Cambiar a contenido. | Saltar a navegación

Herramientas Personales

958 57 47 67
Horario de 09:00 h. a 14:00 h.
Usted está aquí: Inicio / Convocatorias / Archivero / Bibliotecario, Diputación Provincial de Pontevedra

Archivero / Bibliotecario, Diputación Provincial de Pontevedra

1 Plaza, Acceso libre, Concurso Oposición, Subgrupo A1, 30-05-2014

 

Apertura de plazo

 

Bases de la convocatoria

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS POLAS QUE SE REGULA A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS EN VARIAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLuCIÓN:

De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, así como a Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, RESOLVO aprobar esta convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes na Deputación de Pontevedra, incluídas en diversas ofertas de emprego público, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:

I) BASES XERAIS

OBXECTO DA CONVOCATORIA

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir prazas vacantes incluídas en varias ofertas de emprego público e reservadas no cadro de persoal desta Deputación a funcionarios de carreira.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS CONVOCADAS

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

— unha praza de arquiveiro bibliotecario, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, por quenda libre

— unha praza de técnico medio de cartoteca, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre

— unha praza de auxiliar de prevención, encadrada na escala de admón. especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais e integrada no grupo C2, por quenda libre

— unha praza de auxiliar de servizos contenciosos, encadrada na escala de admón. especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais e integrada no grupo C2, por quenda libre

SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección determínase nas bases específicas de cada unha delas, fixándose con carácter xeral o concurso-oposición como sistema de acceso.

REQUISITOS DOS ASPIRANTES

1) Con carácter xeral, para seren admitidos na realización das probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, ademais dos que se establezan nas respectivas bases específicas de ingreso:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados

b) Ter feitos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa

c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar na praza o día en que remate o prazo de presentación de instancias

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspira

e) Non estar separado por un expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario do que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos o acceso o emprego público

f) Ingresar na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Novagalicia Banco ES17 2080 5401 57 3110106612 a cantidade fixada como dereitos de exame

g) Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas

2) Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionarios de carreira

SOLICITUDES

1) As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó presidente da institución provincial. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta, achegando unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios, o xustificante do ingreso dos dereitos de exame e, no seu caso, a documentación acreditativa dos méritos alegados para a fase de concurso debidamente compulsados.

Neste sentido, na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias e os alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.

Para seren admitidos nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación. No Rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.

No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

2) O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e o extracto no Diario Oficial de Galicia.

3) A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro xeral do organismo provincial, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.

4) As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.

5) Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.

6) Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio ben a instancia de parte.

7) A documentación acreditativa dos méritos que aleguen posuír para a súa valoración na fase de concurso deberá presentarse, debidamente compulsada, nos termos e condicións que se sinalan na base décimo terceira.

DEREITOS DE EXAME

Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta ES17 2080 5401 57 3110106612 da Deputación en Novagalicia Banco; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.

En función da praza á que opte, as cantidades a aboar en concepto de dereitos de exame relaciónanse a continuación:

Prazas de funcionarios integradas no grupo A1: . . . . . . . . . 35

— Prazas de funcionarios integradas no grupo A2: . . . . . . . . 30 €

— Prazas de funcionarios integradas no grupo C2: . . . . . . . . 20 €

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base V.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

ADMISIÓN DE ASPIRANTES

1) unha vez rematado o prazo dos vinte días naturais fixado para presentar as solicitudes a institución ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos e especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.

2) Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios.

3) Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso- administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4) O feito de figurar como incluídos na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

TRIBUNAL CUALIFICADOR

1) Os membros dos tribunais cualificadores de cada unha das distintas probas selectivas convocadas serán designados polo presidente, segundo o disposto no art. 4, parágrafos e e f do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así coma o artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta a paridade entre homes e mulleres

2) Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes. A pertenza ós órganos de selección será sempre a titulo individual, sen que poida ostentarse en representación nin por conta de ninguén.

3) A composición dos tribunais axustarase ós principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

4) Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

5) Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

6) A Presidencia, antes de que teña lugar cada unha das probas, e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.

7) Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da citada Lei 30/92.

8) O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente para cada un dos procesos selectivos convocados, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva de cada tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

9) A partir da sesión de constitución cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.

10) Cada tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios que as do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.

11) En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.

12) Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo segundo a contía legalmente establecida.

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS SELECTIVAS

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que van desempeñar os aspirantes aprobados. Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados conforme o baremo descrito na base décimo terceira das bases xerais.

COMEZO DOS EXERCICIOS

1) A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas, serán determinados polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 10 días naturais de antelación.

2) Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.

3) No concurso-oposición o tribunal deberá reunirse antes de que se inicie a fase de oposición co fin de efectuar a valoración e a cualificación dos méritos achegados polos aspirantes.

4) Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS

1) En calquera momento o tribunal poderá requirirlles ós opositores que acrediten a súa identidade.

2) A orde de actuación dos opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea determinaraa o tribunal mediante sorteo en presenza dos aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o exercicio.

3) Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.

4) Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria deberá propoñerlle ó presidente, previa audiencia do interesado, a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.

5) unha vez concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de“non aptos”.

6) A relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal, cando se trate do mesmo exercicio, e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.

7) Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia que a dos membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os opositores, excepto na lectura por parte dos opositores dos exercicios escritos, que será pública.

8) Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días hábiles.

9) Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que o nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei 30/92, modificado pola Lei 4/99.

CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

1) Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias da praza convocada. Todas as preguntas terán o mesmo valor e penalizaranse as mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta ou a súa parte proporcional 2/0,66 e 1/0,33.

Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen o persoal asinante ou sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así coma os que resulten ilexibles.

2) O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos. Quedan exentos desta proba os aspirantes ás prazas dos grupos C2 que acrediten posuír o Celga 2 ou os dos grupos A1 e A2 que acrediten o Celga 4. En calquera dos casos outorgaráselle a cualificación máxima (2 puntos).

3) A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.

4) Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO

1) Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse de xeito fidedigno con documentos orixinais ou cunha copia autenticada acreditativa destes.

A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 40% da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposición, e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se computarán cando éstes se valoren.

2) Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada praza, segundo o seguinte:

BAREMO

a) Experiencia profesional:

— Por servizos prestados na Administración pública en prazas de igual ou similar contido profesional á convocada, 0'50 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de cinco (5) puntos

— Por servizos prestados na Administración pública en prazas distintas á convocada, 0'20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de dous (2) puntos

A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación, expedida pola Administración pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados

Para tal efecto non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo nin a vida laboral expedida pola Tesourería xeral da Seguridade Social

b) Méritos académicos:

— Por ter o título de doutor 1 punto

— Por tese de licenciatura ou exame de grao 0'20 puntos

— Por posuír outros títulos académicos distintos ó esixido para o ingreso, de nivel igual ou superior, ata un máximo de dous (2) puntos:

1) Título de licenciado universitario: 1 punto 2) Título de diplomado universitario: 0'75 puntos 3) Titulo de bacharelato superior, fP-2 ou equivalente: 0'50 puntos 4) Titulo de graduado escolar, fP-1 ou equivalente: 0'25 puntos

— Por ter títulos de máster ou cursos de especialización de duración superior a 150 horas, relacionados co contido da praza obxecto desta convocatoria, 0,60 puntos por cada un, ata un máximo de dous puntos

— Por gozar de bolsas de colaboración ou práctica laboral en centros oficiais dependentes de calquera Administración Pública, relacionados co contido da praza convocada, 0'20 puntos por ano, ata un máximo de 1 punto

c) Cursos:

Por asistir a cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do estado, da comunidade autónoma ou Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados coa praza á que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de formación Continua), ata un máximo de dous (2) puntos, computándose do seguinte xeito:

1) De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos por curso 2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos por curso 3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos por curso 4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos por curso

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos.

Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.

3) A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios daDeputación.

4) Os interesados poderán formular alegacións ante o tribunal seleccionador no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das puntuacións outorgadas na fase de concurso no taboleiro de anuncios.

5) A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.

CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS

1) Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda ós exercicios obrigatorios non eliminatorios e dos voluntarios realizados e, no seu caso, a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.

2) Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da institución provincial.

3) O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

4) Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ó formularlle á Presidencia a proposta coa relación de aprobados, na que só se incluirán aqueles opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de prazas convocadas en cada proceso selectivo.

5) No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir, resolverase por sorteo.

ACHEGA DE DOCUMENTOS POR PARTE DOS OPOSITORES APROBADOS

1) A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios da institución provincial, conterá unha advertencia recordándolles a estes que deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e accederen á praza convocada.

2) Os aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Certificación de nacemento expedida no Rexistro civil correspondente b) fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso

c) Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento

d) Declaración xurada de non estar separado do servizo das administracións públicas nin incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente

e) Número da Seguridade Social

f) Certificado do número de conta bancaria

g) Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada proceso selectivo

3) Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

4) Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado funcionario de carreira, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgúns requisitos.

NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS E TOMA DE POSESIÓN

1) Concluído o proceso selectivo os aspirantes aprobados, cun número que non poderá exceder en ningún caso o das prazas convocadas, serán nomeados funcionarios de carreira polo presidente, unha vez que xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.

2) A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a publicación dos nomeamentos no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa toma de posesión, unha vez que se practique a notificación persoal de nomeamento.

3) A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do nomeamento; de non facelo nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, os nomeados quedarán na situación de cesantes.

4) Como consecuencia dos procesos selectivos que teñen lugar os postos de traballo vacantes adxudicaranse de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados e segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo.

CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES

As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración provincial, os tribunais cualificadores e os aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

INCIDENCIAS

Os tribunais de cada proceso selectivo quedan facultados para interpretar as bases da convocatoria e para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación. Ademais, poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

RÉXIME XURÍDICO

Os procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e, no non previsto nestas, pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, polo Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, co que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia (arts. 32- 43 y 47), polo Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, no que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (arts. 134 -137), polo Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local, polo Decreto 95/1991, de 20 de marzo, co que aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e polo Real decreto 364/95, no que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado.

DISPOSICIÓN FINAL

As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/99, así coma a Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na citada Lei 30/1992.

II) BASES ESPECÍFICAS DE CADA PROCESO SELECTIVO

I. UNHA PRAZA DE ARQUIVEIRO BIBLIOTECARIO, QUENDA LIBRE

NÚMERO DE PRAZAS E CARACTERÍSTICAS

Convócase unha praza de arquiveiro bibliotecario, integrada no grupo A1 da escala da Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, e dotada coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ó posto de traballo ó que se adscriba a praza.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese o sistema de concurso-oposición libre. Na fase de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características da praza, segundo o baremo que se detalla na base décimo terceira.

CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais os aspirantes deberán posuír o título de licenciado/graduado en Historia ou de licenciado/graduado Biblioteconomía e Documentación.

Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 100 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa. O tempo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito catro temas, que serán extraídos ó chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de catro horas. Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo o seu autor ou, no caso de imposibilidade, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

TERCEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido do programa no tempo que marque o tribunal.

CuARTO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ó idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

PROGRAMA DA CONVOCATORIA - TEMARIO

Primeira parte: Biblioteconomía

1. Concepto de biblioteca. Evolución histórica, obxectivos e tipos

2. As bibliotecas nacionais. A Conferencia de Directores de Bibliotecas Nacionais (CDNL)

3.As bibliotecas públicas

4.As bibliotecas universitarias

5.As bibliotecas escolares

6.As bibliotecas especializadas

7. Construción e equipamento de edificios bibliotecarios

8. Xestión de recursos humanos en bibliotecas

9. Selección e adquisición de material bibliográfico

10.Organización dos fondos bibliográficos. A ordenación

11. Estrutura da información bibliográfica. ISBD e Regras de Catalogación Españolas

12. Principais tipos de clasificación bibliográfica. A clasificación decimal universal

13. A identificación bibliográfica. ISBN, ISSN, NIPO e outros números normalizados

14. Preservación e conservación de materiais bibliográficos

15. Os servizos bibliotecarios: información e referencia

16. Os servizos bibliotecarios: acceso ó documento

17. Os servizos bibliotecarios: formación de usuarios, extensión bibliotecaria e extensión cultural

18. A cooperación bibliotecaria

19. As asociación profesionais de bibliotecas e bibliotecarios

Segunda parte: Bibliografía e arquivística

20. A Bibliografía. Teoría e técnica

21. Bibliografías nacionais

22. Bibliografías de bibliografías

23. Bibliografías de manuscritos e incunables

24. Bibliografías especializadas en audio e vídeo

25. Bibliografías de publicacións periódicas

26. Bibliografías de publicacións oficiais

27. Bibliografías comerciais

28. O arquivo. Definición. funcións. Clases

29. O documento de arquivo. Concepto. Características e elementos. Valores e idades dos documentos

30. Tratamento documental: identificación documental. Valoración de series documentais. Selección documental. Organización e instalación

31. Descrición documental. Instrumentos de descrición. Instrumentos de control e de información

32. Aplicación das normas ISO a documentos e arquivos

33. Arquivos municipais

34. Arquivos de deputacións provinciais

35. Arquivos sonoros

36. Hemerotecas. funcións, tipos e servizos

37. Historia das publicacións periódicas: os periódicos 38.Historia das publicacións periódicas: as revistas

Terceira parte: Tecnoloxías da información

39.As novas tecnoloxías da información e a súa aplicación ós servizos bibliotecarios

40.Automatización de bibliotecas. Planificación, etapas e desenvolvemento

41.Os soportes multimedia e a súa aplicación ás bibliotecas

42.Os OPAC (Online Public Access Catalog)

43.Acción cultural municipal e novas tecnoloxías

44.A innovación en proxectos de dixitalización

45.As bibliotecas dixitais. Concepto, tipos e funcións

46.O libro electrónico e as bibliotecas

47. Novas ferramentas de xestión bibliográfica: Koha 3.12

48.Novas ferramentas de xestión arquivística: AtoM 2

49.O código de catalogación RDA

50.Os metadatos. Definición e tipoloxía

51.Linguaxe XML

52.formato MARC. MARCXML

53.Metadata Encoding and Transmission Standards (METS)

54.Preservation Metadata: Implementation Strategies (PREMIS)

55.A biblioteca no novo entorno económico, social e dixital. Informe de prospectiva 2020 do Grupo Estratéxico do Consello de Cooperación Bibliotecaria

Cuarta parte: O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

56.O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Historia. Estrutura

57. A Biblioteca da Deputación de Pontevedra: as monografías

58.A documentación gráfica na biblioteca da Deputación 59.A documentación sonora na biblioteca da Deputación

60.A cartoteca Domingo fontán e a Casa do Mapa

61.Hemeroteca da Deputación de Pontevedra

62.O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

63.O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra: fondo Deputación

64.O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra: fondos especiais públicos 65.O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra: fondos especiais privados

66.O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra: fondos Museo de Pontevedra

67. O cadro de clasificación do arquivo da Deputación

68.A Deputación e o patrimonio documental provincial: arquivos municipais

69.A Deputación e o patrimonio documental provincial: xulgados de paz

70.A Deputación e o patrimonio documental provincial: Entidades Locais Menores e outros arquivos (mancomunidades, irmandades, pazos, etc.

71.A Deputación e as publicacións (I): (1836-1986) 72.A Deputación e as publicacións (II): (1986-)

Quinta parte:

73.A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois

74.A Coroa: carácter, sucesión e proclamación. funcións. O poder lexislativo: as funcións e os órganos. Elementos do órgano lexislativo. As Cortes Xerais

75.O Goberno. Concepto. Composición. Cesamento do Goberno. Responsabilidade. funcións do Goberno. Deberes

76.O Poder Xudicial: concepto xeral. Principios de organización xudicial. Manifestacións da xurisdición. Órganos xurisdicionais. O Consello Xeral do Poder Xudicial

77. Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma

78.A Administración pública no ordenamento español. Concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas

79.Principios de actuación na Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un

80.Sometemento da Administración pública á lei e ó dereito. As fontes do dereito público. O regulamento: concepto, fundamento, clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: o hábito, a práctica administrativa, os principios xerais do dereito, tratados internacionais e xurisprudencia

81.O acto administrativo. Concepto. Clases e elementos.

82.O procedemento administrativo. fases do procedemento administrativo. Suspensión da execución. Audiencia do interesado. Resolución.

83.Os recursos administrativos. Concepto. Clases. Obxecto. fin da vía administrativa. Interposición de recursos

84.O réxime local español. Concepto de Administración local. Evolución. Principios constitucionais. Regulación legal

85.A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias

86.O municipio. Concepto. Elementos esenciais. A organización municipal. Competencias

87. funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións. Acordos. Actas e certificados

88.A función pública local. Concepto de funcionario. Clases. Organización da función pública local. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións

89.Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Dereitos económicos. Réxime disciplinario

90.O orzamento das entidades locais: concepto, contido, anexos, estrutura orzamentaria, formación e aprobación, entrada en vigor, exercicio orzamentario, liquidación e modificacións orzamentarias