Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Nigrán (Pontevedra)

Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de Nigrán (Pontevedra)

1 Plaza, Concurso-Oposición, Acceso libre, Grupo C1, 09-11-2010

 

Bases de la convocatoria

 

BASES PARA A CONVOCATORIA DE CONCURSO –
OPOSICION PARA A PROVISION DUNHA PRAZA
DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA EN RÉXIME DE
PERSOAL LABORAL FIXO

 

 

PRIMEIRA. —OBXECTO DA CONVOCATORIA

Selección dunha praza de auxiliar de biblioteca

en réxime de persoal laboral fixo dotada coa retribución

contida no orzamento municipal vixente no

actual exercicio, polo procedemento de concursooposición.

O proceso selectivo rexerase, ademais de por

estas bases específicas, polas bases xerais para a

selección de funcionarios e persoal laboral fixo do

Concello de Nigrán aprobadas polo Pleno do 26 de

xaneiro de 1996 e publicadas no BOP nº 67 de 3 de

abril de 1996.

 

SEGUNDA. —CLASIFICACION DA PRAZA

Denominación Auxiliar de Biblioteca. Grupo de

cotización 7.

 

TERCEIRA. —RETRIBUCIÓNS

As retribucións básicas e as complementarias

será a de persoal laboral fixo coa categoría profesional

de auxiliar e o número de horas de traballo

serán: 40 horas semanais.

 

CUARTA. —REQUISITOS XERAIS QUE DEBEN ACREDITAR OS ASPIRANTES

Os aspirantes deberán reunir, na data do remate

do prazo para a presentación de solicitudes, os seguintes

requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, sen prexuízo

do disposto no artigo 57 da Ley 7/2007,

del 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado

Público.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder

da idade máxima de xubilación.

c) Estar en posesión do título esixible ou estar

en condicións de obtelo na data de terminación

do prazo de presentación de instancias.

A citada titulación será o graduado escolar

ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro

deberase ter a credencial que acredite a súa

homologación.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico

ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes

funcións sinaladas para o

posto.

e) Non ter sido separado, mediante expediente

disciplinario, do servizo de ningunha das administracións

públicas ou dos órganos constitucionais

ou estatutarios das Comunidades

Autónomas, nin encontrarse inhabilitado por

resolución xudicial para o exercicio de funcións

públicas.

f) Non estar incurso en ningunha das causas de

incapacidade ou incompatibilidade sinaladas

na lexislación vixente.

g) Os dereitos de exame ascenden á cantidade

de 20 euros e serán aboados na cta. de Caixanova

nª 2080 0052 29 0040007978 e o resguardo

do mesmo adxuntarase a instancia ou

solicitude presentada para tomar parte no

proceso selectivo. Os participantes que acrediten

a súa condición de desempregados,

terán unha bonificación do 75% sobre a tarifa

normal. Dita taxa será reintegrada ós interesados

que sexan excluídos definitivamente

da lista de admitidos.

Todos estes requisitos deberán ser xustificados,

sendo suficiente a aportación de copia compulsada

da documentación correspondente, e achegarse coa

solicitude presentada, ademais dos méritos alegados.

 

QUINTA. —PROCESO DE SELECCIÓN

(Concurso – Oposición)

 

5.1. —FASE DE CONCURSO

Baremo de méritos alegados: os aspirantes deberán

presentar copia compulsada da documentación

acreditativa dos méritos alegados, valorándose segundo

se establece no seguinte baremo:

A) Formación profesional. — Só se valorarán os

cursos/xornadas de formación que versen sobre

materias directamente relacionadas coas funcións

propias do posto convocado, sempre que os cursos

foran impartidos por unha Administración Pública,

un Centro Oficial de Formación, Sindicatos, Colexios

Profesionais, Asociacións de Empresarios ou

unha institución homologada para impartir formación

profesional continua, e segundo o establecido

no seguinte baremo:

a) Con duración igual ou superior a 60 horas

lectivas: 0,3 puntos.

b) Con duración de 30 a 59 horas lectivas: 0,2

puntos.

c) Con duración de 10 a 29 horas lectivas:0,1

puntos.

Os méritos alegados neste apartado acreditaranse

mediante copia compulsada da realización dos

mesmos.

A puntuación máxima por este apartado non

poderá superar os 2 puntos.

B) Experiencia profesional.— Os servizos prestados

acreditaranse mediante certificado orixinal

do órgano da administración pública competente e

a correspondente vida laboral expedida pola Tesourería

da Seguridade Social. Puntuaranse da seguinte

forma:

Por cada mes completo de servizos prestados na

administración pública en posto da mesma categoría

ou superior:

a) 0,10 puntos / mes completo de servizos prestados

na Administración local.

b) 0,05 puntos / mes completo de servizos prestados

noutras administracións públicas.

A asignación da puntuación por servicios prestados

mediante contrato a tempo parcial na administración

pública, farase de forma proporcional

respecto da puntuación fixada para xornada completa.

A puntuación máxima por experiencia profesional

non poderá superar os 5 puntos.

C) Coñecemento da lingua galega. Só se valorará

o nivel superior acreditado e só se dará validez aos

cursos ou titulacións expedidas ou homologadas

polos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.

A estes efectos estarase, ademáis, ao previsto

na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan

os certificados oficiais acreditativos dos niveis de

coñecemento da lingua galega (CELGA).

— CELGA 1 ou titulación equivalente: 0,20

puntos.

— CELGA 2 ou titulación equivalente: 0,40

puntos.

— CELGA 3 ou titulación equivalente: 0,60

puntos.

— CELGA 4 ou titulación equivalente: 0,80

puntos.

— CELGA 5 ou titulación equivalente: 1 punto.

A puntuación máxima por coñecemento de lingua

galega será de 1 punto.

5.2. —FASE DE OPOSICIÓN

A) Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio,

consistirá en contestar por escrito, no tempo

máximo de 120 minutos a dous temas, elixidos o

chou, dos correspondentes ó programa que figura

no Anexo. Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos

sendo necesarios 5 puntos para superalo.

B) Segundo exercicio: práctico, obrigatorio e eliminatorio

que consistirá na realización dun exercicio

completo de catalogación informatizada, no

programa de xestión de bibliotecas denominado

Proxecto Meiga, de tres libros elexidos polo tribunal.

A duración do exercicio será de 60 minutos.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a quince (15)

puntos sendo necesario para aprobar obter unha

puntuación mínima de oito (8) puntos.

C) Terceiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio,

sobre coñecemento do idioma galego, que consistirá,

a elección do tribunal, na redacción dun informe

ou texto, ou nun ditado ou diálogo en relación

coas funcións do posto durante un máximo de 30

minutos. Neste exercicio valorarase a corrección

gramatical e estilística, así como o emprego dun léxico

adecuado ao tempo exposto.

Este exercicio puntuarase como apto ou non

apto.

Estarán exentos de facer o exercicio todos aqueles

aspirantes que acrediten estar en posesión do

curso de perfeccionamento de Galego, equivalente

ou superior. Obtendo a cualificación de apto.

 

SEXTA. —SOLICITUDES

As persoas que desexen tomar parte nas probas

selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia

dirixida ao Sr. Alcalde. A instancia deberá

de conter, polo menos, os datos persoais do solicitante

coa súa dirección, achegando fotocopia do

DNI así como a documentación acreditativa dos requisitos

e méritos alegados. Os méritos non xustificados

na documentación que se achega á instancia

solicitando tomar parte no concurso- oposición non

serán tidos en conta.

O prazo para a presentación de solicitudes será

de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á

publicación da convocatoria xunto coas presentes

bases no Boletín Oficial da Provincia.

A presentación das solicitudes poderá facerse no

rexistro xeral de documentos do Concello, ou en

calquera das formas establecidas no art. 38.4 da

Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións

Públicas e do Procedemento Administrativo

Común. Os aspirantes que non presenten as solicitudes

directamente no rexistro xeral do Concello

deberán comunicalo por telegrama, fax, ou outro

medio no mesmo día da súa imposición.

 

SETIMA. —ADMISIÓN DE PARTICIPANTES

Rematado o prazo de presentación de solicitudes

a Alcaldía ditará decreto aprobando a lista provisional

de admitidos e excluídos, expresando as causas

de exclusións. Esta resolución publicarase no

taboleiro de anuncios da Casa do Concello. A resolución

establecerá, a efectos de subsanación de defectos

ou omisións, e mesmo de reclamacións, un

prazo de 5 días contados a partir do seguinte ao da

publicación sinalada. Os erros de feito poderán enmendarse

en calquera momento de oficio ou a pedimento

do interesado.

Posteriormente, mediante Decreto da Alcaldía

se aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos,

se procederá á designación dos membros do

tribunal cualificador, e se convocará aos aspirantes

admitidos mediante a publicación do devandito decreto

no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

 

OITAVA. —COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL

O Tribunal Cualificador, de conformidade co establecido

no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril,

do Estatuto Básico do empregado público, estará

formado por:

— Presidente/a: Un funcionario/a designado

pola Alcaldía,con voz e con voto.

— Secretario/a: Un funcionario/a designado

pola Alcaldía,con voz e sen voto.

— Vocais: Catro funcionarios/as designados/as

pola Alcaldía,con voz e con voto.

Por cada membro do Tribunal designarase un

suplente. A pertenza aos órganos de selección será

sempre a titulo individual, non podendo ostentarse

esta en representación ou por conta de nadie. Tódolos

membros do Tribunal Cualificador deberán posuír

titulación ou especialización iguais ou superiores

ás esixidas para o acceso á praza convocada.

O tribunal poderá dispoñer a incorporación de

asesores a prestar colaboración na súas especialidades

técnicas, tendo voz pero non voto.

 

NOVENA. — INCIDENCIAS

O Tribunal deste proceso selectivo queda facultado

para a interpretación das bases da convocatoria,

así como para resolver cantes dúbidas e incidencias

prantexe a súa aplicación, a cuxo efecto

poderá adopta-los acordos necesarios procurando a

boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

UNDÉCIMA. RECURSOS PROCEDENTES

As bases da convocatoria e cantos actos administrativos

deriven das mesmas e das actuacións do

Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados

ante o órgano da xurisdicción contencioso- administrativa

competente, conforme á Lei 29/1998, do

13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contenciosa-

Administrativa, no prazo de dous meses, contados

dende a data do día seguinte da última publicación

destas. Asimesmo, poderá presentarse o recurso

potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-

Presidente, no prazo dun mes a contar dende a

mencionada publicación, ou calquera outro recurso

que se considere procedente, conforme ao establecido

na Lei 30/1992, do 26 de novembro, Réxime

Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento

Administrativo Común.

 

A N E X O, Temario

 

1. A Constitución Española de 1978. Estrutura

e principios xerais.

2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura

e principios xerais.

3. Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Régimen

Xurídico das Administracións Públicas e do

Procedemento Administrativo Común: Ámbito

de aplicación e principios xerais. Sometemento

da administración a lei e o dereito.

Acto administrativo: concepto, elemento e

clases.

4. Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico

do Empregado Público: Obxecto e ámbito

de aplicación. Clases de persoal ao servizo

das administracións públicas. Dereitos individuais

dos empregados públicos. Dereitos

retributivos.

5.Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das

Bases do Réxime Local: O municipio: concepto

e elementos. Organización municipal:

tipos de órganos do Concello. As competencias

municipais.

6.Lexislación bibliotecaria. Lei 14/1989 de bibliotecas

de Galicia e o seu desenvolvemento.

7.Tipoloxía das bibliotecas: características e

funcións das bibliotecas. As bibliotecas públicas.

8.As seccións especiais nas bibliotecas: publicacións

periódicas, fonoteca, materiais audiovisuais

e publicacións electrónicas

9.Sección infantil e xuvenil. A animación á

lectura

10.Servizos aos lectores: información, préstamo

e función de referencia

11.Buscas e recuperación da información

12.Proceso Técnico dos fondos bibliográficos.

Rexistro e Selado. Ordenación. Sinatura.

13.A Catalogación. Elaboración e mantemento

de catálogos.

14.A Catalogación informatizada. Catalogación

no programa de xestión “Proxecto Meiga”.

Envio de datos ao catálogo da Rede de Bibliotecas

de Galicia.

15.Principais sistemas de Clasificación Bibliográfica.

A Clasificación Decimal Universal.

Encabezamentos de Materias.

16.Normalización no almacenamento, difusión e

intercambio da información bibliográfica. O

Formato Marc.

17.A Normalización da identificación bibliográfica.

ISBN e ISSN.

18.Novas tecnoloxías aplicadas ás bibliotecas.

Internet. O Opac

19.A biblioteca pública municipal de Nigrán.

20.O Concello de Nigrán: propostas de desenvolvemento

socio - cultural.