Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos, Especialidad Bibliotecas, Xunta de Galicia

Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos, Especialidad Bibliotecas, Xunta de Galicia

7 Plazas, Acceso libre, Promoción Interna, Oposición, Subgrupo A2, 26-05-2014

 

Apertura de plazo
  • 3 Plazs acceso libre, 3 Plazas promoción interna, 1 Plaza discapacidad
  • Requisitos académicos: Diplomatura ou grao

 

Bases de la convocatoria

Convocar os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as de minas e axu- dantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

I. Normas xerais

I.1. O obxecto dos procesos selectivos será cubrir as prazas das escalas do corpo fa- cultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, que se sinalan no anexo I desta orde, polas quendas de promoción interna e acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. O número de vacantes reservadas á quenda de acceso libre e de promoción inter- na reflíctese no anexo I desta orde.

As prazas reservadas ao sistema de promoción interna que non se cubran, acumularan- se á quenda de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima do TRLFG e co Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a pra- zas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, do total de prazas convocadas reservaranse para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 % o número de prazas vacantes sinalado para cada escala no anexo I.

Este cota de reserva aplicarase ao sistema de acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade alcancen a taxa do 3 % das prazas convocadas, as non cubertas acumularanse ás restantes de acceso xeral.

No suposto de que as ditas prazas cubertas non alcancen a taxa do 3 % das prazas convocadas, as non cubertas acumularanse á cota do 7 % da oferta seguinte, cun límite máximo do 12 %.

Se algún/algunha aspirante con discapacidade que se presente pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído/a pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás dúas quendas, no que se refire ás relacións de admitidos/as e excluídos/as, aos chamamentos aos exercicios e á relación de aprobados/as. Non obstante, ao finalizar o proceso, elabo- rarase unha relación única na cal se incluirán todos/as os/as candidatos/as que superasen todas as probas selectivas, ordenados/as pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola cal participasen.

I.1.3. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instan- cia que presenten non se deduce a súa opción, será excluído/a nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Tras a publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos non se permitirá ningún cambio de quenda ou calquera tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (en diante EBEP), o TRLFPG e demais normas concordan- tes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos/as candidatos/as.

Para seren admitidos/as aos procesos selectivos os/as aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios/as de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título que para cada escala se sinalan no anexo II.

Os/as aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a ho- mologación do título. Este requisito non será de aplicación aos/ás aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

1.2.1.3. Pertencer como funcionario/a a algún dos corpos ou escalas integrados no ac- tual subgrupo C1 da Xunta de Galicia (corpo administrativo ou corpo de axudantes facul- tativos).

1.2.1.4. Ter prestados servizos efectivos como funcionario/a nalgún dos corpos ou es- calas integrados no actual subgrupo C1 da Xunta de Galicia (corpo administrativo ou corpo de axudantes facultativos) desde o que participen durante polo menos dous anos, compu- tados desde o ingreso ou desde a integración nel.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de ser- vizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 54 e 57 do TRLFPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limita- ción física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do ser- vizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatu- tarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

I.2.2. Para acceso libre. I.2.2.1. Nacionalidade: a) Ter a nacionalidade española. b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de tra- balladores/as.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descen- dentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter os títulos que, para cada escala, se sinalan no anexo II.

Os/as aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a ho

mologación do título. Este requisito non será de aplicación aos/ás aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limita- ción física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do ser- vizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatu- tarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equi- valente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con disca- pacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no mo- delo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co proce- demento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), seguindo a ruta

«Función pública»–«Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de pro- cesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as solicitantes deberán con- signar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a que se re- fire a base I.2.2.6, deberán indicalo expresamente na solicitude, e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Estes aspirantes poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 55/2011, do 31 de marzo (Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Os/as solicitantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, o/a solicitante, segundo estea ou non nos su- postos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta/o de pagamento: de acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Gali- cia, estarán exentos do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría es- pecial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa par- ticipación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción o/a solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e debe- rá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Discapacitados:

– Certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial:

– Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que o/a aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes á data da convocato- ria.

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A dita documentación deberá ser presentada nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxi- me xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC).

Nestes supostos, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

• Non exenta/o de pagamento: o/a solicitante poderá realizar o pagamento dunha das seguintes formas:

Pagamento presencial:

– Deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento telemático:

Sen certificado dixital:

– Deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital:

– Poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a op- ción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

En ambos os dous casos considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC.

Para a devolución da taxa aboada os/as solicitantes deberán figurar como excluídos/as nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia para participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as ins- trucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, os/as so- licitantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no núme- ro 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, o/a titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidos/as e excluídas/os a través dunha resolución que será publicada no DOG e nos lugares deter- minados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que estarán expostas.

I.4.2. Os/as aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, conta- dos a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emen- dar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implíci- tas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e ex- cluídos/as. Estas listaxes publicaranse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o titular da Dirección Xeral da Función Pública ditará unha nova resolución pola que se aproben as listaxes definitivas de aspirantes ad- mitidos/as e excluídos/as.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulgará que se lles recoñeza aos/ás aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideren deri- var da súa participación.

II. Proceso selectivo

II.1. Programa.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo III desta orde. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

II.2. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.2.1. Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cen (100) preguntas tipo test, máis tres (3) preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes á parte común e específica da respectiva escala.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de normas e temas que integran o programa.

Os/as aspirantes procedentes da quenda de promoción interna estarán exentos neste exercicio da parte común do programa.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas (2) horas.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respos- tas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un míni- mo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha (1) correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a cons- titución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non será anterior ao 15 de setembro de 2014.

II.2.2. Segundo exercicio.

II.2.2.a) Na escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas os aspirantes deberán des- envolver por escrito dous (2) temas, a elixir entre catro (4), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte específica do programa.

II.2.2.b) Na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, na especialidade de bibliotecas, os aspirantes deberán desenvolver por escrito dous (2) temas e elixir entre catro (4), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte específica do programa, (un (1) a elixir entre dous (2) da primeira parte, e un (1) a elixir entre dous (2) da segunda parte).

O exercicio terá unha duración máxima de tres (3) horas.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un míni- mo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para obter esta puntuación mínima, valorando en todo caso os coñecementos, a claridade e a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días hábiles.

II.2.3. Terceiro exercicio.

Os/as aspirantes deberán realizar por escrito un suposto práctico de desenvolvemento que elixirán entre dous (2) propostos polo tribunal sobre os temas que integran a parte específica do programa.

Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.

O exercicio terá unha duración máxima de tres (3) horas.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un míni- mo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima, valorando en todo caso o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas para a elaboración dunha proposta razoada para o suposto práctico.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) o suposto práctico en que consistía o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2.4. Cuarto exercicio, que constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal. Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixi- do para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o rema- te do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posúan o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) de- berán ser presentados polos aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos/as opositoras/es iniciarase alfabeticamente polo/a primeiro/a da letra «L», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 1 de febreiro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 25, do 7 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 21 de xaneiro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 18, do 27 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2011.

II.3.2. Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.3.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos/as as- pirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradores.

II.3.4. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.3.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, po- derán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as dúas medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso se- lectivo.

II.3.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG, no Servizo de In- formación e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi- nistracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.3.7. As puntuacións obtidas polos/as aspirantes nos exercicios da oposición publi- caranse no lugar onde se realizou a proba da que se trate, no Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.3.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dú- bidas fundadas de que algún/algunha aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convo- cante publicará a orde que corresponda.

II.3.9. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que os/as interesados/as poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase al- gunha ou algunhas das súas preguntas, publicarao no DOG.

II.4. A orde de prelación dos aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exer- cicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias dos/as seleccionados/as antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos dos/as aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non pre- senten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeados/as funcionarios/as.

III. Tribunal

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería compe- tente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta o previsto polo artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles cir- cunstancias das previstas no artigo 28 da LRX-PAC ou nas instrucións relativas ao funcio- namento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

O/a presidente/a deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, aos/ás ase- sores/as especialistas previstos na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non estar incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando conco- rran neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 29 da LRX-PAC.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG.

Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correc- to desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a con- correncia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na LRX-PAC, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sina- tura do/a secretario/a e o visto e prace do/a presidente/a.

III.8. O/a presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles/as candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou sig- nos que permitan coñecer a identidade do/a opositor/a.

As decisións e acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determi- nación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade dos opositores a que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as es- pecialistas para as valoracións que considere pertinentes. Estes/as asesores/as deberán limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que os/as aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que os/as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización das probas, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade do/a aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados/as que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos pre- vistos nos artigos 114 e 115 da LRX-PAC.

III.14. As comunicacións que formulen os/as aspirantes ao tribunal dirixiranse á Conse- llería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caeta- no, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de aprobados/as, presentación de documentación e nomeamento de fun- cionarios/as de carreira

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes na escala de axu- dantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, escala en que non existe infrarrepresentación feminina, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios da oposición pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.3.1.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes na escala de enxe- ñeiros/as técnicos/as de minas, escala en que existe infrarrepresentación feminina, acudi- rase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Criterio de desempate recollido no artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, segundo o cal o empate resolverase a favor da muller.

– Puntuación obtida nos exercicios da oposición pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.3.1.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu do- cumento nacional de identidade. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como funcionarios/as.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de aprobados/as, es- tes/as disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

A) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acre- dite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa convalidación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

B) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a mediante ex- pediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios/as, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

C) Informe sobre o estado de saúde que acredite que o/a aspirante non padece enfermi- dade nin está afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

D) Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar e, de ser o caso, da adminis- tración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que os/as aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Os que teñan a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisi- tos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

Deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

IV.4. Os/as que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeados/as funcionarios/as e quedarán anuladas as súas actua- cións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, os/as aspirantes serán no- meados/as funcionarios/as de carreira mediante unha orde do/a conselleiro/a competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás/aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Os/as aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia so- bre os/as da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes, de acordo co disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selec- tivo poderán tomar posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios/as pertencentes aos corpos ou escalas a que accedan, de acordo co disposto no artigo 63.3 do TRLFPG.

IV.7. A toma de posesión dos/as aspirantes que superen cada proceso selectivo efec- tuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións do TRLFPG e demais normas concordantes.

V. Disposición derradeira

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán pre- sentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014 Elena Muñoz Fonteriz Conselleira de Facenda

ANEXO I - Ver Bases

 

ANEXO II - Ver Bases

 

ANEXO III - Temario

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as de minas e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

– Programa común ás tres escalas:

1. Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia.

3. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presiden- cia: títulos I a V.

4. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.

5. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

6. Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter per- soal: títulos I, II, III e VI.

7. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refun- dido da Lei de contratos do sector público (Lei 30/2007, do 30 de outubro): título preliminar e títulos I (agás o capítulo VI) e II do libro I.

8. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

9. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a V.

10. Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.

11. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto re- fundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título I (capítulo V sección 1a e capítulo VIII) e título II.

12. Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: títulos preliminar a IV.

13. Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

14. Tratado da Unión Europea: títulos I a III.

15. Tratado de funcionamento da Unión Europea: primeira parte, segunda parte e capí- tulos 1 e 2 do título I da sexta parte.

II. Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axu- dantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

– Primeira parte:

1. Perspectivas da edición no século XXI. A edición electrónica. Dispositivos de lectura, características e evolución. O libro electrónico en bibliotecas, modelos e xestión. Aplica- cións na biblioteca pública.

2. A industria editorial e o comercio do libro en España na actualidade. Especial referencia a Galicia.

3. Lectura, libro e literatura infantil e xuvenil. O libro infantil e xuvenil en Galicia.

4. Concepto e función dos servizos bibliotecarios. Tipos de bibliotecas. Perspectivas de futuro.

5. As bibliotecas nacionais. Concepto e función. Proxectos e cooperación nacional e internacional. A Biblioteca de Galicia.

6. As bibliotecas públicas. Concepto e función. As bibliotecas públicas en Galicia.

7. As bibliotecas universitarias e as bibliotecas especializadas. Concepto e función. Os CRAI. As bibliotecas universitarias en Galicia. Rebiun.

8. As bibliotecas dixitais e virtuais: concepto. Proxectos locais, nacionais e internacio- nais. A biblioteca dixital de Galicia: Galiciana.

9. Definición e obxectivos da bibliografía. Evolución histórica e estado actual da biblio- grafía.

10. A normalización da identificación bibliográfica. O ISBN, o ISSN e outros códigos internacionais. Identificadores permanentes: DOI, RDF.

11. Fontes de información para o estudo da cultura galega.

12. Organización bibliotecaria española. Normativa sobre o libro, a lectura e as biblio- tecas.

13. Sistema bibliotecario de Galicia. Marco competencial e estrutura. Lexislación vixente.

14. A cooperación bibliotecaria. Sistemas, redes e consorcios. Situación en España e Galicia.

15. Organizacións bibliotecarias internacionais relacionadas coas bibliotecas: Unesco, IFLA, ISO, etc. A Unión Europea. Institucións e programas de apoio ás bibliotecas.

16. O patrimonio bibliográfico: lexislación e normativa de aplicación. Depósito legal e propiedade intelectual: marco legal e repercusións nas bibliotecas.

17. Normalización no almacenamento, difusión e intercambio da información bibliográfi- ca. FRBR, ISBD, regras de catalogación españolas e RDA.

18. Formatos para o tratamento da información bibliográfica nun contorno electrónico: os formatos MARC. O MARC 21. Linguaxes de marcación aplicadas aos rexistros biblio- gráficos.

19. Control e xestión de autoridades. Análise da estrutura da información nos rexistros de autoridade e puntos de acceso. Directrices internacionais, especial referencia a FRAD e MARC 21 de autoridades. Programas de control de autoridades.

20. Esquemas de metadatos. A Dublin Core Metadata Initiative. METS, MADS, MODS, PREMIS e outras normas para bibliotecas dixitais.

21. A clasificación: concepto e principais sistemas. A CDU.

22. Encabezamentos de materias: concepto, uso e función. Principais listas de encabe- zamento de materias utilizadas en Galicia.

23. Análise documental e linguaxes documentais. Thesaurus e descritores. Resumos. Novas tendencias: ontoloxías e web semántica. Recomendacións do W3C, especial refe- rencia a SKOS.

– Segunda parte: 1. A formación da colección: selección e adquisición. 2. Desenvolvemento e xestión da colección. A expurgación. Avaliación da colección.

3. Proceso técnico dos fondos bibliotecarios. Xestión dos fondos e localizacións. Análise da estrutura da información dos fondos e localizacións. O formato MARC21 para fondos e localizacións.

4. Espazos e equipamento nas bibliotecas. Especial referencia ás bibliotecas públicas.

5. Preservación da colección nas bibliotecas. Métodos preventivos de conservación. A restauración.

6. Os catálogos nas bibliotecas: concepto, fins e problemas de elaboración. Os catálo- gos colectivos físicos e virtuais. Os OPAC.

7. As novas tecnoloxías e a súa aplicación aos servizos bibliotecarios. Os sistemas inte- grados de automatización de bibliotecas: estado actual e tendencias de futuro.

8. A biblioteca 2.0. Aplicación da web social nas bibliotecas públicas: servizos, tecno- loxías, técnicas e ferramentas. Portais bibliotecarios. Deseño de contidos e servizos dunha web de bibliotecas e outros soportes dixitais ao servizo da biblioteca.

9. Sistemas de xestión de calidade. Normalización e certificación. Modelos de acredi- tación de calidade.

10. Xestión de bibliotecas. Avaliación dos procesos e dos servizos bibliotecarios. Normas ISO.

11. Marketing e difusión de servizos bibliotecarios.

12. O usuario das bibliotecas públicas: tipoloxía e detección de necesidades. A calidade do servizo ao usuario: o factor humano na atención ao público. Suxestións, queixas e o seu tratamento.

13. Programas de formación de usuarios. A alfabetización informacional. Ferramentas de axuda aos usuarios.

14. Os servizos na biblioteca pública. Información bibliográfica. O acceso aos fondos e a subministración de documentos. O servizo de préstamo: sistemas e características.

15. Os servizos virtuais da biblioteca. Desenvolvemento e mantemento. O servizo de referencia dixital.

16. Protocolos de recuperación e recolección de datos. Busca en bases de datos e na internet.

17. A área infantil e a xuvenil na biblioteca pública: recursos, espazos, servizos e activi- dades.

18. As bibliotecas públicas como institucións da memoria local. A colección, o desen- volvemento de servizos, as novas tecnoloxías e as alianzas estratéxicas.

19. A biblioteca pública para todos. A extensión bibliotecaria. Achegamento da biblioteca a colectivos específicos: terceira idade, discapacitados, inmigrantes, minorías, etc.

20. A animación á lectura: conceptos e características. Actividades. A promoción da lectura dixital na biblioteca pública.

21. Dinamización cultural: concepto e características. Actividades culturais nas bibliotecas públicas. Cooperación con outras entidades e colectivos.

22. A función social da biblioteca. Presenza da biblioteca pública na sociedade.

ANEXO IV - Ver bases