Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Auxiliar Administrativo y Archivero Bibliotecario, Ayuntamiento de Mos (Pontevedra)

Auxiliar Administrativo y Archivero Bibliotecario, Ayuntamiento de Mos (Pontevedra)

1 Plaza, Concurso-Oposicion, Acceso libre, Grupo C, 21-06-2010

 

 

PERSOAL. SELECCIÓN

Expediente: PROCESOS DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO, CONCELLO DE MOS

Trámite: ANEXO ESPECÍFICO: FUNCIONARIO DE CARREIRA AUXILIAR ADMINISTRATIVO ARQUIVEIRO-BIBLIOTECARIO

 

OBXECTO DA CONVOCATORIA

 

É obxecto da presente convocatoria e bases a

provisión, funcionario de carreira, dunha praza auxiliar

administrativo de administración xeral (arquiveiro-

bibliotecario), polo procedemento concurso-

oposición con aplicación da disposición transitoria

cuarta da Lei 7/2007, de 12 de abril, do

Estatuto Básico do Empregado Público.

— Conceptualización da praza.

— Nº de vacantes: 1.

— Escala: Administración Xeral.

— Subescala: auxiliar

— Denominación: auxiliar administrativo. (arquiveiro-

bibliotecario)

— Grupo: C2

— Retribucións: As establecidas na Relación de

Postos de traballo do Concello para os postos

reservados a estas prazas.

 

REQUISITOS ESPECÍFICOS

 

Ademais dos que figuran nas Bases Xerais que

regulan esta convocatoria, os/as aspirantes deberán

estar en posesión ou condición de obter o título de

graduado escolar. Formación profesional de primeiro

grado ou equivalente. ( titulacións novas:

graduado en educación secundaria)

1) FASE DE CONCURSO

A.—A fase de concurso será puntuada cun máximo

de 10 puntos e para elo avaliaranse os méritos

aportados polos/as aspirantes de acordo co seguinte

baremo:

Experiencia profesional, ata un máximo de 9 puntos

a) Por servizos prestados no Concello de Mos

como auxiliar administrativo arquiveiro-bibliotecario

como funcionario ou contratado

laboral no Concello de Mos, 1,15 punto por

cada ano ou fracción superior a 6 meses de

traballo desenvolvido.

b) Por servizos prestados en calquera Administración

Pública como auxiliar administrativo

arquiveiro-bibliotecario como funcionario ou

contratado laboral, 0,25 puntos por cada ano

ou fracción superior a 6 meses de traballo

desenvolvido.

Cursos de formación, perfeccionamento ou aproveitamento,

ata un máximo de 0,50 puntos:

Por cursos impartidos polas administracións públicas,

universidades, INEM, formación continua

do AFCA (Acordo de formación continua para as

administracións públicas ou formación ocupacional)

relacionadas coas funcións propias da categoría

segundo o baremo seguinte:

- Cursos de 10 horas a 19 horas: 0,05 puntos.

- Cursos de 20 horas a 39 horas: 0,10 puntos.

- Cursos de 40 horas a 59 horas: 0,20 puntos.

- Cursos de 60 horas a 99 horas: 0,30 puntos.

- Cursos de 100 horas a 149 horas: 0,40 puntos.

- Cursos de máis de 150 horas: 0,50 puntos.

Por Coñecemento da lingua galega, ata un máximo

de 0,50 puntos:

a) Pola realización do curso de perfeccionamento

da lingua galega,ou Certificado de lingua

galega 4 (Celga 4), homologados pola Secretaría

Xeral de Política Lingüística, ou presentación

da validación dos mesmos:

0,25puntos.

b) Linguaxe administrativa media: 0,50 puntos.

Só se valorará a puntuación máis alta, non

sendo acumulables as dúas.

2) FASE DE OPOSICIÓN

a) A fase de oposición, consistira en resolver

cuestións de orde teorico-practico relacionadas

coas funcións propias da praza convocada,

referíndose ao temario anexo. Desenvolverase

durante un tempo máximo de unha

hora e trinta minutos.

No exercicio practico o tribunal valorara a

fundamentacion e adecuación da solución

apuntada, ou volume e calidade dos coñecementos,

a claridade expositiva, a redacción e

a corrección sintáctica e ortográfica. Calificarase

de 0 a 20 puntos, sendo necesario para

superalo 100 puntos

b) Coñecemento da lingua galega.

A proba de coñecemento da lingua galega estará

dirixida á comprobación, por parte do

tribunal, de que as/os aspirantes comprenden,

falan e escriben correctamente o galego,

someténdoos ás probas que consideren máis

adecuadas para tal comprobación. Esta

proba cualificarase como apto ou non apto.

Sen embargo as persoas aspirantes que acrediten

o coñecemento da lingua galega, con

carácter previo e da maneira Normativamente

establecida (CELGA 3), daráselles por superada

esta proba coa cualificación de apto

 

TEMARIO

1. A Constitución española. Estrutura e carácteres.
O seu título preliminar. Os principios constitucionais:
o Estado social e democrático de
Dereito. Os valores superiores na Constitución
española. Liberdade, igualdade, solidariedade e
pluralismo político. Os dereitos e deberes fundamentais,
as liberdades públicas e os principios
reitores da política social e económica na
Constitución Española.A coroa. O poder lexislativo.
A elaboración das leis. Os tratados internacionais.
2. A distribución territorial do poder na Constitución
Española. Características do Estado autonómico.
As formas de acceso á autonomía na
Constitución española.O Estatuto de Autonomía
de Galiza.
3. O acto administrativo: concepto, elementos, eficacia,
invalidez e clases. Requisitos: a motivación
e forma.
4. A invalidez do acto administrativo: Supostos de
nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O
principio de conservación do acto administrativo.
A revisión de actos e disposicións pola propia
Administración: supostos.
5. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos
e normas reguladoras dos distintos
procedementos. Dereitos dos administrados.
A iniciación do procedemento: clases, emenda e
mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes,
escritos e comunicacións, os rexistros administrativos.
Termos e prazos: cómputo, ampliación
e tramitación de urxencia. Ordenación.
Instrución: intervención dos interesados, proba
e informes.
6. Terminación do procedemento. A terminación
convencional. A falta de resolución expresa: o
réxime do silencio administrativo. O desistimento
e a renuncia. A caducidade.
7. Recursos administrativos: principios xerais.
Actos susceptíbeis de recurso administrativo.
Clases de recursos. As reclamacións administrativas
previas ao exercicio de accións civís e laborais.
Procedementos substitutivos dos recursos
administrativos: conciliación, mediación e
arbitraxe.
8. Municipio: concepto e elementos. A poboación e
o territorio locais. Outras Entidades locais. A
organización municipal: o Alcalde, o Pleno, a
Xunta Local de Goberno e as Comisións informativas.
Outros órganos. O Regulamento Orgánico
Municipal.
9. Os bens das entidades locais. Clases de bens.
10. Concepto e misión dos servizos bibliotecarios.
11. A biblioteca pública. As bibliotecas municipais.
Concepto e funcións. Servizos que debe prestar
unha biblioteca pública municipal.
12. O proceso técnico dos fondos na biblioteca pública
ata a súa disposición ó usuario
13. Sistemas de Clasificación de fondos.
14. Servizo ós usuarios: información, préstamo e extensión bibliotecaria. Formación de usuarios
15. O arquivo: concepto,
16. Clases e funciones do arquivo
17. As fases do tratamento arquivístico
18. A organización dos fondos. Clasificación, ordenación e instalación
19. Instrumentos de consulta, control, descrición y difusión
20. El acceso a arquivos e rexistros administrativos.

 

 

Mos, a 6 de abril do 2010.—A Alcaldesa-Presidenta,

Nidia María Arévalo Gómez. 2010005313

Clases de bibliotecas