Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Ponteareas (Pontevedra)

Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Ponteareas (Pontevedra)

3 Plazas, Concurso Oposición, Acceso Libre, Grupo C1, 24-04-2012
Apertura de plazo

Bases Generales

Por Resolución de Alcaldía de data 22/02/2012 retifícanse as bases aprobadas por Resolución de

Alcaldía de data 20/05/2011 publicadas no BOP de Pontevedra nº 121, do 24 de xuño de 2011, e anuncio

de convocaatoría das prazas no DOG nº 231, de 02 de decembro de 2011, retificación relativa a praza de

Auxiliar vocalía da muller na que se detectou a omisión da condición da praza de reserva de minusvalia,

polo que onde dicia nº de prazas: 01 debe dicir nº de prazas: 01 (Reserva de minusvalia) polo que en base

a esta Resolución publícase de novo o texto íngegro das bases retificadas.

De acordo coa Resolución Alcaldía citada e bases xerais cuxo texto íntegro publicouse no BOP de

data 12/04/2010, faise público a convocatoria e bases do proceso selectivo a que se refire o presente

acordo, sendo o prazo para presentar as solicitudes de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao

da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das

bases e da convocatoria no Boletín da Provincia e do extracto no Diario Oficial de Galicia.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

Aprobadas as bases xerais por Xunta de Goberno en data 01/03/2010 ( B.O.P nº 67 de 12 de abril de

2010 ) cuxo obxecto e cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo incluídas na

Oferta de Emprego Público do ano 2008 (B.O.P. número 250, de 29 de decembro de 2008) no marco do

proceso de consolidación de emprego temporal do persoal do concello de Ponteareas mediante concurso

- oposición ao abeiro do establecido no artigo 61.7 e na Disposición Transitoria carta da Lei 7/2007, de

12 de abril polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público e do artigo 249.1 da Lei 5/1997,

de Administración Local de Galicia, e os efectos de convocar de forma progresiva os diferentes procesos

selectivos, e polo que procédese a convocar as prazas que a continuación se relacionan:

 

Denominación e características das prazas de Auxiliar biblioteca:

Nº de prazas 02

Código praza 1.04.01;1.04.03 ( Cadro de persoal BOP 22/12/2010)

Grupo Convenio 4

Xornada Completa

Denominación Auxiliar biblioteca

Retribucións Convenio Colectivo Concello Ponteareas


Denominación e características das prazas de Auxiliar biblioteca:

Nº de prazas 01

Código praza 1.04.02 ( Cadro de persoal BOP 22/12/2010)

Grupo Convenio 4

Xornada 50 %

Denominación Auxiliar biblioteca

Retribucións Convenio Colectivo Concello Ponteareas

 

REQUISITOS

Ademais das condicións establecidas na base segunda das bases xerais, deberán estar en posesión de

— Para a praza de notificador certificado de escolaridade ou equivalente.

— Para as prazas de auxiliar vocalía muller, auxiliar museo e auxiliar biblioteca ESO, EXB ou

equivalente.

— Para as prazas de condutor ESO, EXB ou equivalente, e carné de conducir C+E con BTP.

— Para as prazas de auxiliar de clínica FP grado medio en coidados auxiliares de enfermería ou

equivalente.

— Para as prazas de auxiliar de puericultura, FP técnico especialista en xardín de infancia ou

FP grado superior en educación infantil ou equivalente, ou profesionais que sen ter ningunha

das titulacións referidas presenten certificado expedido pola Consellería de Educación e

Ordenación universitaria de realización do curso de habilitación para profesionais do primeiro

ciclo de educación infantil

Todos os requisito esixidos, deberán reuni-los os aspirantes o día que remate o prazo para presentar

as solicitudes, e conservarse ata a data de nomeamento.

DEREITOS DE EXAME

1.—Será requisito necesario para participar nas probas selectivas, aboar dentro do prazo de

presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine

na entidade bancaria, o solicitante aportará xunto coa instancia copia do resgardo do ingreso.

2.—En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o

trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude.

3.—A taxa por dereitos de exame deberá aboarse necesariamente dentro do prazo de presentación

de instancias, e a falta de pago en dito prazo determinará a exclusión definitiva do aspirante das probas

selectivas.

4.—A conta para o ingreso das taxas, será a conta de novacaixagalicia (antiga Caixa Galicia ),

sucursal de Ponteareas nº: 2091 0517 05 3110000043.

Para as probas selectivas, aplicarase a seguinte tarifa:

Grupo C2 (antigo grupo D) ou laboral fixo ao nivel equivalente . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25,00 €

Agrupacións Profesionais (antigo grupo E) ou laboral fixo ao nivel equivalente . . . . . . . . . . 20,00 €

5.—Están exentos do pago da taxa aqueles suxeitos pasivos que se atopen nalgunha das seguintes

situacións:

— As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo o certificado emitido polo

IMSERSO, o cal deberá achegarse á instancia de solicitude.

— As persoas inscritas no INEM como demandantes de emprego, non subsidiarios, segundo o

certificado emitido polo INEM, o cal deberá achegarse á instancia de solicitude.

6.—Gozarán dunha bonificación do 50 % aqueles suxeitos pasivos, membros de familias numerosas

que teñan recoñecida tal condición.

Procederá a devolución da taxa por dereitos de exame cando non se realice o feito impoñible por

causas non imputables ao suxeito pasivo.

Por tanto, non procederá devolución ningunha dos dereitos de exame nos supostos de exclusión das

probas selectivas por causas imputables ao interesado.

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar

mediante unha instancia dirixida ó Sr. Alcalde Presidente do Concello de Ponteareas segundo modelo

establecido no Anexo I das bases xerais.

INCIDENCIAS

O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e adoptar as decisións precisas

para o normal desenvolvemento do proceso selectivo ó amparo da lexislación vixente.

Contra este acto de aprobación de bases, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso

potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes, ou ben directamente

recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Pontevedra, no

prazo de 2 meses.

REXIME XURIDICO

Os procesos selectivos regularanse polo disposto nestas bases específicas, polo disposto nas bases

xerais da convocatoria e no non previsto nestas de acordo coa normativa vixente de aplicación.

DISPOSICION FINAL

As bases xerais da convocatoria, estas bases específicas e cantos actos administrativos deriven delas

e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92,

do 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, modificada pola Lei 4/99.

A Administración local tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o

previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

 

ANEXO I - Temario

Parte xeral grupo IV

Tema 1.—A constitución española. Visión xeral e especial referencia aos dereitos fundamentais e

liberdades públicas.

Tema 2.—Constitución española: A coroa

Tema 3.—O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación.

Tema 4.—Dereitos dos empregados públicos no Estatuto Básico de Empregado Público. Código de

Conduta dos empregados públicos.

Tema 5.—O persoal laboral: concepto, selección e adquisición de condición de contratado laboral

fixo.

Categoría: Auxiliar Biblioteca

Tema 1.—A Biblioteca Central do Concello de Ponteareas: Organización, estrutura, dotación, e

funcionamento.

Tema 2.—As axencias de lectura do Concello de Ponteareas: Situación, organización, estrutura,

dotación, e funcionamento.

Tema 3.—As bibliotecas públicas funcións e servizos.

Tema 4.—A información e a atención o público.

Tema 5.—O préstamo.

Tema 6.—As seccións infantís e xuvenís.

Tema 7.—A animación a lectura.

Tema 8.—Internet na biblioteca.

Tema 9.—A clasificación decimal universal e os encabezamentos de materias.

Tema 10.—Normas fundamentais de conservación dos fondos bibliográficos.

Tema 11.—As seccións de publicacións periódicas e electrónicas.

Tema 12.—Os catálogos e os instrumentos de descrición nas bibliotecas.

Tema 13.—A selección e adquisición de fondos bibliográficos.

Tema 14.—O museo municipal: Organización.

Tema 15.—Pezas principais do museo municipal.