Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Bibliotecario Archivero, Ayuntamiento de Mugardos (A Coruña)

Bibliotecario Archivero, Ayuntamiento de Mugardos (A Coruña)

1 Plaza, Bolsa de Trabajo, Acceso Libre, Grupo A2, 30-09-2011
Plazo cerrado

 

Bases Generales

 

BASES QUE REXERÁN A ELABORACIÓN DAS LISTAS PARA A PROVISION TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUGARDOS.

 

Obxecto.

O obxecto das presentes bases é regular a elaboración de listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de Mugardos, que se especifiquen en cada convocatoria, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal funcionario ou laboral fixo, tanto naqueles postos reservados ó persoal funcionario como nos reservados a persoal laboral, de acordo coa normativa de aplicación (supostos de baixa laboral, vacacións, convocatoria de subvencións etc...).

Convocatoria para elaboración das Listas.

Para facer efectivo o sistema de cobertura, por resolución da alcaldía, aprobarase a convocatoria para a elaboración de listas de aspirantes/as para cada unha das prazas e/ou contratacións laborais temporais que se prevea que poidan producirse, ben por estar vacantes segundo a oferta pública de emprego, ben por sustitución, baixas ou calquera necesidade que xurda de conformidade coa normativa vixente.

Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do concello de Mugardos (Concello de Mugardos, r/Avda. de Galicia, 45 CP 15620) e axustaranse ó modelo que se inclúe nesta convocatoria como Anexo I.

3.2. A apertura da convocatoria para a elaboración das listas e o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde a publicación de cada convocatoria específica no BOP e presentarase no rexistro xeral do Concello. As instancias tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Teléfono de información: 981 47 03 38 - 47 02 90.

As/os interesadas/os presentarán as súas instancias, acompañadas da documentación que acredite a titulación e os demais requisitos esixidos para desempeña-la praza ou postos ás que opten e os méritos que, de conformidade co baremo que se fixa no presente regulamento, desexen que se lles teñan en conta. A convocatoria establecerá a denominación, características, requisitos das prazas ou postos e a titulación esixible para o acceso ás mesmas.

Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado/a para prestar servizos nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demáis listas, sempre que o contrato teña unha duración mínima de catro meses.

3.3 Pagamento das taxas por dereitos de inscrición: serán os que se especifiquen en cada convocatoria especifica.

Requisitos.

As/os solicitantes deben reunir os requisitos que para cada grupo e categoría se determinan na respectiva convocatoria.

Os devanditos requisitos deben posuirse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Asi mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte, que reunen os requisitos xerais determindos na Lei Lei 7/2007, de 12 de abril, que aproba o Estatuto Básico do Empregado Público, no seu artigo 56, e que son os seguintes:

1. Nacionalidade española, sin perxuicio do determinado no artigo 57 do citado Estatuto.

2. Ter cumplidos 16 anos e non exceder da idade de xubilación.

3. Poseer capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

4. Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de AAPP, organismos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin estar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

5. Poseer a titulación esixida para o posto.

No suposto de que non acrediten estes requisitos, as/os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar copia cotexada do DNI e do título académico requerido para o grupo ou categoría a que se presente

Os méritos que invoquen os/as interesados/as e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, asi como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas, fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán únicamente os causados ata a data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

Asimesmo presentarán xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 da Caixa de Aforros de Galicia a nome do Concello de Mugardos a taxa por dereitos de inscrición.

Comisión de selección.

Para a elaboración das listas así como para o seu control e correcta utilización nomearase unha comisión permanente de selección. A estes efectos a comisión permanente resolverá todalas cuestións de interpretación que puideran presentarse.

6.1. A composición da comisión permanente de selección será a seguinte:

- Presidente/a: un empregado/a publico/a do Concello de Mugardos.

- Vocais: tres empregados/as públicos/as.

- Secretario/a: un/unha funcionario/a do Concello, que actuará con voz e voto.

Elaboración das listas.

7.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal funcionario ou laboral, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión de selección, poderá nomearse persoal colaborador e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo dos méritos alegados polos/as interesados/as. En tódalas deliberacións da comisión de selección poderán estar presentes, con voz e sen voto, os/as representantes legais dos traballadores/as.

7.2. Unha vez elaboradas as listas, a comisión permanente de selección elevaraas á Alcaldía para que proceda a ordena-la súa aprobación definitiva e a súa publicación no BOP, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Mugardos.

7.3. Producida a situación especificada na base 1ª procederase ó chamamento da persoa que, según a orde de prelación que figura na lista previa, lle corresponda ser chamado.

O chamamento poderase facer telefónicamente en supostos de urxencia, cando se trate da cobertura dun posto de traballo cuia non cobertura puidese orixinar graves prexuizos no funcionamento e/ou prestación do servizo público.

Para poder ser citado mediante o chamamento telefónico os/as interesados/as deberán optar a esta modalidade na súa solicitude de inclusión nas listas; a dita opción será irrenunciable polo/a interesado/a.

Os chamamentos telefónicos faranse entre as 8 horas e as 15 horas, e o/a funcionario/a que os realice fará constar mediante dilixencia a realización de tales chamamentos, e se tiveron ou non resposta.

Para os demáis supostos o chamamento efectuarase por medio de telegrama ou calquera outro medio que permita ter constancia da súa recepción polo/a interesado/a.

Os que sendo chamados para facer efectiva a contratación ou nomeamento, non se presentasen no prazo de 48 horas ou renunciasen ó mesmo, perderán os seus dereitos, sendo excluídos das listas, agás casos de forza maior debidamente acreditados e apreciados libremente pola comisión permanente de selección. De producirse este suposto chamarase ó/á seguinte da lista.

Os/as integrantes das listas non perderán a súa orde de prelación nas mesmas ata a confección das seguintes listas e, en todo caso, como máximo ata que se xenere o dereito a prestación de desemprego de tal maneira que se a contratación ou o nomeamento para o que son chamados ten unha duración inferior retornarán o posto que ocupaban na orde de prelacion da lista no momento de ser chamados. Xenerado o dereito a prestación de desemprego o/a interesado/a pasará a ocupar o último lugar na lista.

As listas terán unha vixencia de tres anos contados dende a súa aprobación definitiva, se ben se farán actualizacións anuais. A tal efecto, durante o mes de xaneiro de cada ano de vixencia, agás no 2011, abrirase o prazo, previa convocatoria pública no B.O.P, a fin de que os/as interesados nas listas poidan actualizar e aportar os novos méritos, e de que poidan solicitar a súa inclusión nas listas todos/as que estean interesados. En todo caso, só se terán en conta os méritos alegados que o/a solicitante reúna a 31 de decembro inmediato anterior, tendo efectos todos estes cambios tras a correspondente aprobación e publicación de novas listas actualizadas.

Baremación de méritos.

O sistema aplicable para a elaboración das listas será o seguinte:

A.- Por ter aprobado probas selectivas en calquera administración pública durante o ultimo ano, referido a data na que remate o prazo de presentación de instancias, para o acceso a condición de funcionario/a ou persoal laboral fixo no mesmo grupo, escala, especialidade ou categoría na que se solicita a inscrición na lista: 2 puntos por exercicio aprobado ata un máximo de 20 puntos.

B.1 - Por servizos prestados no Concello de Mugardos na mesmo corpo, escala, subescala e/ ou categoría ou posto de traballo á que se pretende acceder, referidos ós últimos tres anos: 0,20 puntos/mes completo. (Acreditarase con informe de vida laboral e certificado de servizos prestados).

B.2 - Por cada mes de servizos prestados noutras administracións públicas nos termos indicados no apartado anterior e referidos ós últimos tres anos: 0,15 puntos/mes completo. (Acreditarase con informe de vida laboral e certificado de servizos prestados )

B.3 - Por cada mes de servizos prestados na empresa privada nos mesmos termos indicados nos apartados anteriores, e referidos ós últimos 3 anos: 0,10 puntos/mes. (Acreditarase con informe de vida laboral e certificado de empresa ou contrato no que conste a categoría ou posto )

A suma da puntuación destes tres apartados non poderá exceder de 8 puntos.

C.1 - Por cada curso de formación ou perfeccionamento impartido polas administracións públicas, universidade, INEM, Forcem ou sindicatos e relacionado coas funcións propias da categoría (máximo 3 puntos):

- De 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

- De máis de 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos por curso.

- De máis de 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos por curso.

- De máis de 100 horas en adiante: 0,65 puntos por curso

Non se avaliarán os cursos de menos de 15 horas de duración nin aqueles nos que non figure número de horas.

C.2- Cursos formación impartidos por entidades privadas relacionados coas funcións propias da categoría ou posto ( máximo 1,25 puntos ):

- De máis de 15 horas : 0,25 puntos por curso.

C.3- Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

a) Celga 2: 0,25 puntos.

a) Celga 3 ou en grao de iniciación: 0,50 puntos.

b) Celga 4 ou en grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e pola orde de 19.01.1989 (DOG nº. 527 de 08.02.89).

D.- Circunstancias persoais.

Persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración (máis de 12 meses) demandantes do primeiro emprego, mulleres que acrediten a condición de víctimas de violencia de xénero: 1,5 puntos por calquera das ditas situacións.

Acreditación: Certificados ou informes do Servizo Público de Emprego os relativos á situación de desemprego. Mulleres víctimas da violencia de xénero por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG 152 do 7 de agosto de 2007): documento acreditativo de tal situación do xulgado do correspondente.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á maior obtida en cada un dos apartados deste baremo pola orde prelativa establecida nel (A, B1, B2 etc... e así sucesivamente).

Interpretación e normativa supletoria.

A interpretación destas normas corresponde á comisión permanente de selección. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.

Mugardos, a 19 de agosto de 2010.

ANEXO I

SOLICITUDE DE COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO PARA O CONCELLO DE MUGARDOS.

CONVOCATORIA ESPECÍFICA LISTAS TRABALLO TEMPORAL

CATEGORIA .....

TAXAS POR DEREITO DE INSCRICIÓN

GRUPO

TITULACION

ESIXIDA

GRUPO DE

COTIZACIÓN

OUTROS

REQUISITOS

I.- Datos do/a solicitante.

Apelidos:

Nome:

D.N.I.:

Enderezo:

Poboación:

Concello:

Teléfono:

Nº. S.Soc.:

II. Solicita a súa inclusión na lista antes suliñada para a cobertura de postos de traballo con carácter temporal, ó abeiro da convocatoria aprobada polo Concello de Mugardos.

III. O/a solicitante declara que non lle afectan as incompatibilidades recollidas na convocatoria para a contratación temporal co Concello de Mugardos.

IV. Opción para chamamento aos/ás aspirantes (sinalar cun X):

 Chamamento telefónico aos números que se indican: Fixo: __________________

Móvil:__________________

V. Documentación que achega (sinalar cun X o que proceda)

 Relatorio de méritos que alega: Anexo II

 Xustificantes requeridos dos méritos alegados.

 Titulos académicos e profesionais requeridos (fotocopia cotexada).

 Carnet de conducir, si é o caso. (fotocopia cotexada)

 DNI (fotocopia cotexada)

 Xustificante do pagamento das taxas por dereitos de inscrición.

En ........................, a…….de……………………de………

(sinatura)

Sr. Presidente da comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Mugardos.

ANEXO II

Para os efectos do baremo aplicable para a elaboración das listas para a cobertura de postos con carácter temporal ou nomeamento interino, acredita os méritos que deseguido se especifican e xunta a documentación xustificativa dos mesmos:

I. Datos persoais:

Apelidos e nome:…………………………………………………

D.N.I…………………………………………….

II. Probas selectivas aprobadas, experiencia profesional e méritos académicos.

Sinalar na columna da esquerda cunha aspa (x) os que se aleguen e unir os certificados ou xustificantes oportunos, segundo as bases publicadas.

 Por ter aprobado probas selectivas en calquera Admón. Pública durante o último ano.

 Por servizos prestados no Concello de Mugardos na mesma categoría á que se pretende acceder (3 últimos anos)

 Por servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoría (3 últimos anos)

 Por servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría (3 últimos anos)

 Por cada curso de formación ou perfeccionamento relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

A) Por entidades públicas:

 De máis de 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

 De máis de 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos por curso.

 De máis de 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos por curso.

 De máis de 100 horas en adiante: 0,65 puntos por curso.

B) Por entidades privadas:

 De máis de 15 horas: 0,25 puntos por curso

 Polo coñecemento acreditado do idioma galego.

 Celga 2: 0,25 puntos

 Celga 3 ou en grado de iniciación: 0,50 puntos

 Celga 4 ou en grao de perfeccionamento: 0,75 puntos

En ................................., a.......... de...........................do................

( Sinatura)

DECLARACIÓN DE VERACIDADE

(BASE 4ª DA NORMATIVA POLA QUE SE REGULA A ELABORACIÓN DE LISTAS)

D/Dna...............................................................…..................…………………, maior de idade, con D.N.I. nº……..............................……e enderezo en…..............................................................……… do Concello de…........................…......……….; perante a comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Mugardos.

DECLARO:

I.- Que non estou separado/a do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

II.- Que non padezo enfermidade nin estou afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento do traballo ao que opto.

En ........................................, a……….de………………..de………

Asinado

Nota: coa sinatura desta declaración doume por sabedor de que o falseamento de calquera dos seus puntos implica a nulidade da eventual contratación.”

 

En Mugardos, a vinteseis de agosto de 2010. O ALCALDE ACCTAL. Delegación de Funcións R.A. 543/2010 de 20.08.2010 ASDO. JOSÉ ANTONIO BOUZA REY 2010/12673

 

Bases Espepecíficas

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA ESPECÍFICA E ELABORACIÓN DAS LISTAS PARA A PROVISION TEMPORAL DE
POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUGARDOS.

CATEGORÍAS: BIBLIOTECARIA/O ARQUIVEIRA/O

Dacordo co disposto na base segunda das xerais que rexerán a elaboración das listas para a provisión temporal de
postos de traballo no Concello de Mugardos (B.O.P. nº. 168/02.09.2010) en aplicación do disposto na base 1ª das mesmas,
pola resolución da alcaldía núm. 785/2011, de 22.09.2011, acordouse convoca-lo procedemento de elaboración de
listas de aspirantes para as contratacións laborais temporais que deseguido se relacionan, convocatoria que se rexerá
polas seguintes BASES ESPECÍFICAS:

Clasificación dos postos.

CATEGOR ÍA GRUPO
GRUPO
COTIZACIÓN
TITULACIÓN ESIXIDA
BIBLIOTECARIA/O ARQUIVEIRA/O A2 02 Diplomatura en Biblioteconomía

Requisitos esixidos.

Ademáis dos reflectidos nas bases xerais, requírese:
a) Xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 de Caixa Galicia o
importe correspondente ás taxas por dereitos de inscrición.

Dereitos de inscrición.

Os dereitos de inscrición establécense na contía de 12 euros.
Estarán exentos do pago dos dereitos de inscrición, previa xustificación, as persoas que figuren como demandantes
de emprego durante o prazo de, cando menos, un mes anterior á data da presente convocatoria. Serán requisitos para o
disfrute da exención que, no prazo de que se trate, non houberan rexeitado oferta de emprego adecuado nin se houbesen
negado a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así
mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
Aos efectos de acreditación do dereito á exención de taxas sinalar que a certificación relativa á condición de demandante
de emprego cos requisitos sinalados na convocatoria, solicitarase na oficina de servizos públicos de emprego. En
cuanto a acreditación das rendas, realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa suscrita polo/a solicitante,
según modelo que figura a continuación.
A falta de xustificación do abono dos dereitos de inscrición ou de atoparse exento determinará a exclusión do/a
aspirante.

MODELO DECLARACIÓN XURADA
D/Dª . …..................................................………, con D.N.I. ……..............….., e con enderezo en…....…..........……
DECLARA BAIXO XURAMENTO/BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

Que carece de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
E para que así conste ós efectos oportunos, asino o presente en ..................…., a …...….de …...... do ano ….....
(Sinatura)

Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes axustaránse ao modelos denominados Anexo I e Anexo II publicados no Boletin Oficial da Provincia nº.
200, do 20 de outubro de 2010.
O prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde a publicación desta convocatoria
no Boletín Oficial da Provincia.

Norma final.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos/as
interesados/as nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones
públicas e do procedemento administrativo común.”

Mugardos, 22 de setembro de 2011.
O ALCALDE, ASDO)XOSÉ FERNÁNDEZ BARCIA