Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Biblioteca y Archivo, Ayuntamiento de Cambre (A Coruña)

Auxiliar de Biblioteca y Archivo, Ayuntamiento de Cambre (A Coruña)

6 plazas, Subgrupo C2, Concurso Oposición, Funcionarización, 29-11-2014

 

Apertura de plazo

 

Bases específicas de la convocatoria

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FUNCIONARIZACIÓN DAS SEIS PRAZAS DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA-ARQUIVO DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE CAMBRE.

Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a funcionarización do persoal laboral fixo que realiza as funcións das seis prazas de auxiliar de biblioteca-arquivo do cadro de persoal deste Concello, encadradas na Escala de Administración Especial, Subescala Servizos Especiais, Clase cometidos especiais, Subgrupo C2, que ocupan os postos de traballo de auxiliar de biblioteca-arquivo da relación de postos de traballo deste Concello, de conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público e Disposición Adicional vixésimo primeira do Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2008, e de acordo coas Bases Xerais reguladoras dos procesos selectivos para a funcionarización do persoal laboral fixo do Concello de Cambre.

Sistema de Selección:

O procedemento selectivo será o de Concurso-oposición

Requisitos dos aspirantes:

Ademais dos que figuran na base segunda das bases xerais, o aspirante deberá estar en posesión de Titulo de Graduado escolar, FP I ou equivalente.

Os únicos aspirantes posibles ás prazas obxecto deste convocatoria son os contratados laborais fixos que desempeñan os postos de traballo de auxiliar de biblioteca-arquivo.

Dereitos de exame:

Os dereitos de exame fíxanse en 20 (vinte) euros

Composición do tribunal:

Consonte co artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, co Real Decreto 896/1991, polo que se establece as regras básicas e os programas mínimos aos que teñen que axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da administración local e co artigo 11 do Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado, aprobado por Real Decreto 364/1995, o Tribunal terá a seguinte composición:

Presidente: un funcionario de carreira desta Corporación.

Secretario: un funcionario de carreira desta Corporación

Vogais:

- Un funcionario de carreira.

- Un funcionario de carreira da escala de Administración especial da Administración Local.

- Un funcionario de carreira da escala de Administración xeral da Administración Local.

A designación nominal dos membros do tribunal incluirá á dos respectivos suplentes e publicarase, como mínimo, no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos do Concello.

Fase do concurso:

A fase de concurso, que será previa á da oposición, non terá carácter eliminatorio, nin a puntuación obtida nela poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición.

Valoraranse os seguintes méritos:

a) Experiencia profesional na Administración Pública:

- Por servizos prestados como persoal laboral fixo no Concello de Cambre en postos de traballo de auxiliar de biblioteca-arquivo: 0,50 puntos por ano completo de servizos ata un máximo de 4 puntos.

- Por servizos prestados como persoal laboral fixo noutras administracións locais en postos de traballo da mesma categoría e natureza á desta convocatoria: 0,25 puntos por ano completo de servizos ata un máximo de 2 puntos.

b) Cursos de formación e perfeccionamento sobre as materias directamente relacionadas coas funcións propias da praza convocada impartidos por organismos dependentes de Administracións Públicas, valoraranse da seguinte forma:

De hasta 5 horas de duración .................. 0,05 puntos.

De duración entre 6 e 20 horas .............. 0,20 puntos

De duración entre 21 e 50 horas............. 0,50 puntos

De duración entre 51 e 100 horas............. 0,75 puntos

De duración entre 101 e 150 horas............1,00 puntos

De duración superior a 150 horas.............. 1,50 puntos

A puntuación global máxima por cursos non poderá exceder de 2 puntos.

c) Probas selectivas superadas.

Por cada proba selectiva superada para acceder á condición de persoal laboral fixo: 0,50 puntos por cada exercicio ou proba superada ata un máximo de 2 puntos.

Os aspirantes presentarán conxuntamente coa instancia para tomar parte no proceso selectivo unha relación dos méritos que aleguen. A dita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos mesmos, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se terán en conta, nin se valoraran aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación das instancias.

Non será necesario presentar aqueles documentos xustificativos de méritos que xa consten neste Concello, debéndose facer constar así expresamente na relación de méritos que se presente coa solicitude.

A experiencia profesional noutras corporacións locais acreditarase coa certificación de servizos prestados da administración pública correspondente, na que claramente consten as datas concretas de prestación de servizos, o tipo de xornada realizada, a categoría profesional e na que se poda comprobar que as funcións ou tarefas realizadas correspóndense coa praza convocada.

A puntuación máxima que se pode alcanzar nesta fase de concurso será a de dez puntos por todos os méritos valorables.

Antes do comezo da fase de oposición publicaranse no Taboleiro de Edictos do Concello a puntuación outorgada a cada aspirante polos méritos alegados e debidamente acreditados.

Fase de oposición.

A fase de oposición constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Será un exercicio teórico-práctico, que se desenvolverá en dúas fases:

a) Presentación dunha Memoria mediante a cal se valorarán os coñecementos sobre unha das materias que a continuación se indican relacionadas co contido do programa anexo a estas Bases e sen axustarse a un epígrafe concreto dos temas do mesmo:

· Arquivos municipais.

· As bibliotecas públicas. As novas tecnoloxías.

. O Libro galego e a ilustración do libro infantil e xuvenil en Galicia.

A Memoria sobre a materia elixida, que non excederá de 10 folios escritos a ordenador, por unha soa cara, presentarase por duplicado no Rexistro Xeral do Concello de Cambre no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte á publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos no Boletín Oficial da Provincia.

A falta de presentación da memoria por parte do aspirante no prazo establecido, dará lugar á súa automática eliminación do proceso.

b) Exposición da Memoria. A Memoria será exposta oralmente e de forma resumida ante o Tribunal nun tempo non superior a 10 minutos. Trala exposición o Tribunal poderá abrir un diálogo con cada aspirante co fin de determinar os seus coñecementos sobre o contido da Memoria presentada, así como pedir calquera explicación complementaria sobre a mesma.

O tribunal valorará, ademais, dos coñecementos, a claridade, a orde de ideas, a calidade da exposición escrita e a capacidade de síntese.

A falta de presentación dun aspirante á defensa oral da memoria determinará a non superación do proceso selectivo.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio non eliminatorio.

Consistirá na tradución, sen dicionario, de dous textos propostos previamente polo tribunal, un de castelán ao galego e outro de galego ao castelán, nun tempo máximo de media hora.

Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA IV ou equivalente ou que xa houbesen superado o exercicio de coñecemento do galego no proceso selectivo para obter a condición de persoal laboral fixo estarán exentos da realización do presente exercicio.

Os documentos acreditativos dos extremos sinalados no parágrafo anterior deberán ser presentados xunto coa solicitude se non estiveran xa no poder desta Corporación, debéndose de facer constar así expresamente na solicitude.

Cualificación do concurso-oposición.

O primeiro exercicio da fase de oposición será cualificados ata un máximo de vinte puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de dez puntos.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal no primeiro exercicio será de 0 a 20 puntos. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes, sendo o cociente a cualificación definitiva.

O segundo exercicio cualificarase cun máximo de 5 puntos, estando comprendido entre 0 e 5 o número de puntos que pode outorgar cada membro do tribunal e procedendo do mesmo xeito que se indica no parágrafo anterior.

A puntuación final do concurso-oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e nos exercicios da fase de oposición.

ANEXO TEMARIO

PARTE COMÚN:

1.- A Constitución Española de 1978. Principios xerais. Características, estrutura e contido

2.- Procedemento administrativo: principios xerais. Fases do procedemento administrativo

3.- O Réxime local: Regulación xurídica. Organización municipal. Competencias do municipio.

4.- A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

PARTE ESPECÍFICA:

Tema 5.- O servizo público na esfera local. Os modos de xestión.

Tema 6.- Concepto e misión dos servicios bibliotecarios. Clases de bibliotecas.

Tema 7.- A biblioteca pública. As bibliotecas públicas municipais. Concepto e funcións. Servicios que debe dar unha biblioteca pública municipal.

Tema 8.- O proceso técnico dos fondos na biblioteca pública ata a súa disposición ao usuario.

Tema 9.- Sistemas de clasificación de fondos. A CDU (Clasificación Decimal Universal).

Tema 10.- A biblioteca 2.0. Servizos bibliotecarios.

Tema 11.- Servicio aos usuarios: información, préstamo e extensión bibliotecaria. Formación de usuarios.

Tema 12.-Promoción da lectura. Elementos implicados na animación á lectura.

Tema 13.- Internet e as bibliotecas. As TIC nas bibliotecas.

Tema 14.- Cooperación bibliotecaria. Sistemas e Redes de bibliotecas.

Tema 15.- O libro galego. Orixes e evolución.

Tema 16.- Panorámica actual da literatura infantil e xuvenil en España.

Tema 17.- Panorámica actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia.

Tema 18.- A ilustración do libro infantil e xuvenil.

Tema 19.- Documentos. Definición de arquivo. Clases de arquivos.

Tema 20.- Os arquivos municipais, os seus fins e funcións.

O Concelleiro delegado da áreade Réxime Interior, Patrimonio e Contratación. Felipe Andreu Barallobre