prazo de presentación das solicitudes para tomar parte nos correspondentes procesos selectivos

Presentación de instancias

 

 

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ó Sr. alcalde-presidente e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, debidamente reintegradas, durante o prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no B.O.E. Poderán así mesmo remitirse no xeito determinado no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Para ser admitido/a e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidas na Base Segunda, así como os específicos que se esixan nas convocatorias específicas, referidos sempre ó día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Á instancia acompañarase, inexcusablemente:

• Carta de pago acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboo. Os dereitos de exame so serán devoltos a quen non fora admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

• Fotocopia compulsada do DNI do/a solicitante.

• En caso de concurso acompañaranse relacións circunstanciadas dos méritos que se aleguen polo orde que se establece na correspondente convocatoria específica, unindo á devandita relación os documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

• Nas convocatorias que inclúan a opción de prazas reservadas a persoas con discapacidade, para as persoas que reúnan tal condición legal, farase constar na solicitude de participación a devandita opción. De omitirse tal referencia , entenderase que a elección é pola quenda libre.

Admisión dos/as aspirantes. Data e lugar de celebración das probas

 

 

Rematado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía dictará resolución declarando aprobada a “lista provisoria de aspirantes admitidos/as e excluídos/as” e indicando as causas da exclusión e concedendo un prazo de 10 días para subsanacións de defectos, no seu caso, a tenor do establecido no artigo 71 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A determinación do lugar e data de comezo dos exercicios así como a composición dos tribunais cualificadores poderán establecerse na mesma ou en posterior resolución.

Ditas resolucións serán publicadas no Boletín Oficial da provincia e exporanse no Taboleiro de Edictos do Concello.

A publicación da devandita resolución no B.O.P. será determinante dos prazos a efectos de posibles impugnacións ou recursos.

 Tribunais cualificadores

Os Tribunais cualificadores das probas selectivas designaranse a tenor e de conformidade co sinalado no art. 60 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Publico e estará composto por:

Presidente( titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera Administración pública.

Vogais (en número de tres): Funcionario de habilitación estatal ou Funcionario ou persoal laboral de calquera administración ou profesional designado por colexio profesional.

Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública.

Tódolos membros do tribunal deberán reuni-los requisitos sinalados no art. 11 do R.D. 364/1995 de 10 de marzo e o art. 32.2 da Lei 4/1988 de 26 de maio da Función Pública de Galicia.

Co fin de garantir o principio de especialidade, o tribunal poderá solicitar, respecto dalgunha proba, a colaboración de asesores especialistas por razón da materia. Os devanditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en base exclusivamente ás que colaborarán co respectivo tribunal, actuando con voz pero sen voto. .

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concurran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 (L.R.J.A.P. e P.A.C.) . Así mesmo os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal de acordo co artigo 29 da mencionada Lei.

Ningún tribunal poderá constituirse nin actuar sen a asistencia do seu presidente e secretario, ou de quen os substitúa, e a metade, alomenos dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. As decisións adoptaranse por maioría simple de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do Presidente do Tribunal.

Ós efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estos estarán clasificados nas categorías que establece o Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacions por razón do servicio, segundo redacción dada pola Orde 3770/2005 de 9 de decembro.

O Tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para o bó orde das probas en todo o non previsto nestas bases.

O Presidente da Corporación resolverá de acordo coa proposta do Tribunal, que terá carácter vinculante.

 

Desenvolvemento das probas e programas 

 

 

Unha vez comezádas as probas selectivas non será obrigatorio a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no Boletin Oficial da provincia, senón que será suficiente coa sua exposición no taboleiro de edictos do Concello.Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo Tribunal. As razóns e probas xustificativas, deberán formularse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio ó que non teñan comparecido e, de ser apreciadas polo Tribunal, causarían a suspensión inmediata das probas pendentes, ata que non fora examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Comezada a práctica dos exercicios, o Tribunal poderá requerir en calquera momento ós concurrentes respectivos para que acrediten a súa identidade. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do Tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria excluiráselle da mesma, previa audiencia do interesado. O Tribunal, cando exclúa a un aspirante, comunicarao o mesmo día á autoridade que teña convocado o proceso selectivo.

A orde de actuación dos/as opositores/as naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente iniciarase alfabeticamente por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra M, de conformidade coa resolución da Consellería de Facenda do 26 de xaneiro de 2010, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas convocatorias específicas que completan a presente unitaria, concretarase o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercicios e os programas respectivos.

Os exercicios que se celebren por escrito deberán ser lidos publicamente polos aspirantes, de consideralo o Tribunal xulgador.

Sistema de cualificación

 

 

Os sistemas de cualificación das distintas probas selectivas especificaranse nas bases específicas da presente convocatoria.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de asistentes naquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

A cualificación dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello.

O orde de cualificación definitiva está determinado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

No sistema de concurso-oposición a fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición.

 

Relacion de aprobados

 

 

Unha vez rematada a cualificación dos/as aspirantes, o Tribunal publicará, no Taboleiro de edictos do Concello, relación de aprobados/as por orde de puntuación, xunto coa acta da derradeira sesión á Presidencia da Corporación ós efectos de tramitación do pertinente nomeamento.

Os respectivos tribunais que se designen para xulgar as distintas probas selectivas non poderán propor o acceso á condición de funcionario/a de un número superior de aprobados/as ó de prazas convocadas.

Presentación de documentos

 

 

Os/as aspirantes propostos aportarán na Unidade de Persoal dentro do prazo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte a aquel en que se fixeran públicas as listas de aprobados, os seguintes documentos:

a) Copia autenticada do D.N.I.

b) Copia autenticada o fotocopia (que deberá presentar acompañada do orixinal para a sua compulsa) do título esixido.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función a desempeñar, expedido polo xefe local de Sanidade.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante procedemento disciplinario, de ninguna Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social, caso de ter estado dado de alta

f).De tratarse de nacionais de estados membros presentarán a documentación esixida pola Lei de 23 de decembro de 1993, ademais da sinalada nos numeros 3,5, 6, 7 e 8 dos sinalados anteriormente.

2. Aqueles que tivesen a condición de funcionarios públicos, estarán exentos de xustificar documentalmente as condiciones e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración pública da que dependan, acreditando a sua condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

3. Aqueles que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentaran a documentación, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as suas actuacóns, sen perxuizo da responsabilidade en que puideran ter incurrido por falsedade na súa instancia.

DÉCIMA.- Nomeamentos e toma de posesión .-

Cumpridos os requisitos precedentes o presidente da corporación efectuará o nomeamento dos/as aspirantes propostos/as, quen deberá tomar posesión no prazo de 20 dias naturais a contar dende o seguinte ó que sexa notificado o nomeamento, quedando en situación de cesante con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria, cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado. Os/as aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento están obrigados a presta-la súa xornada de traballo na medida e forma requerida polo interés do servicio, con horario de mañá ou de tarde, ou fraccionando o horario de ser preciso.

Incompatibilidades

 

 

O personal nomeado as quedarán suxetos ó réxime de incompatiblidades do sector público, conforme á normativa vixente.

DUODECIMA.- Incidencias.-

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer polos interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, a partir do día seguinte ao da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa).

No non previsto nas Bases, será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado; a Lei 30/1984, de Medidas par a Reforma da Función Pública o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e no que non estea reservado á lexislación do Estado será de aplicación a Lei 4/1988, de 26 de maio, da Función Pública de Galicia

archivado en: concurso, Grupo D, Grupo C2