Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de A Coruña

Auxiliar de Biblioteca, Ayuntamiento de A Coruña

1 Plaza, Concurso-Oposición, Grupo C2, 20-07-2010

 


BOP A Coruña nº 123 de 01-07-2010

 

Administración Local Municipal A Coruña Servizo de Persoal

Publicación bases 1 praza auxiliar biblioteca, C.E. 24/08, proceso de consolidación, aprobadas polo tenente de alcalde delegado de persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, de data 3 de xuño de 2010

CONVOCATORIA ESPECÍFICA 24/08 DERIVADA DA EXECUCIÓN DO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2008

1 PRAZA DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

(FUNCIONARIO DE CARREIRA)

As presentes bases específicas constitúen o desenvolvemento do Proceso de Consolidación, de conformidade co establecido na Disposición Transitoria 4ª da Lei 7/2007 recollido na Oferta de Emprego deste Concello para o ano 2008 ( BOP 12 de decembro de 2008), e réxese pola Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral convocadas polo Concello da Coruña no ano 2009 (BOP 9 de xuño de 2009), en aplicación do disposto na base primeira desta, e polas seguintes normas específicas:

Clasificación da praza. Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, Labores Especiais.

2. - Dotación económica. As retribucións correspondentes ao subgrupo de clasificación profesional C2 e demais retribucións complementarias segundo acordos adoptados pola Corporación ao respecto , e concretados na relación presupostaria.

3. - Requisitos esixidos: Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, o cumprimento dos cales deberá acreditarse dentro do correspondente prazo de presentación de instancias.

a. Estar en posesión do Titulo de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente de conformidade co establecido na normativa vixente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

b. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.

c. Ter cumprimentos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.

e. Non haber sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionariado, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separada/o ou inhabilitada/o. No caso de ser unha persoa nacional doutro Estado, non acharse inhabilitada/o ou en situación equivalente nin haber sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

5. - Sistema de selección: Concurso-oposición.

6. - Dereitos de exame: Segundo o establecido na Ordenanza Fiscal nº1 vixente no momento da convocatoria das presentes bases, esixiranse os dereitos de exame correspondentes a cada grupo ou subgrupo. Estarán exentas do pagamento da taxa, logo de xustificación de circunstancias de que se trate,

a. As persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100. Deberá achegarse coa instancia documento acreditativo deste extremo.

b. Logo de xustificación, as persoas que figurasen como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, de seis meses anteriores á data de convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación. Para iso deberá presentarse o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.

7. - Presentación de instancias: As instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumpridas durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

A instancia deberá acompañarse necesariamente de:

- Fotocopia do D.N.I.

- Carta de Pagamento acreditativa de aboar o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu abono, de acordo coa Ordenanza Fiscal reguladora vixente no prazo de presentación de solicitudes. Os dereitos de exame só serán devoltos aos que non fosen admitidas/os ás probas selectivas por non reunir os requisitos esixidos.

- No seu caso, a acreditación de estar en posesión da titulación que exime de efectuar o exercicio de galego: título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA III ou equivalente

- Fotocopia compulsada do título esixido para ser admitido no presente proceso selectivo de conformidade coa normativa legal vixente.

- Relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo a orde establecida no Anexo I. Á devandita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos méritos, orixinais ou fotocopias compulsadas.

Todos os documentos anteriormente salientados deberán presentarse debidamente compulsados.

8. - Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación: O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das seguintes fases:

FASE DE CONCURSO

Será previa á de Oposición, non eliminatoria e non poderá terse en conta para superar a fase de oposición.

Para a devandita fase os aspirantes presentarán (conxuntamente coa solicitude para tomar parte no proceso selectivo e a carta de pagamento acreditativa de aboar o importe dos dereitos de exame), unha relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo a orde establecida no Anexo I.

Á devandita relación acompañaranse os seus documentos xustificativos, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, o día de finalización do prazo de presentación de instancias.

FASE DE OPOSICIÓN

A oposición constará de dous exercicios eliminatorios, de modo que non poderán pasar ao seguinte os que non tiveran alcanzado a cualificación mínima establecida.

Primeiro exercicio. - Consistirá na realización de dúas probas:

a) Consistirá en contestar, nun tempo máximo de setenta e cinco minutos, un cuestionario de 50 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas, determinadas polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, relacionadas co contido do programa especificado no Anexo II desta convocatoria.

b) De carácter práctico, a elixir de entre tres supostos que formulará o Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos ás funcións a desempeñar nos postos de traballo relacionados coa praza convocada.

A cualificación destas probas será conxunta, cunha puntuación máxima de 50 puntos, cualificándose a proba a) cun máximo de vinte puntos e a proba b) cun máximo de trinta puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de vinte e cinco puntos para superar este exercicio, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan.

O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Segundo exercicio. - Coñecemento de galego. Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo Tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio será cualificado unicamente de apto ou non apto.

Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA III ou equivalente estarán exentos da realización do presente exame.

Os documentos acreditativos dos extremos sinalados no parágrafo anterior deberán ser presentados coa instancia.

Cualificación final. - As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no Taboleiro de Anuncios deste Concello e na paxína web do Concello da Coruña.

Previamente á fase de oposición, o tribunal procederá á baremación da fase de concurso e publicará na paxína web municipal a puntuación obtida por cada aspirante. Os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da puntuación.

Á vista das reclamacións que se presenten e, no caso de ser estimadas, realizaranse as oportunas correccións na puntuación e publicarase definitivamente na paxína web municipal. Contra esta resolución, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no art. 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

A orde de prelación dos aspirantes que superen o proceso selectivo realizarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nas fases de concurso e de oposición, non podendo superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas. Non obstante o anterior, sempre que o tribunal propuxese o nomeamento de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura destas, cando se produzan renuncias das/os aspirantes seleccionadas/os, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarias/os de carreira. Para os efectos previstos neste punto terán a mesma consideración que as renuncias os supostos referidos aos aspirantes que dentro do prazo fixado non presenten a documentación requirida ou que do seu exame se deduza que carecen dos requisitos establecidos no punto 3 da presente convocatoria.

O tribunal poderá declarar desertas aquelas prazas obxecto da presente convocatoria que non resulten cubertas á súa finalización por non superar o proceso selectivo o número suficiente de aspirantes.

En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade:

1º A nota máis alta na segunda proba do primeiro exercicio da fase de oposición

2º A nota máis alta na primeira proba do primeiro exercicio da fase de oposición

ANEXO I.- Táboa de méritos e baremo

 

 

1. - Servizos prestados no Concello da Coruña en prazas da mesma categoría, no mesmo grupo e de natureza similar á praza convocada, a razón de 0,20 puntos por mes.

2. - Por Servizos prestados noutras Administracións Públicas en prazas da mesma categoría e no mesmo grupo: 0,05 puntos por mes.

O total de puntos obtidos na fase de concurso non superará en ningún caso a suma de 20 puntos.

ANEXO II, Temario

 

 

PARTE XERAL

 

 

TEMA 1.- A Constitución Española do 27 de Decembro de 1.978. Estrutura e contido. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

TEMA 2.- A organización territorial do Estado. Diferentes niveis de Administración: estatal, autonómica e local. Especial referencia ao Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido.

TEMA 3.- O Municipio. Elementos. Organización municipal. O Alcalde. O Pleno. As Comisións informativas. A Xunta de Goberno Local de goberno.

TEMA 4.- A Lei de Procedemento Administrativo. Fases do procedemento administrativo.

TEMA 5.- A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. O persoal laboral. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

 

PARTE ESPECIAL

 

 

TEMA 6.- Bibliotecas públicas. Concepto e finalidade. Os servizos das bibliotecas públicas. O manifesto da Unesco para a biblioteca pública

TEMA 7.- Importancia das bibliotecas públicas na educación, na cultura e no desenvolvemento da comunidade. Aprendizaxe permanente, inclusión e cohesión social, participación cidadá

TEMA 8.- As coleccións das bibliotecas públicas. Os novos soportes de información

TEMA 9.- Diferentes formas de organización dos fondos nas bibliotecas públicas.

TEMA 10.- As bibliotecas públicas e as novas tecnoloxías. A web da biblioteca. A web 2.0

TEMA 11.- A biblioteca pública e a lectura. Animación e promoción da lectura. A biblioteca pública e a formación de usuarios.

TEMA 12.- Recursos e servizos para a infancia e a xuventude nas bibliotecas públicas.

TEMA 13.- Recursos e servizos bibliotecarios para persoas con necesidades específicas. As seccións de lectura doada. A Biblioteca pública e os inmigrantes e minorías. Recursos, servizos e actividades.

TEMA 14.- A atención aos usuarios na biblioteca pública. Actividades e instrumentos de recibimento e acollida, orientación e información xeral sobre a biblioteca e os seus servizos. Queixas, suxestións, reclamacións, etc... Presencial, telefónica, virtual.

TEMA 15.- As bibliotecas públicas galegas. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: que é, recursos da rede. O sistema municipal de bibliotecas da Coruña. Estrutura, misión e visión.

TEMA 16.- Os servizos das Bibliotecas Municipais da Coruña. Destinatarios, funcionamento e normas de acceso e uso.

TEMA 17.- As actividades e programas das Bibliotecas Municipais da Coruña.

TEMA 18.- Avaliación nas bibliotecas públicas: recollida de datos e finalidade destes.

TEMA 19.- Programa de xestión bibliotecaria nas Bibliotecas Municipais da Coruña: módulo de acceso ao catálogo para usuarios.

TEMA 20.- A cooperación das bibliotecas públicas con outras entidades e colectivos: centros de ensino, ONGs, centros culturais, centros de saúde, centros cívicos,...Uso compartido dos recursos.

 

A Coruña, 03 de xuño de 2010

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, P.D.

O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE PERSOAL,

Fdo. José Federico Nogueira Fernández

 

archivado en: concurso oposición, Grupo C2