Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Encargada de Biblioteca, Ayuntamiento de Friol (Lugo)

Encargada de Biblioteca, Ayuntamiento de Friol (Lugo)

1 Plaza, Concurso - Oposición, Promoción Interna, Grupo C1, 05-10-2011
Apertura de Plazo

Bases de la convocatoria

BASES PARA O PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE FRIOL
COMO ENCARGADA DA BIBLIOTECA- SECRETARÍA DO XULGADO

 

OBXECTO E CARACTERÍSTICAS DA CONVOCATORIA

Constitúe o obxecto da convocatoria regular o acceso

á función pública como funcionaria, da traballadora laboral fixa que ven prestando servizos como Encargada da

Biblioteca e Secretaría do Xulgado de Paz, de conformidade coa modificación do cadro de persoal aprobada polo

Pleno do Concello na sesión celebrada o 31 de marzo de 2011, en canto persoal laboral afectado pola

disposición transitoria segunda da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. A

convocatoria para o acceso ao posto de traballo de carácter funcionarial, vacante no cadro de persoal, farase

polo sistema de concurso-oposición, conforme á tramitación esixida pola vixente lexislación.

O posto de traballo corresponde á escala de administración xeral, subescala administrativo Grupo C1; o proceso

de funcionarización solicítase polo persoal laboral fixo do concello que ven desempeñando o posto.

Serán funcións a desempeñar as previstas na vixente lexislación, de trámite, colaboración, impulso e xestión no

ámbito administrativo, incluíndo en todo caso o manexo de máquinas de escribir e equipos informáticos, entre

elas:

- Redacción de documentos administrativos de trámite, atención ao público, atención telefónica,

preparación de correspondencia, rexistro, arquivo de documentación, mantemento das actas e

resolucións, así como aquelas propias do posto de Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

- En relación coa biblioteca, a atención ao público na biblioteca municipal, atención telefónica, redacción

de documentos administrativos de trámite, correspondencia e arquivo, a catalogación e expurgo dos

fondos bibliográficos, así como a programación e desenvolvemento de talleres de animación á lectura e

animación sociodixital.

- As que se lle poidan encomendar pola Alcaldía e polos/as concelleiros/as delegados/as que garden

relación co posto a desempeñar, en horarios que se determine según as necesidades dos servizos

municipais e para a boa marcha dos mesmos.

A presente convocatoria publicarase íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e un extracto da mesma

no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. As restantes publicacións ás que se faga referencia na

vixente lexislación, entenderanse referidas exclusivamente ao Boletín Oficial da Provincia de Lugo e ao taboleiro

de anuncios do Concello de Friol.

REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES

 Para ser admitidos/as nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán

reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou nacional un Estado membro da Comunidade Europea, nos termos sinalados na Lei 7/2007

de 12 de abril e ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.

b) Ter a condición de persoal laboral fixo, en postos de persoal encargado da biblioteca e do Xulgado de Paz,

no Concello de Friol e estar realizando funcións propias do posto de traballo respecto ao que esté prevista a

súa funcionarización.

c) Estar no posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grado ou equivalente,

ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e unha

antigüidade mínima de dous anos de servizos.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son

propias. No caso de ser seleccionado/a para o posto, acreditarase mediante certificado médico. No caso de

que se teña condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade, acreditarase coa oportuna certificación.

Os aspirantes con discapacidade, farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas

e) Non estar separados/as mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións

públicas, nin atoparse inhabilitados para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos. De ser

seleccionados para os postos, acreditarase mediante declaración formal baixo xuramento ou promesa tal e

como se establece no art. 9 do Real Decreto 707/1979 de 5 de abril.

Os requisitos anteriormente establecidos deberán posuirse polos/as aspirantes no momento da finalización do

prazo de presentación de instancias, debendo manterse as mesmas durante todo o período selectivo. Ao mesmo

tempo que obteña o posto obxecto desta convocatoria, estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades que

determinen as disposicións vixentes (Lei 53/84 de 26 de decembro e concordantes).

SOLICITUDES E ADMISIÓN

Quen desexe tomar parte no proceso selectivo, deberá presentar instancia

dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente (según modelo que figura como ANEXO III das presentes bases) na que se poña

de manifesto que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas presentes bases. Na solicitude debe

constar o compromiso, no caso de obtelo posto, de xurar ou prometer lealdade ao Rei, respecto aos dereitos das

persoas e estrita observancia da lei.

Deberá acompañarse copia compulsada do D.N.I. ou, no seu caso, de documento equivalente expedido pola

autoridade competente do pais de orixe. Ademais deberá presentarse certificación expedida por funcionario

competente do Concello na que se acredite ter a condición de persoal laboral fixo do Concello de Friol e que

realiza funcións propias do posto de traballo respecto ao que esté prevista a súa funcionarización.

Ademais e co obxecto da súa puntuación na fase de concurso, deberá presentar a documentación acreditativa

que probe a posesión dos méritos alegados, mediante orixinais ou fotocopias compulsadas de títulos, diplomas

de asistencia ou certificacións acreditativas da realización dos cursos, así como no referente á prestación de

servizos, copia de contratos de traballo, ou certificado da entidade contratante, acompañados necesariamente

do informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, así como calquera outro

documento que probe e de fe da posesión dos méritos a que fai referencia o ANEXO I da presente convocatoria.

A non acreditación dos méritos alegados xunta coa presentación da instancia, determinará que éstes non se

terán en conta polo Tribunal nin se lle dará valoración.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación

de anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Previamente publicaranse as bases íntegras no Boletín

Oficial da Provincia e un anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. A presentación das solicitudes

farase no Rexistro do Concello de Friol, en horario de 9 a 15 horas en días laborables, ou por calquera dos

medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e procedemento administrativo común. Cando se presenten fora do Rexistro do Concello, poderán remitir unha

comunicación por fax ao concello (982-375206) comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos

ou do rexistro correspondente.

Para ser admitido/a no concurso-oposición bastará con que os/as aspirantes manifesten nas súas instancias que

reúnen todas e cada unha das condicións esixidas no punto segundo das presentes bases, referidas sempre á

data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Finalizado o prazo máximo de presentación de

solicitudes, o Sr. Alcalde-Presidente no prazo máximo dun mes, aprobará mediante resolución a lista provisional

de admitidos/as e excluídos/as, indicando nomes e D.N.I. (ou documento que o sustitúa no caso de cidadáns da

UE). A devandita resolución expoñerase no Tablón de Anuncios do Concello e publicarase no B.O.P.,

relacionándose os/as aspirantes excluídos con indicación da causa de exclusión. Os excluídos disporán do prazo

de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do B.O.P., a efectos de reclamacións contra

a exclusión ou á corrección das deficiencias sinaladas. No caso de non presentarse reclamacións a lista

provisional elevarase a definitiva. No caso de presentarse, procederase no prazo dun mes, á resolución das

reclamacións presentadas. Resoltas as reclamacións presentadas, o Sr. Alcalde-Presidente aprobará as listas

definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e sinalará o lugar data e hora para o comezo das probas,

que se iniciarán no prazo máximo de dous meses desde a aprobación da citada lista.

Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva de aspirantes, poderá potestativamente interpoñerse

recurso de reposición, no prazo de un mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso

contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses,

contados a partir do día seguinte ao da publicación de edicto no B.O.P..

ÓRGANO DE SELECCIÓN

O Tribunal calificador encargado da valoración das probas e dos méritos para a

provisión por concurso-oposición do posto estará constituído por un número impar de membros, non inferior a

cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes. Un dos membros actuará como Presidente e os

outros catro serán vogais. Actuará como Secretario do Tribunal o Secretario do Concello, designándose tamén un

suplente. A súa composición axustarase ao previsto no art. 60 do Estatuto Básico do Empregado Público; de

conformidade co mesmo, formarase por empregados públicos (funcionarios ou persoal laboral fixo, ben do

Concello, ou ben doutra administración pública), con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o

acceso ao posto convocado. Non formarán parte do mesmo persoas de elección ou designación política,

funcionarios interinos nin persoal eventual. Tenderase tamén na súa composición a paridade entre home e

muller.

A designación nominal dos membros do Tribunal, realizarase por Resolución da Alcaldía e publicarase no Boletín

Oficial da Provincia, así como no Tablón de Anuncios do Concello, xunto coa lista definitiva de aspirantes

admitidos e excluídos. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia da metade dos seus

membros (titulares ou suplentes) e en todo caso a do Presidente e Secretario, ou dos seus suplentes.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir cando concorran algunha das causas previstas no art. 28

da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento

administrativo común. Todo elo sen prexuízo do dereito de recusación que poidan exercer os/as aspirantes.

O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as naquelas probas que aconsellen

requirir a opinión de técnicos especialistas, así como colaboradores en tarefas de vixilancia e control de

desenvolvemento das diferentes probas.

Os membros do Tribunal quedan facultados para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos

precisos para o desenvolvemento correcto do proceso de selección, así como aquelas cuestións que non estén

previstas nas presentes bases. As decisións adoptaranse por maioría simple dos membros asistentes.

Os membros do Tribunal terán dereito pola súa concorrencia ás sesións do tribunal, ao pago das asistencias nas

contías establecidas polo R.D. 462/2002, de 24 de maio sobre indemnizacións por razón de servizo, ou as

actualizacións posteriores (orde do Ministerio de Economía e Facenda EHA/3770/2005, de 1 de decembro).

Ademais os membros do mesmo que teñan que desprazarse desde outro termo municipal terán dereito a gastos

de viaxe, según a normativa citada.

Xunto coa designación nominal do Tribunal e a relación dos/as admitidos/as, publicarase no B.O.P. e no

Taboleiro de anuncios do Concello o día, hora e lugar en que se reunirá o Tribunal a efectos de valorar os

méritos alegados presentados polos/as aspirantes, así como o lugar, data e hora do comezo das probas.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O procedemento de selección constará das seguintes fases:

5.1.-FASE DE CONCURSO.- A fase de concurso, que será previa á da oposición, non terá carácter eliminatorio. En

ningún caso a puntuación da fase de concurso poderá aplicarse para superar a fase de oposición. A puntuación

obtida polos/as aspirantes nesta fase sumarase á obtida nos exercicios da fase de oposición, determinándose

deste xeito a orde de puntuación final dos/as aspirantes. Os méritos valoraranse de acordo co baremo

establecido de acordo co Anexo II que figura nas presentes bases. Os méritos non xustificados

documentalmente, de conformidade co disposto nas presentes bases non serán valorados. A lista que conteña a

valoración dos méritos da fase de concurso farase pública no Taboleiro de Anuncios do Concello.

5.2.- FASE DE OPOSICIÓN.- A fase de oposición constará das probas que a continuación se relacionan:

- PRIMEIRO.- de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na contestación por escrito, nun tempo

máximo de sesenta minutos dun cuestionario tipo test de 40 preguntas, sobre as materias do programa

contido como anexo na presente convocatoria. Das preguntas con respostas alternativas elixirase unha

como resposta, invalidándose unha correcta por cada dúas respostas incorrectas. A proba puntuarase de

0 a 20 puntos, sendo necesario para a súa superación un mínimo de 10 puntos.

- SEGUNDO.- de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na resolución nun prazo máximo de

sesenta minutos, de dous supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados coas materias do

programa e coas funcións propias dos postos a desempeñar, ou ben respondendo a unha serie de

preguntas cortas sobre os mesmos. As probas calificaranse de 0 a 10 puntos cada unha, sendo

necesario para a superación das probas un mínimo de 5 puntos en cada unha delas. Sumaranse as

puntuacións outorgadas polos membros do Tribunal e dividirase o total polo número de asistentes a

aquel, sendo a calificación o cociente das mesmas.

- TERCEIRO.- Coñecemento de lingua galega.- a proba de coñecemento do idioma galego unicamente será

obrigatoria, para o persoal aspirante que non acredite o título de perfeccionamento de galego ou

equivalente, ou estar en posesión do Celga 4. O exercicio de galego para os/as aspirantes que deban

realizar a proba de coñecemento do galego calificarase como apto ou non apto, consistindo nunha

tradución ao galego dun texto en castelán, elixido entre dous facilitados polo tribunal, nun tempo

máximo de trinta minutos. Esta proba non terá carácter eliminatorio e os que non a superen terán dous

anos facer o Curso Celga 4. De non realizar este curso, non poderán participar en ningún proceso de

promoción ou provisión de postos que se convoque.

Os/as participantes convocaranse para cada proba en chamamento único, coa excepción dos casos de forza

maior, debidamente xustificados e apreciados polo Tribunal. Unha vez publicado o comezo das probas no

Boletín Oficial da Provincia, non será obrigatoria a publicación de sucesivos anuncios no mesmo para a

celebración das restantes probas, sen prexuízo da súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello con

antelación ao inicio déstas.

Desde a realización de cada unha das probas ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de

48 horas. No obstante, por razóns de celeridade e eficacia e contando coa conformidade por escrito dos/as

participantes, o tribunal poderá decidir motivadamente a redución do prazo.

No caso de que algún dos/as aspirantes presentasen algún tipo de discapacidade, polo Tribunal, en base á

información de que dispoña, realizaranse as adaptacións e axustes en tempo e forma para a realización das

probas selectivas.

CALIFICACIÓN DAS PROBAS E PROPOSTA DO TRIBUNAL CUALIFICADOR.-

As calificacións faranse de

conformidade co establecido na base anterior. A calificación definitiva determinarase pola suma das puntuacións

obtidas nas fases de concurso e oposición. Rematada a calificación dos/as aspirantes, o Tribunal publicará no

taboleiro de anuncios da Casa do Concello a relación por orde da puntuación obtida, así como o nome e

apelidos, xunto co D.N.I. do/ha seleccionado/a para a provisión do posto, elevando proposta á Alcaldía-

Presidencia. Se os/as participantes non superasen as probas, o Tribunal declarará deserto o proceso selectivo.

NOMEAMENTO

O/a seleccionado/a para o posto polo Tribunal, presentará no Rexistro do Concello, dentro

do prazo de vinte días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, no Rexistro do Concello, os

documentos acreditativos das condicións para tomar parte na convocatoria:

a) Copia compulsada do D.N.I..

b) Copia compulsada ou certificación académica oficial acreditativa da titulación esixida.

c) Certificado médico orixinal acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o

normal exercicio das funcións correspondentes ao posto que se optou.

d) Declaración xurada de non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de

calquera administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de empregos ou cargos públicos

por sentencia firme.

Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade, deberán presentar certificación

dos órganos competentes que acrediten tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos órganos

ou da administración sanitaria acreditativo da compatiblidade co desempeño das tarefas e funcións

correspondentes.

Se o/a seleccionado/a para o posto non presentase a citada documentación dentro do prazo concedido, salvo

causas de forza maior xustificadas, non poderá ser nomeado/a para o posto, quedando anuladas as actuacións,

sen prexuízo da responsabilidade en que puidera incorrer por falsidade na solicitude.

Unha vez comprobado que o/a seleccionado/a proposto/a presente a documentación esixida, nomearase polo

Sr. Alcalde-Presidente funcionario/a de carreira,de conformidade co previsto na vixente lexislación. Tomará

posesión no prazo de un mes dende a publicación do seu nomeamento. Quen resulte nomeado para ocupar o

posto quedará sometido/a ao réxime de incompatibilidades establecido na lexislación vixente.

DISPOSICIÓN FINAL

O proceso selectivo de acceso á función pública mediante a funcionarización do

persoal laboral, rexerase polo disposto nas presentes bases e no que non esté previsto nelas, estarase ao

establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en especial na Disposición

Transitoria Segunda, pola Lei 30/84, de 2 de agosto de medidas para a reforma da función pública, pola Lei

7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, Lei

5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, o Texto Refundido da Lei de Función Pública de Galicia,

así como pola restante normativa estatal ou autonómica vixente, que sexa de aplicación por razón da materia.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos dela se deriven, así como da actuación do tribunal,

poderán ser impugnados polos interesados nos casos e no xeito previsto na vixente Lei 30/92, de 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como na

vixente lexislación da xurisdición contencioso administrativa (Lei 29/98, de 13 de xullo reguladora da

xurisdición contencioso administrativa).

En Friol a 29 de xullo de 2011.- O Alcalde.- Asinado.- Antonio Muiña Pena.

ANEXO I - TEMARIO

PROGRAMA DE ACCESO PARA O PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO
DO CONCELLO DE FRIOL COMO ENCARGADA DA BIBLIOTECA- SECRETARÍA DO XULGADO.- FASE DE
OPOSICIÓN.

 

a) MATERIAS COMÚNS.-

 

1. A Constitución Española de 1978. Principios Xerais.

2. Principais Órganos do Estado: a Coroa, as Cortes Xerais, o Goberno e o Poder Xudicial.

3. Os dereitos e deberes fundamentais dos españois.

4. A organización territorial do Estado. Distintas Administracións Públicas.

5. O Estatuto de Autonomía de Galicia: aspectos esenciais.

6. O réxime local español. Principios Constitucionais, regulación xurídica.

7. O municipio no réxime local. Organización municipal. Competencias.

8. Principios de actuación da Administración Pública: eficacia, xerarquía, descentralización,

desconcentración e coordinación.

9. Administración local e a modernización das Administracións Públicas.

10. O sometemento da Administración á Lei a ao Dereito. Fontes do Dereito Administrativo. Normas

supraestatais. A Constitución. A Lei. Os regulamentos. A potestade normativa das Comunidades

Autónomas.

b) MATERIAS ESPECÍFICAS.-

 

11. A potestade normativa na esferal local. Ordenanzas e Regulamentos. O regulamento orgánico.

12. Recurso contra os actos e acordos dos Entes Locais. Recurso contencioso-administrativo .

13. A xurisdición contencioso administrativa. A súa natureza, extensión e límites.

14. Fase do procedemento administrativo. Iniciación. Desenvolvemento. Terminación e execución. A

formación do expediente administrativo.

15. Conceptos esenciais: os actos administrativos. Termos e prazos. Motivación. Validez e eficacia dos

actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. Validación. Conservación, corrección de erros e

conversión. Revisión. Revogación. .

16. O dereito á información nas entidades locais. Os arquivos administrativos. Dereitos dos cidadáns en

relación ao acceso a arquivos e rexistros.

17. Os documentos administrativos Concepto. Clases. Soportes. Documentos administrativos de

decisión, de constancia e transmisión. As certificacións e notificacións. Documentos administrativos

de xuízo. Os documentos dos cidadáns.

18. Linguaxe administrativa. Uso correcto. A linguaxe administrativa galega: evolución histórica e

situación actual. A lingua nos procedementos administrativos.

19. As formas de actuación administrativa. Modos de xestión dos servizos públicos.

20. Normativa reguladora das Facendas Locais: Real Decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo

que se aproba o Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais.

21. Os contratos administrativos nas Entidades Locais. Clases de contratos. O expediente de

contratación. A adxudicación e formalización.

22. Facendas locais. Clasificación de ingresos e gastos. Estrutura de orzamento de gastos e ingresos.

Operacións de xestión dos orzamentos.

23. A xestión recadatoria nas entidades locais. A xestión recadadora nas Entidades Locais.

Procedementos: período voluntario e vía de constriximento.

24. A constitución dos órganos municipais: Elección do Alcalde. Tenentes de Alcalde. A Xunta de

Goberno Local.

25. Competencia urbanística municipal. Instrumentos de planeamento: elaboración e aprobación.

Clasificación do solo.

26. Intervención na edificación e uso do solo. Reposición á legalidade. Disciplina urbanística.

27. Funcionamento dos órganos colexiados dos concellos: réxime de sesións. Actas e certificacións.

28. Os bens das Entidades Locais. Clasificación. Modos de adquisición.

29. A expropiación forzosa. Tramitación dos expedientes de expropiación.

30. O persoal ao servizo das Entidades Locais. Sistemas de selección. Principais dereitos e deberes.

Finalización do servizo activo. Funcións reservadas a habilitados estatais.

31. As relacións públicas e a súa aplicación na Administración Local. O protocolo nos actos públicos.

32. Termo municipal de Friol. Superficie, límites municipais e parroquias. Patrimonio artístico e natural

do Concello de Friol.

33. A Biblioteca. Concepto, tipos e funcións. Referencias históricas. A Biblioteca pública. Instalacións e

equipamento. Papel na sociedade da información

34. Mantemento dos fondos dunha biblioteca e xestión dos depósitos. Uso e difusión da colección. O

servizo de préstamo. As obras de referencia; enciclopedias, dicionarios, bibliografías e catálogos.

Materiais especiais: cartográficos, gráficos e audivisuais.

35. A implantación e difusión de novas tecnoloxías. Talleres de uso das novas tecnoloxías na idade

infantil. A Biblioteca dixital.

36. Historia e organización da xustiza de paz. Xurisdición e sede. Competencias. Nomeamento e

réxime xurídico.

37. Actos procesais nos Xulgados de Paz. Concepto e clasificación. As resolucións procesais na LEC.

Actos procesais do Xuíz e do Secretario.

38. Actos de comunicación dos Xulgados de Paz con outros tribunais e autoridades. O auxilio xudicial

en materia civil: exhortos, mandamentos e oficios. O auxilio xudicial en materia penal:

suplicatorios, exhortos e mandamentos.

39. Actos de comunicación dos Xulgados de Paz coas partes e outros intervintes no proceso:

notificacións, requirimentos, citacións e emprazamentos.

40. O Rexistro Civil. Lexislación aplicable. Órganos do Rexistro Civil. O Rexistro civil nos Xulgados de

Paz. Seccións e libros. Certificacións. Asentos e xeito de practicalos. Libros de Familia. Expedientes

de fe de vida e estado. Expedientes de matrimonio civil. Competencia en outros expedientes.