Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Ortigueira (A Coruña)

Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Ortigueira (A Coruña)

1 Plaza, Concurso-Oposición, Acceso libre, Grupo A2, 03-08-2010

 

 

Bases de la convocatoria BOP de A Coruña nº 146 de 03-08-2010

Efectúase convocatoria específica para a provisión dunha praza vacante do cadro persoal laboral fixo, deste Concello,

de Auxiliar de Biblioteca, de conformidade coas seguintes bases específicas que completan as bases xerais da convoca-

toria unitaria para a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e de persoal laboral fixo incluídas na

oferta de emprego público desta Corporación do ano 2008.

 

Sistema de provisión

Concurso-oposición.

Número, denominación e características.

A praza está encadrada no cadro de persoal laboral fixo. Grupo II, denominada Auxiliar de Biblioteca.

O número de prazas que se convocan é UNHA (1)

 

Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido/a á realización das probas, os aspirantes deberán reunir, ademais das condicións e requisitos esta-

blecidos nas bases xerais da convocatoria, os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de Diplomatura ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo

de presentación de instancias.

b) Non estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas nin separado/a do servizo ás administracións públi-

cas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

 

Documentación.

Os/as aspirantes que desexen participar no proceso selectivo deberán presentar a correspondente solicitude de con-

formidade co establecido na base terceira das xerais.

 

Tribunal cualificador.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Publico e no artigo 4

do RD 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as Regras Básicas e programas mínimos a que debe axustarse o

procedemento de selección dos Funcionarios da Administración Local, o Tribunal cualificador estará constituído, por:

Presidente (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera Administración pública, preferentemente da Admi-

nistración Local.

Vogais (en número de tres): Funcionario de habilitación estatal ou Funcionario de calquera administración pública.

Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública, preferentemente da Adminis-

tración Local.

De todos os xeitos o Tribunal calificador constituirase segundo o disposto na base sexta das xerais e actuarán de

conformidade co estipulado nela.

 

Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.

 

Fase de concurso:

 

Non terá carácter eliminatorio e consistirá na avaliación por parte do tribunal dos méritos que concorran en cada un dos

aspirantes, para o cal se acompañarán á instancia os documentos xustificativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) que

consideren oportunos. Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente

acreditados, en todos os seus extremos, na data de finalización do prazo de presentación das instancias.

Valorarase a expriencia profesional nos ámbitos da administración pública e privado, a formación académica especiali-

zada e outros méritos, segundo o seguinte baremo:

1. Experiencia profesional

A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 30 puntos, dacordo co seguinte baremo:

1.1 Por servizos prestados na Administración Local en postos de traballo en Bibliotecas, coa categoría ou grupo igual

ou superior á praza convocada, 0,40 puntos por mes traballado.

1.2 Por servizos prestados noutras Administracións Públicas en postos de traballo en bibliotecas coa categoría ou

grupo igual ou superior a praza convocada, 0, 20 puntos por mes traballado.

1.3 Por servizos prestados na Administración Local noutros postos de traballo na mesma categoría ou grupo a praza

convocada: 0,10 puntos por mes traballado.

1.4 Por servizos prestados noutras Administracións Públicas noutros postos de traballo na mesma categoría ou grupo

a praza convocada: 0,05 puntos por mes traballado.

1.5 Por servizos prestados en empresas ou entidades privadas en postos de traballo como Bibliotecas, coa categoría

ou grupo igual ou superior a praza convocada: 0, 20 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación académica especializada e relacionada co posto:

A puntuación máxima neste apartado no poderá superar os 6 puntos, dacordo co seguinte baremo:

2.1 Por estar en posesión dos seguintes títulos:

Licenciatura en Documentación, Licenciatura en Historia da Arte, Licenciatura en Xeografía e Historia, especialidade de

arquivística e biblioteconomía, 2 puntos por cada un:

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación: 1,5 puntos

2.2 Cursos, seminarios ou xornadas presenciais, expedidos por organismos oficiais ou centros homologados, e relacio-

nados directamente coa praza convocada:

- Cursos de máis de 200 horas; 1,50 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 151 horas e 200 horas; 1, 20 punto por cada curso.

- Cursos de entre 121 horas e 150 horas; 1 punto por cada curso.

- Cursos de entre 80 horas e 119 horas: 0,70 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 40 y 79 horas: 0,30 puntos por cada curso.

- Cursos de entre 20 y 39 horas: 0,15 puntos por cada curso.

- Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos por cada curso.

No caso de estar en posesión de distintas titulacións, valorarase unicamente o nivel máis alto de formación.

En todo caso, no título ou no certificado acreditativo da realización do curso, seminario ou xornada deberá constar o

número de horas de duración, de non constar valorarase como os cursos de menos de 20 horas.

 

Fase de oposición

 

A oposición, constará de catro exercicios, sendo os tres primeiros de carácter obrigatorio e eliminatorio e o cuarto de

carácter obrigatorio e non eliminatorio máis unha entrevista curricular.

- Primeiro exercicio: consistirá en contestar a un cuestionario tipo test composto por 100 preguntas sobre o temario que

figura como anexo das presentes bases, con tres respostas alternativas, sendo unicamente unha delas a correcta.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

Neste exercicio cada resposta correcta puntuarase 0,25 puntos, a resposta errada penalizará con -0,025 puntos e a

resposta en branco penalizarase con -0,010. O exercicio será eliminatorio e puntuable ata un máximo de 25 puntos, sendo

eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de 12,5 puntos.

- Segundo exercicio: Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período de tres horas, dous temas de entre catro

temas extraídos ao chou polo Tribunal, da parte específica do temario, contido no Anexo I da presente Convocatoria.

Neste exercicio valorarase os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como

a súa forma de presentación e exposición.

No desenvolvemento do mesmo non poderá utilizarse ningún libro ou material de consulta.

A cualificación global deste exercicio será de 0 a 20 puntos. Cada tema cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso

alcanzar un mínimo de cinco puntos en cada un dos temas para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a

obteñan. Posteriormente efectuarase a suma da nota obtida en cada un dos exercicios, que será a puntuación da proba. O

Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

- Terceiro exercicio: será de tipo práctico e desenvolverase por escrito, durante un tempo máximo de tres horas, sobre un

suposto práctico plantexado polo tribunal antes do comezo do exercicio, e que estará realacionado coas funcións asignadas

á praza a cubrir.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán utilizar libros ou documentos con textos legais non

comentados.

O tribunal poderá pedir aos aspirantes cantas aclaracións verbais estime necesarias para a xustificación da solución

proposta.

Neste exercicio, ademais dos coñecementos teóricos, valorarase a capacidade de síntesis e a claridade expositiva.

Este exercicio será cualificado entre 0 e 30 puntos, e para superalo será necesario acadar un mínimo de 15 puntos. O

Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima..

-Cuarto exercicio: coñecemento da lingua galega. Consistirá na traducción directa ou inversa dun texto en galego ou

castelán. A duración deste exercicio será de trinta minutos.

Este exercicio será cualificado entre 0 e 5 puntos, e non terá carácter eliminatorio.

Aqueles opositores que acrediten estar en posesión de título de lingua galega ou validación do mesmo, estarán exentos

de realizar o presente exercicio, valorándose do seguinte xeito:

-Linguaxe administrativa superior: 5 puntos.

-Linguaxe administrativa media: 3 puntos.

-Perfeccionamento, a súa validación, ou o Celga 4: 2,5 puntos.

-Iniciación, a súa validación, ou Celga 2: 1 punto.

Os aspirantes poderán optar a realización do exercicio co fin de acadar unha puntuación máis alta.

-Entrevista curricular.- De conformidade co establecido no artigo 61.6 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba

o Estatuto Básico do Empregado público e no artigo 4.2 do real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e

programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración Local, o Tribunal

cualificador realizará unha entrevista curricular aos aspirantes que superasen a fase de oposición. A entrevista terá por

obxecto concretar aspectos que determinen a idoneidade da persoa aspirante para o posto obxecto da convocatoria, en

relación ao seu currículo ou méritos aportados, e terá unha puntuación máxima de 10 puntos.

ANEXO I .- TEMARIO


I.- Parte Xeral

1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais, estrutura e contido.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa garantia e suspensión. O Defensor do Pobo.

3. A Coroa. Natureza e características. Sucesión rexencia e tutela.

4. Estatuto de Autonomía de Galicia. As Institucións da Comunidade Autónoma: O Parlamento. O Consello da Xunta. O

Presidente.

5. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e

anulabilidade..

6. O procedemento administrativo: iniciación, ordenamento, instrución e terminación. A obriga de resolver. O silencio

administrativo.

7. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios..

8. Municipio: Concepto e elementos. O Térmo Municipal. A poboción: especial referencia ao empadronamento

9. A organización política e administrativa do Concello: o Goberno Municipal. O Pleno. O Alcalde. Os Tenentes de Alcal-

de. A Xunta de Goberno. Órganos complementarios. Composición e atribucións.

10. Persoal ao servizo das corporacions locais. Persoal Funcionario e persoal laboral. Situacións administrativas.

11. Dereitos e deberes dos funcionarias/s públicas/os locais. Código de conduta das/os empregadas/os públicos.

Réxime disciplinario: Faltas e sancións. Réxime de incompatibilidades.

12. Os recursos das Facendas Locais. Taxas e prezos públicos. Impostos locais. O orzamento xeral das Entidades

Locais

 

II.- Parte específica

 

 

1. Concepto e función dos servizos bibliotecarios. Clases de bibliotecas.

2. Bibliotecas nacionais: concepto, función e servizos.

3. Instalación e equipamiento de bibliotecas.

4. Preservación e conservación dos materiais bibliográficos e dos recursos de información dixital.

5. Desenvolvemento da colección: selección, expurgo e adquisición de documentos.

6. Proceso técnico dos fondos: rexistro, selado, almacenamento e xestión de depósitos.

7. Os catálogos nas bibliotecas: concepto, fins e problemas de elaboración. A catalogación cooperativa. Os OPAC. A usabilidade.

8. A clasificación bibliográfica: concepto e principais sistemas. A CDU.

9. A normalización da identificación bibliográfica: ISBN, ISSN e outros códigos internacionais.

10. Formación de usuarios. Alfabetización informacional.

11. Servizos de extensión bibliotecaria. Actividades de animación e fomento da lectura.

12. Servizos bibliotecarios en zonas rurais.

13. Extensión, promoción e márketing aplicado ás bibliotecas.

14. As novas tecnoloxías e a súa aplicación aos servizos bibliotecarios.

15. A rede de bibliotecas de Galicia.

16. Recomendacións para o servizo de Referencia Dixital

17. Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas

18. Directrices para o Manifiesto IFLA/UNESCO sobre Internet

19. Lei 17/2006, de 27 de decembro, do Libro e a Lectura de Galicia.

20. Lei 14/1989, de 11 de outubro, de bibliotecas de Galicia.

21. Decreto 41/2001, de 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

22. Decreto 24/1995, de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos

23. O regulamento da biblioteca do Concello de Ortigueira.

24. A ordenación de fondos na biblioteca do Concello de Ortigueira.

25. Os servizos na biblioteca do Concello de Ortigueira.

26. A colección local na biblioteca do Concello de Ortigueira: composición, organización e difusión.

27. O sistema de xestión automatizada da biblioteca do Concello de Ortigueira: Koha.

28. Campañas de animación á lectura na biblioteca do Concello de Ortigueira.

29. O patrimonio bibliográfico galego. Normativa vixente.

30. O patrimonio bibliográfico español. Normativa vixente.

31. A propiedade intelectual en España. A súa implicación na xestión bibliotecaria.

32. Directrices IFLA/UNESCO para o desenvolvemento do servizo de bibliotecas públicas.

33. A biblioteca dixital na rede de bibliotecas de Galicia.

34. Evaluación de servizos.

35. A difusión e comunicación da biblioteca do Concello de Ortigueira. Apertura hacia os ciudadáns.

36. O libro e as bibliotecas ata a invención da imprenta.

37. O libro e as bibliotecas dende a invención da imprenta ata o século XVIII.

38. O libro e as bibliotecas nos séculos XIX y XX.

39. Libros electrónicos: o novo concepto de libro.

40. Perspectivas para a edición no século XXI.

41. O libro galego: orixes e evolución.

42. Panorámica actual da literatura infantil e xuvenil en España.

43. Panorámica actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia.

44. A ilustración do libro infantil en Galicia.

45. A web 2.0. O blog da biblioteca do Concello de Ortigueira.

46. O persoal da biblioteca. Funcións.

47. Os clubes de lectura. Funcionamento.

48. A hemeroteca nas bibliotecas públicas.