Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar de Archivo y Biblioteca, Ayuntamiento de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Auxiliar de Archivo y Biblioteca, Ayuntamiento de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

1 Plaza, Concurso Oposición, Acceso libre (Consolidación), Grupo C2, 03-03-2014


Apertura de plazo

 

Bases generales de la convocatoria

“BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL.

Normas Xerais

As presentes bases regulan os aspectos comúns ao sistema de selección de persoal laboral fixo que se convoquen no Concello das Pontes, en execución do sistema especial de consolidación de emprego temporal aprobado polo pleno do concello con ocasión da aprobación dos orzamentos do exercicio 2010.

O sistema selectivo será o de concurso oposición. Os exercicios e programas indicaranse nas bases específicas que rexa a convocatoria. A fase de concurso será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. Todos os exercicios da fase de oposición serán eliminatorios.

Convocatoria e Bases da Convocatoria

Publicación íntegra da convocatoria no BOP e extracto no DOG e no BOE.

Anuncio da Convocatoria

Denominación escala, subescala e clase.

Convoca: Concello de As Pontes Proceso de Consolidación

Indicación das que se reservan para minusvalía: un cupo non inferior ao 5% das prazas convocadas.

Requisitos dos/das aspirantes

4.1 Para ser admitidos/as no proceso selectivo, os/as aspirantes terán que reunir no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

4.1.1. Nacionalidade. Cúmprese este requisito nos seguintes casos:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional doutros estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

4.1.2.Idade. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.

4.1.3.Títulación. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, do título que se esixa nas bases específicas da convocatoria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación.

4.1.4. Posuir a titulación suficiente para desenvolver os postos da categoría e, no seu caso, especialidade á que se se pretenda acceder, ou a experiencia profesional sustitutoria nas categorías en que así se determine e do xeito previsto nas convocatorias específicas. (Isto último so para as agrupacións profesionais, segundo establece o EBEP)

4.1.5.Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

4.1.6.Habilitación: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o exercicio de funcións públicas.

4.1.7. Pagamento taxa dereitos exame. O importe esixido como taxa por dereito de exame será o establecido na ordenanza fiscal en vigor. O pago da taxa facerase mediante ingreso na conta do concello que se determine . De acordo coa mencionada ordenanza fiscal, a non presentación ás probas selectivas non dará lugar á devolución da taxa. Si dará lugar á devolucion da taxa a exclusión do aspirante do proceso selectivo.

4.2.Proba de lingua galega . Será obligatoria, agás naqueles casos en que se acredite dito coñecemento segundo establece a normativa vixente .(CELGA 2, CELGA 3, CELGA 4 ou equivalente, correspondente ao nivel das prazas que se oferten) A cualificación dos exercicios, no seu caso, será de Apto ou non apto.-

4.3.Nas bases específicas que rexan cada convocatoria poderán esixirse outros requisitos específicos.

SOLICITUDES

5.1. As persoas interesadas en tomar parte no proceso selectivo terán que facelo constar en instancia segundo modelo que se incluirá como anexo ás bases específicas correspondentes e que será facilitada nas dependencias municipais

5.2. Para poder ser admitido/a no proceso selectivo, deberá achegarse á instancia a seguinte documentación:

- Fotocopia do documento nacional de identidade ou acreditación dos requisitos de nacionalidade (base 4.1.1) e idade (base 4.1.2).

- Fotocopia do título ou acreditación do requisito de titulación, ou xustificante de oficio (base 4.1.3)

- Xustificante do aboamento da taxa de exame. (base 4.1.7)

- Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos apartados de que conste o concurso. orixinal ou fotocopia compulsada da documentación acreditativa dos méritos que se posúan, No concurso non se terán en conta os documentos que non queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias.

5.3. O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

5.4. A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro Xeral do Concello de As Pontes ou en calquera das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O horario do Rexistro xeral do Concello de As Pontes é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 09:00 a 13:00 horas os sábados.

5.5. Os/as aspirantes con discapacidade igual ou superior ao 33%, que precisen de adaptacións de tempo ou medios de realización dos exercicios co fin de garantir a igualdade de oportunidades co resto de participantes, deberán facelo constar na solicitude, achegando certificación acreditativa de tal condición.

ADMISIÓN DE ASPIRANTES

6.1.Lista provisional. Unha vez que remate o prazo de presentación de

instancias, o alcalde ditará no prazo máximo de 15 días, resolución na que se declarará aprobada a lista provisional dos/das aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, de ser o caso. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

6.2.Prazo reclamacións. Os/as aspirantes non admitidos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos no Boletín Oficial da Provincia, co fin de emendar o defecto que motivará a súa non admisión

6.3. Lista definitiva. Unha vez que remate o prazo de reclamacións, o alcalde ditará resolución na que se aprobará a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos. Na mesma resolución establecerase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello.

TRIBUNAIS

7.1. O tribunal será colexiado e deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade. A súa composición será predominantemente técnica e os seus membros deberán posuír un nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ás prazas convocadas. Os membros dos tribunais terán a condición de funcionario/a ou persoal laboral fixo de calquera Administración Pública.

7.2. O tribunal estará composto por un/unha presidente/a, tres vogais e un/unha secretario/a, cos seus respectivos suplentes. A composición nominal do tribunal establecerase nas bases específicas que se aproben para cada convocatoria. Establecerase obligatoriamente a paridade entre muller e home

3.3. Poderase dispoñerse a incorporación de asesores especialistas para as probas que se estime pertinentes, limitándose estes asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de asesores especialistas figurará, no seu caso, nas bases específicas que se aproben para cada convocatoria.

3.4. Abstención e recusación: Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte destes cando concorran as circunstancias previstas na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificaciòn da Lei 30/1992, do 26 de ovembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común, circunstancia que se lle notificará á autoridade convocante. Tamén deberán absterse cando realizasen tarefas de preparación a probas selectivas os cinco anos anteriores á publicación das respectivas convocatorias.

Os/as aspirantes poderán recusar ós membros dos Tribunais nos termos previstos na mencionada Lei.

DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO

8.1.O sistema a seguir será o de Concurso oposición. A cualificación da fase de concurso, (bases específicas) publicarase no taboleiro de anuncios ,cunha antelación mínima de corenta e oito horas á celebración do primeiro exercicio da oposición.

8.2. O lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio (bases específicas) establecerase na resolución na que se aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

8.3. O tribunal adaptará, nos casos que proceda, o tempo e os medios de realización dos exercicios dos aspirantes con discapacidade que o solicitaran, de forma que se garanta a igualdade de oportunidades co resto de participantes, conforme ao establecido no Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

8.4. Nas probas selectivas garantirase a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá.

8.5 Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, salvo naqueles casos de forza maior debidamente xustificados, enfermidade, accidente e unha causa debidamente xustificada, en cuio caso a proba se realizará no momento que a causa que provoca a non comparecencia desapareza salvo nos supostos alegados e xustificados con anterioridade á celebración do exercicio e nos casos de forza maior acaecidos o mesmo día da celebración, debendo o Tribunal adoptar Resolución motivada a tal efecto.

8.6. Os/as aspirantes deberán concorrer ás probas cun documento oficial que permita a súa identificación. O tribunal poderá requirírllelo en calquera momento para que acrediten a súa personalidade.

7.7. Cando os exercicios non poidan ser realizados de forma conxunta, a actuación dos aspirantes efectuarase por orde alfabética do primeiro apelido, dando comezo pola letra que resulte do sorteo anual que no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma se efectua para a administración pública. Segundo resolución publicada bo DOG de 1.02.2010, corresponde o inicio pola letra “M”.

7.8. A cualificación dos/das aspirantes aprobados publicarase no local onde se celebrara o exercicio e no taboleiro de anuncios

CUALIFICACIÓN. RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO

9.1. Os exercicios cualificaranse segundo se indique nas correspondentes bases específicas.

9.2. A cualificación definitiva do proceso selectivo para cada aspirante será a que resulte de sumar as cualificacións de todas as fases de que conste.

9.3. O tribunal fará públicas no lugar de celebración, no taboleiro de anuncios , a relación de aspirantes que superaran o proceso selectivo, por orde de puntuación acadada.

En caso de empate, a orde establecerase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

1.- A puntuación obtida na fase de concurso

2.- A puntuación obtida na fase de oposición

3.- Orde alfabética de apelidos.

4.4. O tribunal non poderá declarar como superadas as probas selectivas a un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.

4.5. O tribunal enviará ao alcalde proposta de resolución coa relación dos aspirantes que superaran o proceso selectivo, por orde de puntuación acadada. Esta proposta será elevada a definitiva por resolución da Alcaldía, que será publicada no Boletín Oficial da Provincia.”

Bases específicas de la convocatoria

BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA PARA O ACCESO EN PROPIEDADE Á PRAZA DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA, OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL (OIX) E ARQUIVO, DO CADRO DE PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2010

Convocatoria e bases específicas para o acceso a unha praza de Auxiliar de Biblioteca, oficina de información xuvenil (OIX) e arquivo en consolidación de emprego. Quenda libre.

CONVOCATORIA

Convócanse probas selectivas para cubrir polo sistema de concurso-oposición, unha praza de auxiliar de biblioteca, OIX e arquivo.

A praza obxecto desta convocatoria aparece incluída na oferta de emprego público para o ano 2010, de acordo co seguinte detalle:

- Grupo de Titulación: Graduado Escolar, FP1 ou equivalente.

- Denominación: Auxiliar de biblioteca, OIX e arquivo.

- Número de prazas: Unha (1)

A presente convocatoria efectúase de acordo co disposto na disposición transitoria cuarta, consolidación de emprego temporal, da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, e rexerase polas bases xerais para a selección de persoal laboral fixo aprobadas por Decreto da Alcaldía e polas seguintes bases específicas da convocatoria:

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA

NORMAS XERAIS

. Relación Servizo: Persoal laboral fixo

. Denominación: Auxiliar de biblioteca, oficina de información xuvenil (OIX) e arquivo.

. Grupo Titulación: Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), FP1 ou equivalente.

. Número de prazas: Unha (1)

. Xornada laboral: 100%

. Código do posto/praza:

REQUISITOS DOS/DAS CANDIDATOS/AS

Para ser admitido/a no proceso selectivo, os/as aspirantes terán que reunir o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ademáis dos requisitos establecidos nas bases xerais que rexen o proceso especial de consolidación, os seguintes requisitos:

2.1 Titulación. A titulación esixible será a seguinte:

. Graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar, FP1 ou equivalente.

2.2 Pagamento taxa dereitos examen. Importe a pagar: 22,88 €

TRIBUNAL

O Tribunal estará composto polas seguintes persoas:

Presidente/a: Titular: Ana M. Barba Pazos

Suplente: Susana Bellas Bermúdez

Secretaria/o: Titular: J. Gerardo Pais Antiqueira

Suplente: J. Manuel Cabarcos Anca

1º Vogal: Titular: José Sanjurjo Paz

Suplente: M. Flora Vázquez Alonso

2º Vogal: Titular: Ana Isabel Alonso López

Suplente: Carlos Rego Piñeiro

3º Vogal: Titular:Otilia Pena Penabad

Suplente: Montserrat Pardo López

PROCESO SELECTIVO

O proceso selectivo constará das seguintes fases:

4.1 Concurso

4.2 Oposición

4.1 FASE DE CONCURSO

A fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar o exercicio da fase de oposición.

Na fase de concurso valoraranse os seguintes méritos:

Experiencia profesional

.Experiencia no Concello de As Pontes, nun posto de traballo relacionado coa praza obxecto da convocatoria: 0,20 puntos por mes.

.Experiencia no Concello das Pontes en postos de distinta natureza: 0,15 puntos por mes.

.Experiencia noutras administracións públicas, nu posto de traballo relacionado coa praza obxecto da convocatoria: 0,07 puntos por mes

A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 38 puntos.

A acreditación deste méritos realizarase mediante Certificado de servizos prestados, emitidos polas administracións públicas.

Formación

Puntuaranse accións formativas relacionadas co posto obxecto da convocatoria, así como cursos de prevención de riscos laborais no posto obxecto da convocatoria:

. Cursos de duración de ata 35 horas: 1 punto

. Cursos de máis de 35 horas e ata 60 horas: 1,5 puntos

. Cursos de máis de 60 horas e ata 120 horas: 2 puntos

Aos cursos nos que non se acredite o número de horas asignaraselles a puntuación mínima.

A puntuación máxima a acadar neste apartado sera de 2 puntos

4.2 FASE DE OPOSICIÓN

Primeiro exercicio

Consistirá no desenvolvemento dun cuestionario tipo test, que determinará o tribunal, que constará de 30 preguntas con 3 respostas alternativas, das que existirá unha correcta, segundo temario que aparece como anexo I ás presentes bases, durante un tempo non inferior a 50 minutos. Non se puntuarán negativamente as respostas incorrectas.

Este exercicio será eliminatorio. Cada pregunta acertada puntuaráse con 2 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de 30 puntos.

Segundo exercicio. Galego

Consistirá na realización oral de tradución de dous textos, que determinará o tribunal, un de galego a castelán e viceversa.

O tempo máximo para a realización de exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio cualificarase de APTO ou NON APTO. É necesario para superalo obter o resultado de APTO.

Estarán exentos de realización deste exercicio, aqueles aspirantes que aporten, xunto coa solicitude, documento xustificativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.

CUALIFICACIÓN

5.1 CUALIFICACIÓN DA FASE DE CONCURSO

Os/as aspirantes alegarán os méritos aos que se refire a base 4, na instancia ou no modelo normalizado establecido ao efecto polo Concello de As Pontes. Xunto á instancia achegaranse os documentos acreditativos de ditos méritos, debidamente compulsados.

Os méritos relativos á experiencia profesional no Concello das Pontes ou en outras administracións deberán presentarse mediante certificado.

Os cursos acreditaranse mediante a presentación do correspondente diploma ou título.

Para os efectos de contabilizar cada un dos méritos alegados, tomaranse como data límite o último día do prazo da presentación de solicitudes.

En ningún caso se valorarán méritos non alegados na isntancia ou non acreditados documentalmente en prazo.

Os/as aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da cualificación da fase de concurso para facer as oportunas alegacións.

A puntuación máxima da fase de concurso será de 40 puntos.

5.2 CUALIFICACIÓN DA FASE DE OPOSICIÓN

O primeiro exercicio será eliminatorio e cualificado ata un máximode 60 puntos, sendo eliminados/as aqueles aspirantes que non acaden un mínimo de 30 puntos.

O segundo exercicio será eliminatorio e cualificado do xeito especificado na base 4.2

5.3 SISTEMA DE DETERMINACIÓN DOS/AS APROBADOS/AS

Os puntos obtidos na fase de concurso sumaranse á puntuación da fase de oposición. Estes puntos non poderán ser aplicados para superar os exercicios da fase de oposición.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior aos das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

ANEXO 1 - TEMARIO

1.- O municipio de As Pontes. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación. Localización dos lugares do Concello das Pontes.

2.- Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

3. A administración local na Constitución: entidades que comprende e regulación actual. Administración local de Galicia: a Lei 5/97, do 22 de xullo. Aspectos fundamentais.

4. A Lei 7/2007 do 12 de abril do estatuto básico do empregado público.

5. Políticas de Igualdade. Médidas de Conciliación da vida familiar e laboral.

6. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

7. Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia.

8. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

9. A organización municipal. Órganos de goberno municipais. O alcalde. Os concelleiros. O Pleno. A xunta de goberno local. Órganos complementarios.

10. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións. Convocatorias e orde do día. Adopción de acordos. Actas e certificacións de acordos.

11. Procedemento administrativo local: Concepto. Principios que o inspiran. Actuacións que comprende.

12. Situacións administrativas do persoal ao servizo da Administración Local. Incompatibilidades.

13. O persoal laboral ao servizo das entidades locais: precedentes lexislativos. Situación actual. Réxime xurídico: persoal laboral. Persoal eventual.

14. Ordenanzas e regulamentos municipais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

15. Atención ao público: Acollida e información.

16. Os servizos de información administrativa. Dereitos dos cidadáns á información. O acceso aos arquivos e rexistros. Os servizos de información e de reclamacións administrativas.

17. A lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de patrimonio documental e arquivos. A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. O Decreto 307/1989, do 23 de novembro. Outras normas en materia de arquivos.

18. Os arquivos na administración local: arquivos de deputacións e arquivos municipais.

19. A Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

20. A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia. A Rede Galega de Información Xuvenil”

A través de Decreto da Alcaldía nº 2560/2013, do 13 de decembro, foron aprobadas as bases específicas e efectuouse a convocatoria que se indica a continuación:

“DECRETO

Dada conta do expediente que se segue para a aprobación das Bases específicas de prazas incluídas na Oferta Pública de Emprego do concello para 2010 e tendo en conta a aprobación de dita oferta pola Xunta de goberno local de data 21 de outubro de 2010 e publicada no DOG do 14 de decembro de 2010 e a aprobación das Bases Xerais mediante Decreto número 535/2011 de data 16 de marzo de 2011, publicadas no BOP nº 58, de 25 de marzo de 2011 e no número 66 de 6 de abril do mesmo ano.

Vistos os informes que obran no expediente.

Considerando as facultades conferidas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RDL 781/86, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais, aprobado por Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, Lei 30/1998, de Medidas para a Reforma da Función Pública, artigo 61 e disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, o Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local e o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e da provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, con carácter supletorio, así como demais lexislación de aplicación.

Polo presente decreto, RESOLVO:

1º) A aprobación das seguintes Bases específicas para o acceso en propiedade a prazas de persoal laboral do concello das Pontes de G. Rodríguez en quenda de consolidación de emprego temporal.

2º) A publicación das mesmas nos diarios oficiais que correspondan.